Teatro Rosalía: “Ordem e Progresso”, con Carlos Blanco e Sérgio Tannus Trio
Sábado
11
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 7 e 10 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados: -20 %).
A frase Ordem e Progresso aparece na bandeira do Brasil. Ordem e Progresso: algo absurdo nun país aparentemente feliz, e caótico? Ordem e Progresso: unha mirada ao novo mundo, a ese Brasil recoñecible ... e non. O humor de Carlos Blanco chega con ritmo de pandeiro e de cavaquinho, e o fútbol, e o sexo, e as risas, acompañado por Sérgio Tannus Trío (Sérgio Tannus, Sérgio Sales e Paulo Silva).















