Programa ACtúa: obradoiro “A voz na expresión teatral”, con Santiago Fernández e Manuel Lourenzo

Do luns 9 BANNER-ACtuaao xoves 12 de maio
CasaHamlet (Rúa Alfonso VII, 11, baixo)
De 16:00 a 19:00 h., un total de 12 horas.
Prezo: 15 euros.

Finaliza o Programa "ACtúa", de formación teatral para profesionais, organizado pola CasaHamlet, Manicómicos e Teatro do Andamio, en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, co obradoiro "A voz na expresión teatral", por Santiago Fernández e Manuel Lourenzo. Do estudo da voz do actor –un dos eixos da expresión teatral- á súa implicación na personaxe, eixe da acción escénica:
- 1. A voz do actor: Respiración; Relaxación e movemento; O arco vocálico. Orixe dos sons; Os ritmos. Acentos, pausas, minoración, etc.; e Exercicios prácticos: lectura, improvisación.
- 2. A voz da personaxe. Da voz do actor á voz da personaxe; A personaxe. Contexto e características: época-momento, tempo-situación, psicoloxía, episodio-conflito; e Exemplos prácticos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“ACtúa”, programa de formación teatral para profesionais

O Programa BANNER-ACtua"ACtúa", de formación teatral para profesionais, organizado pola CasaHamlet, Manicómicos e Teatro do Andamio, en colaboración coa Concellaría de Cultura e a Deputación da Coruña, ten o seguinte calendario de actividades:
- 19, 20, 21, 26 e 27 de xaneiro: "A arte do actor e o proceso creativo", por Óscar Codesido. O programa centrarase no traballo sobre diferentes elementos imprescindibles para a creación escénica que esencialmente se basean no tempo dramático: tempo, duración, repetición e resposta escénica e o espazo dramático: forma corporal, xesto, ... Relación espacial, arquitectura e topografía escénica.
- Do 7 ao 10 de febreiro: "Da interpretación teatral á interpretación para cámara", por Mariana Carballal. O tránsito dende o teatro ao audiovisual pasa por coñecer e recoñecer as características e técnicas específicas que requiren ambos medios, para poder cruzar a ponte dun ámbito ao outro aproveitando ao máximo as posibilidades que ofrecen. Por iso, partindo das técnicas teatrais en canto á utilización psicofísica destas polo actor ou actriz, descubriremos as similitudes e diferenzas da súa utilización na interpretación ante a cámara.
- Do 21 de febreiro ao 4 de marzo: "Curso de interpretación", por John Strasberg. Traballo sobre unha escena escollida por cada alumno ou grupos de alumnos coas seguintes premisas: Una vez feita a inscrición condicional a organización poñerase en contacto coas persoas interesadas para solicitarlles o seu curriculum e a escena ou escenas que queiran traballar para formar un grupo cohesionado. As persoas que queden fóra do grupo poderán asistir como oíntes; cada alumno/a trae a escena coa que vai traballar, estudada de memoria e analizada; nos casos en que varios alumnos traballen xuntos unha mesma escena, dedicaráselles un tempo maior.
- Do 14 ao 17 de marzo: "O teatro en espazos alternativos", por Alberto Romero. Este obradoiro aborda técnicas aplicadas á creación teatral en espazos pechados ou abertos non convencionais, con público expectante ou improvisado, quieto ou en movemento, traballando de modo diferencial aqueles elementos técnicos que o actor e a actriz manexan no seu quefacer interpretativo: expresión, movemento, enerxía, proxección... en consideración a diversos ámbitos escénicos máis alá do clásico escenario á italiana.
- Do 28 de marzo ao 1 de abril: "Do monólogo ao diálogo", por Olga Magaña. Este curso, dirixido a profesionais do teatro, aborda e afonda diversas técnicas de investigación e expresión co obxectivo de servir de utilidade no traballo de creación de actores e actrices á hora de enfrontarse a un monólogo dende os seus diversos formatos, así como a aplicación, desenvolvemento e concreción das devanditas técnicas en escenas dialogadas. En virtude das características peculiares que configuran o interlocutor escénico (público, personaxe presente, ausente, real ou virtual) abordaranse tratamentos específicos do ritmo, a cadencia, o movemento e o espazo discorrendo do texto á escena, da acción á palabra... do monólogo ao diálogo. Direccionalidade, técnica e a combinación dos diferentes rexistros posibilitaranos transmitir organicamente o discurso interpretativo.
- Do 11 ao 16 de abril: "Obxecto, espazo, acción", por José Luis Raymond. Este curso está destinado a actores, actrices ou artistas plásticos que queiran traballar cos conceptos espaciais contemporáneos, así como cos elementos e materiais que xorden das dramaturxias visuais. con estes obxectivos: coñecer a acción teatral a través do obxecto como desenvolvemento visual, conceptual e estético de situacións que pasan pola abstracción , a narración e o simbolismo, e creación de espazos persoais, onde os apéndices corporais forman parte da prolongación da personalidade artística e visual. Tadeus Kantor, coas súas mochilas e apéndices corpóreos.
- Do 27 de abril ao 1 de maio: "A expresión do clown", por Michele Dallaire. O programa deste curso consiste en desenvolver e fixar a arte da autoescoita e o control do fluxo de enerxía en escena con un mesmo e co público tendo en conta a técnica do Clown. Os temas que se van tratar son: a personaxe a través do corpo: disociacións, silueta, pesos, expresividade, transferencias de enerxía, xeitos de camiñar e comportarse, ritmo, marcas, actitudes físicas, tics; o xogo escénico e as técnicas de actuación: a relación co público, a urxencia, o ritmo, o gag, a sorpresa, a reactivación, a escoita, o espazo; e a construción: a entrada a escena, o pretexto, a reacción, a graduación das emocións, o tempo do público, o risco, as bromas, o fracaso, a saída…
- Do 9 ao 12 de maio: "A voz na expresión teatral", por Santiago Fernández e Manuel Lourenzo. Do estudo da voz do actor á súa implicación na personaxe, eixe da acción escénica: A voz do actor: respiración, relaxación e movemento, o arco vocálico, os ritmos e exercicios prácticos; e A voz da personaxe: da voz do actor á voz da personaxe, a personaxe, contexto e características e exemplos prácticos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Isto é o que nos foi dado”, homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero

Mércores 24
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades das Xornadas "Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación", terá lugar o espectáculo "Isto é o que nos foi dado", homenaxe escénica ao autor, dividido en dúas partes: un recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo, e un concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centos de persoas ateigaron o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe a Manuel María

A Concellaría de Cultura da Coruña e a Fundación Manuel María encheron o pasado martes o Teatro Rosalía de Castro na homenaxe ao poeta da Terra Cha, Versos para sempre cantar. O xornal El Correo Gallego fíxose eco do rotundo éxito da convocatoria, da que lles ofrecemos un pequeno resumo neste vídeo:

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Homenaxe a Manuel María

manuelmaria

Mañá martes 8 de setembro no Teatro Rosalía Castro da Coruña, VERSOS PARA SEMPRE CANTAR: HOMENAXE A MANUEL MARÍA, cun recitado de poemas a cargo de Santiago Fernández e Dores Tembrás e a estrea da obra AVENTURAS DE DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO CHAMADA BERENGUELA, unha peza dramática de Manuel María, musicada por Nani García e interpretada pola actriz María Inés Cuadrado e o cuarteto de clarinetes “Xerión”. Organiza a Concellaría de Cultura e Fundación Manuel María de Estudos Galegos. A función comeza ás 20:30 e a entrada é libre até completar capacidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Poesía e música para pechar o centenario de Curros Enríquez

A Concellaría de Cultura pecha a programación de actividades realizadas no 2008 con motivo do centenario de Manuel Curros Enríquez coa presentación dun avance do audiovisual "Na fronte unha estrela" de X. H. Rivadulla Corcón, documental que aborda a obra poética e xornalística dunha figura referencial para a cultura galega. Ademais, disfrutaremos coa representación poético-musical "Quen puidera convosco voar!", un espectáculo a cargo de CASAHAMLET que ten como base literaria os poemas de Aires da miña terra. Conta coa participación dos actores Santiago Fernández e Manuel Lourenzo, a cantante Anahí Varela e o músico Brandam. A función terá lugar o martes 30 de decembro ás 20.30 no Teatro Rosalía Castro. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google