Castelo de San Antón: concerto de Doa, no ciclo “Son de noite”

Venres 2011-07-08 Doa8
Castelo de San Antón
22:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro do ciclo "Son de noite", concerto de Doa, no que presenta o seu último traballo "A fronda dos cervos" e unha escolma de pezas de discos anteriores. O grupo está formado por: Susana de Lorenzo (voz e harmonium), Óscar Fernández (zanfona), Bernardo Martínez (percusión, frautas) e Xoán Piñón (guitarras).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mercedes Peón en Son de noite (vídeo)

xoves, 6 agosto 2009, 21:00 | Category : concertos, música, vídeo
Tags : ,

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son de noite: Mercedes Peón

venres, 31 xullo 2009, 9:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

son-de-noite-miniO ciclo Son de noite chega hoxe ao seu fin cunha figura que non precisa presentación, e menos aínda na Coruña. Mercedes Peón achegouse desde moi noviña á música tradicional galega para facer unha valiosa labor de recollida desde o grupo Xacarandaina ao que pertencía. mercedes-peonAo longo da súa vida foi adquirindo unha magnífica formación teórica e depurando as súas excepcionais aptitudes coma intérprete para se converter nunha das artistas máis singulares no panorama da música con raíces, e non só noso país. Grazas á súa persoalísima voz e a súa poderosa actitude no escenario Mercedes Peón ofrece sempre uns espectáculos inesquecíbeis pola súa impresionante forza e enerxía.

Un fin de festa apoteósico para a edición 2009 de Son de noite que poderemos disfrutar coma sempre de balde no Castelo de San Antón a partir das 23 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son de noite: concerto de Miñor Swing

sábado, 25 xullo 2009, 13:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

son-de-noite-miniMiñor Swing é un cuarteto de corda formado por contrabaixo, violoncello e dúas guitarras. O seu estilo está inspirado no jazz manouche, jazz francés dos anos 30, tamén denominado gypsy swing, cuxo máximo expoñente era o célebre guitarrista belga Django Reinhardt. Miñor Swing naceu a finais de 2003 pola necesidade de expresar esta corrente musical case descoñecida no noso país. Desde os seus inicios até a actualidade realizaron case cen concertos en todo tipo de eventos e escenarios demostrando a súa creatividade e un son propio, alegre e atrevido.

Miñor Swing está formado por Antonio Feijoo “Tonichi” (guitarra), José Veloso (guitarra), Macarena Montesinos (violoncello) e Marcos Fernández (contrabaixo). Verémolos hoxe en concerto nas escalinatas da Domus a partir das 22 horas dentro do ciclo Son de noite. /span>

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son de noite: concerto de Pablo Bicho

venres, 24 xullo 2009, 14:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

son-de-noite-mini O coñecido cantautor, intérprete e showman Pablo Bicho preséntase acompañado polo seu habitual equipo humano formado por unha excelente selección de veteranos músicos que conseguen fusionar diferentes estilos de rock, rumba… Nos seus concertos fan un percorrido pola súa obra de autor, música mestiza e positiva, chea de ritmos quentes que contaxian a todos os espectadores. Será hoxe a partir das 23 horas no Castelo de San Antón dentro do ciclo Son de noite.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son de noite: concerto de Balakandra

venres, 17 xullo 2009, 22:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

son-de-noite-miniDifícil sería poñerlle unha etiqueta ao que nos ofrecen Balakandra. Nas súas cancións mestúranse o rock co jazz, o pop co bluegrass, o blues co chachacha ou country e mesmo detéctanse algúns ritmos balcánicos, todo isto pasado pola peneira do folk galego. Os concertos de Balakandra non deixan indeferente a ninguén e atrapan o público nunha viaxe polos sons do mundo.

Forman Balakandra Martín Sanjurjo (mandolina, guitarra midi, violín, dobro e voz), Farru Rodríguez (batería, percusións, acordeón e guitarra), Manolo Dopico (guitarra acústica e española, mandocelo e voz) e Amparo Calvo (voz e percusión).

Balakandra actuará mañá sábado 18 de xullo nas escalinatas da Domus a partir das 22:00. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son de noite: concerto de Roi Casal

xoves, 16 xullo 2009, 23:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

son-de-noite-miniA música tradicional, a poesía e a vangarda dun estilo musical ligado a Galicia fusiónanse en Roi Casal dunha forma natural e harmónica, sen imposicións e sen modas. Nace así Lendas Douradas, resultado dun proceso de interpretación da cultura dun país baixo a perspectiva dun cidadán do século XXI. Un disco para unha nova xeración de galegos e galegas que ven no feito diferencial de todas as culturas do mundo o meirande tesouro que posúe a humanidade.

Lendas Douradas recolle 12 temas maioritariamente cantados e compostos por Roi Casal, que dende o ano 2000 forma parte de Milladoiro e se abre agora un nome propio cun disco que nace dun coidado estudo das composicións tradicionais e da poesía galega onde se aposta polo idioma de noso como soporte fundamental.

O concerto de Roi Casal terá lugar o venres 17 de xullo a partir das 23 horas no Castelo de San Antón. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son de noite: concerto de 3AZOTEAS

sábado, 11 xullo 2009, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

son-de-noite-mini3AZOTEAS ten como única pretensión darlle cabida ás inquedanzas musicais colectivas dos seus integrantes, Pablo Pérez (contrabaixo, baixo eléctrico), Iago Mouriño (piano, teclados) e Miguel Queixas (batería), tomando o jazz como punto de partida, pero dende unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O nome do grupo pode verse como unha alegoría do que implica como elemento construtivo; tres azoteas decoradas, organizadas e amobladas dunha forma diferente, pero integrantes do mesmo edificio e por tanto ensambladas dentro dunha construción e duns parámetros arquitectónicos similares. Este encontro musical, esta sorte de comunidade de veciños creativa, tenta facer un compendio dos gustos e experiencias musicais dos seus inquilinos para dar lugar a un proxecto no que a música se estenda como un fluído por riba das estruturas.

A banda 3AZOTEAS tocará hoxe sábado 11 de xullo na escalinata da Domus dentro do ciclo Son de noite. Será a partir das 22 horas, con entrada de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Son de noite: concerto de Carmen Rey

venres, 10 xullo 2009, 8:15 | Category : concertos, música
Tags : , ,

carmen-rey-grupo

Esta banda nace co fin de cristalizar a música de Carmen Rey nun disco, MEU, que viu a luz en novembro de 2007; un traballo que representa as inquedanzas da compositora tanto musicalmente como na súa faceta de letrista. A súa longa traxectoria dentro do jazz e da música negra en xeral está reflectida na súa totalidade neste disco enriquecido coas influencias dos músicos cos que realizou os arranxos: Miguel Cabana na batería, Rubén Appratto no baixo, Tito Calviño na guitarra e Sergio Delgado nos teclados conseguen que a forza e a expresividade da voz de Carmen Rey resalte todavía máis usando como vehículo lingüístico principalmente o galego. Para os directos contan coa forza de dúas grandes voces, Aixa Romay e Ángeles Dorrio, que se fan cargo dos coros.son-de-noite-mini

A banda de Carmen Rey tocará hoxe venres 10 de xullo no Castelo de San Antón dentro do ciclo Son de noite. Será a partir das 23 horas, con entrada de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Comeza o ciclo Son de Noite

xoves, 9 xullo 2009, 14:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

son-de-noite

Mañá venres 10 de xullo arranca o ciclo Son de Noite coa actuación do grupo de Carmen Rey no Castelo de San Antón ás 23.00 horas. Este ciclo de concertos realizarase en dous espazos singulares como son o Castelo de San Antón e a escalinata da Domus e acolle a artistas como Pablo Bicho, Roi Casal ou Mercedes Peón. O calendario previsto será o seguinte:

Castelo de San Antón - Venres ás 23.00 horas

10 xullo - Camen Rey
17 xullo - Roi Casal
24 xullo - Pablo Bicho
31 xullo - Mercedes Peón

Domus - Sábados ás 22.00 horas

Día 11- 3 Azoteas
Día 18- Balakandra
Día 25- Miñor Swing

A entrada a todos os concertos será libre ata completar aforo no caso do Castelo de San Antón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google