Teatro Rosalía: “Konrad”, por Sarabela Teatro

Sábado konrad-cartel12
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).

Dentro do ciclo "Todo Público", "Konrad", por Sarabela Teatro. Imaxinas vivir cun neno que diga sempre "si" a todo e que ademáis non saiba xogar?... Claro que esta clase de mozos tan só poden ser feitos nunha fábrica ou por un ordenador. Recoñecida como unha das compañías máis consolidadas de Galicia, Sarabela Teatro leva 29 anos de traballo nos que o compromiso coa realidade maniféstase en cada un dos seus espectáculos. Con Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta e Nate Borrajo, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca”, de Álvaro Cunqueiro, por Sarabela Teatro, no ciclo Principal

Venres O incerto señor don hamlet8 e sábado 9
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, e como parte dos "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, representación de "O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca" por Sarabela Teatro, que nos achega a esta obra única de Álvaro Cunqueiro, texto lírico, intertextual e complexo que leva implícito ritmo, musicalidade, escrita de realismo soñado, con grandes acertos técnicos, forza dramática e orixinalidade. Unha montaxe cunha teatralidade nova do mal, combinada co uso da ironía e procedementos lúdicos; na que se equilibran as forzas: amor/morte. "O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca", establece pontes entre tradicións culturais, seguindo a tendencia europea do teatro de mitos, adaptándose á sociedade actual. Con Josito Porto, Sabela Gago, Fernando Dacosta, Nate Borrajo, Tito Asorey, Elena Seijo e Fina Calleja, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía de Castro:A esmorga, por Sarabela Teatro

xoves, 8 abril 2010, 16:57 | Category : teatro
Tags : , ,

O Teatro Rosalía de Castro acolle esta fin de semana a obra ‘A esmorga’ da compañía Sarabela Teatro

CHEGA Á CORUÑA TRAS ACADAR CINCO PREMIOS MARÍA CASARES COMO MELLOR ESPECTÁCULO, MELLOR TEXTO ADAPTADO, MELLOR ILUMINACIÓN, MELLOR ESCENOGRAFÍA E MELLOR ACTOR SECUNDARIO

Presentouse esta mañá a obra ‘A Esmorga’ que a compañía Sarabela Teatro representará este vindeiro fin de semana no Teatro Rosalía da Coruña. “A Esmorga” chega á Coruña tras acadar recentemente cinco premios María Casares como Mellor Espectáculo, Mellor Texto Adaptado, Mellor Iluminación, Mellor Escenografía e Mellor Actor Secundario: Tito Asorey. Un espectáculoque está nominado ademais aos vindeiros Premios MAX como Mellor Espectáculo Revelación.

Un espectáculo que según os integrantes de Sarabela Teatro é “capaz de facer sangrar á chuvia e chorar ao lume”. Dende a primeira escena, o espectador/a entra na traxedia. ‘A Esmorga’ combina con asombrosa naturalidade a esencia absoluta da vida e da morte. Intensa, emocionante e, sobre toda apaixoada, é unha obra MESTRA, das mellores xamais escritas.

A OBRA CUME DA NOSA NARRATIVA FEITA TEATRO

O pasado ano celebrouse o 50 aniversario da publicación da novela, cume da nosa narrativa, e os 30 anos do pasamento de Don Eduardo Blanco Amor, o noso extraordinario autor ourensán e universal. E coa intención de comaprtir este evento único co público da Coruña, Sarabela Teatro chegar ao Rosalía de Castro esta fin de semana con esta obra cume da literatura galega.

Sarabela Teatro, comeza, polo tanto, a que espera sexa unha fecunda colaboración cunha obra que inspira confianza absoluta pola súa riqueza e a súa fondura e que xa causara moito impacto hai trece anos. (A Esmorga é tamén a primeira reposición da Compañía nos seus 29 anos de pervivencia teatral).

UNHA TRAXEDIA CONTEMPORÁNEA

Na representación de Sarabela Teatro mantense íntegra a adaptación textual de Begoña Muñoz e Carlos Couceiro, e recrease a peripecia de tres individuos moi conflitivos (Cibrán, Bocas e Milhomes) que escapando da xustiza, cometen unha serie de delitos. Xogan coa dupla interpretación: Monólogos en presente do reo (Cibrán) en primeira persoa diante dun xuíz “ausente”; e en flashback os feitos acontecidos nas vintecatro horas de esmorga na que participou o protagonista.

Ademais, engaden escenas xestuais como a dese personaxe maldito e enigmático Marqués de Andrada e salientan a presenza do Coro estilizado e testemuña dos acontecementos que desdobramos en coro do pensamento e coro social.

Os actores e actrices traballan en rexistros emocionais moi intensos para que a violencia e a procura do pracer como liberación da miseria e do medo creen un clímax ascendente no que adquire unha grande importancia o contraste entre a realidade e o fantástico; entre o que é propio da vida real dos esmorgantes (tabernas, prostíbulo) e o que lles é alleo e inalcanzábel (pazos, igrexa). Os temas van á par da acción: opresión económica, dominio social e represión sexual levan aos “esmorguistas” ao asasinato ou á autodestrución; a outra alternativa, a da loucura. Os mozos vehiculizan a violencia contra si mesmos e destrúense entre eles.

As mulleres da troulada teñen moita importancia, viven tamén nas marxes. En contraste aparece a misteriosa muller estranxeira e aristócrata que vai desmontar o mito da dona ideal. A amiga de Cibrán (A Raxada) e a nai son mulleres fortes diante da adversidade, tratan de persuadirlo para que acougue e cumpra a súa promesa.A tensión dramática é por veces moi alta. O ambiente da obra está marcado pola chuvia, que crea unha atmosfera abafante e determina, en moitas ocasións, as decisións dos esmorgantes nesa fuxida da represión que dá grande dinamismo ao espectáculo nun clima de fatalidade que envolve os acontecementos.

Coa axuda da enorme plasticidade da escenografía, da luz, das imaxes e os efectos necesarios para visualizar as accións en itinerancia; coa valiosa aportación da música en directo; coa harmonización do vestiario, a maquillaxe e as máscaras, e por riba de todo cun elenco de primeira liña, Sarabela Teatro achegará á Coruña ‘A Esmorga’ este venres e sábado ás 20.30 horas. Entradas 6,7 9 e 13 euros (carné xove, maiores 65 ou desempregados/as desconto dun 25%).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Todo Público: Cósima con Sarabela Teatro

xoves, 18 marzo 2010, 11:00 | Category : infantil, teatro
Tags : ,

cosimaO Forum Metropolitano acollerá mañá venres a representación da obra Cósima de Sarabela Teatro dentro do ciclo Todo público. Contará coa interpretación de Fernando Dacosta, Elena Seijo, Sabela Gago e Tito Asorey baixo a dirección de Anxeles Cuña Bóveda.

Cósima marcha a vivir a unha árbore fuxindo dun pai autoritario e distante. No seu refuxio, a nena segue comunicándose coa súa nai, a pesar da oposición do pai, grazas a unha linguaxe de signos que inventan entre elas. Cósima é un fermoso canto á liberdade de expresión, a saber escoitar, a sentirnos libres para tomar as nosas decisións e a reivindicar o noso espazo e o noso berro.

A cita será o venres 19 ás 19.00 horas no Forum Metropolitano. A entrada costará 5 euros (abono 3 familiar, 12 euros).

Descargar dossier: PDF, 1,3 MB

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google