Exposición de Inma Doval e cea-concerto con Silvia Penide

xoves, 10 marzo 2011, 12:21 | Category : Arte, música, pintura
Tags : , , , ,

Do CASAINDIANA SILVIAPENIDEvenres 11 de marzo ao xoves 14 de abril
Casa Indiana (Rúa Gambrinus, 14)
Entrada libre.

Exposición de "Pintura e gravado" de Inma Doval. A inauguración terá lugar o venres 11 de marzo ás 20:00 h., con entrada libre até completar capacidade.
O mesmo día, venres 11 de marzo, ás 22:00 h., terá lugar unha cea-concerto onde actuará Silvia Penide, presentando o seu novo traballo, "Las erres dobles". A entrada para esta cea-concerto será de 20 euros, e para asistir, pódese chamar ao 981-257681 ou enviar un correo electrónico a:  reservas at casaindiana.es.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Estrea de “Pequenas superficies”, de Olaia Sendón

Venres convite25
Mercado de San Agustín (Rúa Pío XII)
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Estrea de "Pequenas superficies", un proxecto artístico de Olaia Sendón que contará coa colaboración de Gustavo Pernas, Silvia Penide e Michal Kamac, e que parte de dunha experiencia que tivo lugar no verán do 2009. Cansos de ver como moitas das tiendas referenciais das "de toda a vida" estaban pechando na Coruña adicámonos, durante 2 meses, a percorrer máis de 80 tendas aínda abertas, tendas tradicionais, de barrio. En cada unha das cales mercábamos un ou varios obxetos que nos chamaban a atención. Fixemos un mapa no que fomos sinalando cada unha das tendas traballadas. Iamos sen presa e en cada unha das tendas visitadas rexistrábamos un mínimo de 20 minutos. Interesaba ter unha historia que contar de cada unha delas. As compras deviñan en conversas que moitas veces incluían aos clientes que por alí pasaban. Cada unha das compras quedaba rexistrada non só a nivel de audio senón tamén na descripción do produto e o prezo. A experiencia ficaba reflectida nos brutos de video que rexistrábamos e nese obxecto que mercábamos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: concerto-presentación de “Las erres dobles”, de Silvia Penide

mércores, 15 decembro 2010, 12:11 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Xoves 16
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 6 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, 4 euros).

Silvia Penide amplía o seu particular universo coa presentación do seu cuarto álbum, "Las erres dobles", co que dá un acertado paso cara adiante e consolídase xa como unha das voces destacadas no panorama musical.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético-musical na Biblioteca González Garcés

Venres 10
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo do Día dos Dereitos Humanos, Amnistía Internacional organiza un acto coa participación Yolanda Castaño, Xulio López Valcarcel, Pedro Ramos, Xosé Taboada, Xurxo Mares, Silvia Penide, Paco Campos, Francisco Pillado e Xulio Correa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

World Slam Title: Pedro A. Ramos vs. Silvia Penide

venres, 10 setembro 2010, 11:09 | Category : música, poesía
Tags : , ,

Domingo 12
13:00
Café Bar O'Delito (rúa Tabares, 1)
Entrada libre até completar capacidade.

Pedro A. Ramos e Silvia Penide bateranse usando das súas palabras e músicas, alternadamente, para conseguir o "World Slam Title".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sereas, sete voces galegas en concerto no Rosalía

sereasO domingo 7 de marzo a partir das 19 horas o Teatro Rosalía acolle o espectáculo SEREAS, que recolle a creación feminina de sete nomes fundamentais da música galega actual. Con este espectáculo pretenden amosar o inmenso potencial creativo das sucesivas xeracións de cantoras e escritoras que as precederon e que usaron a nosa lingua e expresaron sen complexos os seus sentimentos máis profundos. SEREAS é un punto de encontro, un xeito concreto de achegarnos e de apostar pola creación colectiva, pola comunicación e polo coñecemento entre as mulleres que transitamos pola música deste país.

sereas2

As SEREAS son:

Uxía. En 2010 cumpre 25 anos de carreira artística que a convirten nunha das voces máis populares e valoradas de Galicia, Portugal e Brasil. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.

Mercedes Peón. Premio Nacional de Música no 2008. Da recolleita e investigación da tradición popular á vangarda da música galega, é unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI, con recoñecementos a nivel internacional.

Rosa Cedrón. Cantora e intérprete de violoncello, coñecida por ser durante nove anos a voz do grupo Luar na Lubre, co que mantivo unha intensa actividade con numerosos concertos por todo o mundo. No ano 2.005 abandonou o grupo e iniciou a súa carreira en solitario.

Ugía Pedreira. Unha das voces mais transgresoras e eclécticas do panorama musical. Actualmente lidera o grupo Marful e participa no proxecto Nordestin@s, xunto a Guadi Galego e o pianista Abe Rábade. Ademáis, ten colaborado con numerosos artistas en discos e proxectos conxuntos.

Guadi Galego. Acaba de publicar un disco en solitario baixo o título Benzón, onde se recolle o seu proxecto máis íntimo e persoal. Participa nos proxectos Nordestin@s e Espido, xunto a Guillerme Fernández. Durante 10 anos foi a vocalista e gaiteira de Berrogüeto, banda coa que fixo xiras por todo o mundo.

Silvia Penide. Cantautora, solista pop, experimental, sincera, cercana, dóce. Cos seus tres discos editados conquistou un gran número de fans agrupados en torno ao seu foro de internet. Imparable, está xirando continuamente por toda España.

Sonia Lebedinsky. Cantora do grupo Fia na Roca, fundado nos anos 90 e considerado referencia dentro do noso panorama musical. Cun son elegante e uns arranxos sorprendentes, transforma a tradición para construír un dos repertorios máis importantes da música galega.  

Sereas é o primeiro concerto do Ciclo Caixanova "Música con raíces", que proseguerá ao longo dos meses de marzo, abril e maio.

Apúntate no evento en Facebook

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto solidario de Silvia Penide e Félix Arias

martes, 2 febreiro 2010, 11:00 | Category : concertos, música
Tags : , , ,

Hoxe martes 2 de febreiro ás 20:30 no Teatro Rosalía de Castro haberá un concerto benéfico a cargo de Silvia Penide e Félix Arias. O prazo das entradas do concerto, organizado polo Club de Leones, será de 10 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google