Venres
12
Domus (rúa Santa Teresa, 1).
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Dentro das actividades dos Museos Científicos Coruñeses con motivo da Semana da Ciencia, e englobada ademáis na celebración da entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación, celébrase unha mesa redonda sobre "A ciencia na prensa escrita", na que se debatirá sobre algúns retos que se presentan no xornalismo científico nos medios impresos., e que contará coa participación de:
- Patricia Fernández de Lis, redactora xefe da sección de ciencia do diario Público, galardoado co Prisma Especial do Xurado 2010.
- Elena Sanz, xornalista científica especializada en contidos dixitais, multimedia, gañadora do Prisma Casa das Ciencias 2010 por un artigo publicado no suplemento Tercer Milenio do Heraldo de Aragón, e
- Raúl Romar, xornalista especializado en medioambiente, ciencia e investigación de La Voz de Galicia.
Lembramos que os Museos Científicos Coruñeses continuarán con xornadas de acceso gratuíto ata o domingo 14, nas que os visitantes poden coñecer estes días as exposicións e actividades dos tres museos de maneira gratuita. Na Domus proxectáse unha nova película en 3D, SOS Planet, un documental de animación que invita a explorar a situación medioambiental do noso fráxil planeta. Hai sesións ás 18 horas de luns a venres, e os sábados, domingos, festivos ás 12 e 17 horas (versión en galego), ás 13 e 18 horas (versión en castelán). No Aquarium pódese asistir a unha sesión da Charca das Caricias, na que a diario se ofrecen obradoiros de bioloxía mariña para coñecer en vivo e en directo aos inquilinos do Aquarium Finisterrae: "Tiburóns en familia", ás 13:00 e 18:00 horas e "Proxecto Santiaguiño" ás 11:00 e 16:00 horas. Entre as propostas da Casa das Ciencias están a nova exposición de ilustracións de natureza, "Unha ollada natural", ou as sesións de planetario que se ofertan o sábado e o domingo: ás 12:00 horas "A noite do Vampiro" (galego), ás 13:00 horas "Evolución" (castelán), ás 17:00 horas a sesión infantil "El mundo de Fugaz" (castelán), e ás 18:00 horas "Evolución" (galego).