Teatro Rosalía: “Saltimbanquis”, do Teatro do Morcego
Domingo
16
Teatro Rosalía de Castro
17:30
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).
"Saltimbanquis", do Teatro do Morcego, está dirixida a un público maior de 5 anos, cunha duración aproximada de 60 minutos. Un burro, cansado da explotación e dos malos tratos do patrón, decide abandonar a facenda onde traballa en busca de mellores condicións de vida. No camiño á cidade atopa un can e unha galiña que escapan polos mesmos motivos. Unidos contra a tiranía dos donos deciden formar un conxunto musical. Celso Parada asumiu a adaptación galega do musical homónimo de Sergio Bardotti inspirado no conto "Os músicos de Bremen" dos irmáns Grimm. Con Mundo Villalustre, Iolanda Muíños, Blanca Cendán, Mighello Blanco e Serginho.















