Fórum: “Palabras encadeadas”, de Jordi Galcerán, por Talía Teatro

venres, 29 outubro 2010, 11:39 | Category : teatro
Tags : , , ,

Domingo 31 de outubro e luns 1 de novembro
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 7 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 euros).

En "Palabras encadeadas" un psicópata e a súa vítima, nun espazo sen posibilidade de fuga aparente, van descubrindo a súa historia, onde o que é certo e falso penden sempre dun fío. En busca da verdade que os levou a esta situación extrema, o papel de culpable vai de man en man e o que parecía un final previsible transfórmase en inevitable. Unha produción de Talía Teatro, con Toño Casais e María Ordóñez, baixo a dirección de Artur Trillo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Programación teatral para ESO, bacharelato e FP da Concellaría de Cultura

Presentouse TeatroSecun_Weba programación teatral para ESO, bacharelato e FP que a Concellaría de Cultura desenvolverá desde o vindeiro mes de outubro ata o mes de marzo do vindeiro ano. A esta programación súmase a programación que a Concellaría desenvolverá tamén para alumnado de educación infantil chegando entre as dúas a superar os 14.000 escolares. A programación de teatro para ESO, bacharelato e FP arrancará coa obra "Sexo, por que non?" o 14 e 15 de outubro, unha comedia na que se fala do sexo de xeito natural a través dos relatos da única protagonista que nos conta os seus traumas, tabús e como vai pouco a pouco vivindo e descubrindo a súa sexualidade. Aquí se pode descargar o Dossier de Sexo por que non.
O programa inclúe, ademais, outros títulos como "Limpeza de sangue" de Rubén Ruibal, "Palabras encadenadas" a cargo da compañía Talía Teatro, "Rúa Aire" unha obra de El retrete de Dorian Gray en coproducción co Centro Dramático Galego, "Shakespeare para ignorantes" con Quico Cadaval, "Don Juan" coa compañía Teatro Taratumba, Teatro Corsario que presentará "El caballero de Olmedo", Circus Klezmer un espectáculo sobre o mundo circense, e por último, "Un cranio furado" de Martin McDonagh. Propostas moi diversas tanto en formato, estética, temática, estilos e textos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Palabras encadeadas, teatro en solidariedade coas vítimas do sismo de Haití

xoves, 4 febreiro 2010, 1:30 | Category : dereitos humanos, teatro
Tags :

PalabrasEncadeadas

Xoves 4, venres 5 e sábado 6 Talía Teatro pon en escena no Fórum Metropolitano a obra de Jordi Galcerán Palabras encadeadas. A recadación obtida por este espectáculo será cedida a Intermón Oxfam para as súas actuacións en Haití.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google