39 Feira do Libro: programa do venres 6 de agosto

12.00 h. Espectáculo de contacontos a cargo de Mario Tomás.
18.00 h. O escritor Jordi Sevilla presentará o seu libro "La joven de la foto", publicada por Ellago Ediciones. Xunto co autor, participará no acto o alcalde da Coruña, D. Javier Losada, e o editor Francisco Villegas. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.
19.00 h. Presentación do libro "Construtores", publicado por Factoría K. Participan no acto o autor dos textos, Xulio Gutiérrez, Nicolás Fernández, autor das ilustracións e Paz Castro, representante da editorial.
19.30 h. O escritor Suso de Toro asinará exemplares do seu libro "Sete palabras", publicado por Edicións Xerais de Galicia e do resto da súa obra.
20.00 h. O escritor Vicente Araguas presentará o seu libro "Xuvia–Neda", publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da editorial.
20.30 h. O escritor Ignacio Bermúdez de Castro Olavide asinará exemplares do seu libro "Una vida en siete días", publicado por Huerga y Fierro Ediciones.
21.00 h. Mesa Redonda: "¿Qué escriben os homes, qué escriben as mulleres?" Participan: Rosa Regàs, Marta Rivera de la Cruz e Vanessa Montfort. Modera: Fernando Marías. Colabora: Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Tertulia arredor do libro Sete palabras

luns, 14 decembro 2009, 12:00 | Category : presentacións, tertulias
Tags : , ,

Hoxe luns, 14 de decembro, ás 19,00 horas no Salón de Actos do centro UNED, Rúa Pepín Rivero, 3 Cidade Escolar da Coruña, terá lugar unha tertulia literaria arredor de Sete palabras, a máis recente novela de Suso de Toro. No acto, organizado polo centro da UNED da Coruña e Xerais, acompañarán ao autor Xosé Luís Axeitos, bibliotecario da Real Academia Galega, Antonio Raúl de Toro Santos, catedrático de literatura inglesa da UDC, Antonia Doce e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google