Teatro Rosalía: Ciclo Principal, calendario de xaneiro a maio de 2012

OCiclo Principal xaneiro-maio 2012 Ciclo Principal desenvolverá o seguinte programa de representacións no Teatro Rosalía de Castro entre os meses de xaneiro e maio de 2012:

- Venres 13 e sábado 14 de xaneiro: El tiempo y los Conway, de J. B. Priestley, en versión de Luis Alberto de Cuenca e Alicia Mariño, por Pérez de la Fuente Producciones. Con Luisa Martín, Nuria Gallardo, Alejandro Tous, Juan Díaz, Chusa Barbero, Débora Izaguirre, Ruth Salas, Alba Alonso, Román Sánchez Gregory e Tony Martínez, baixo a dirección de Juan Carlos Pérez de la Fuente. Entradas: Tarifa A.

- Venres 27 e sábado 28 de xaneiro: El tiempo es sueño, por Juanjo Seoane Producción. Con Asunción Balaguer, baixo a dirección de Rafael Álvarez, "El Brujo". Entradas: Tarifa B.

- Venres 10 e sábado 11 de febreiro: Antes te gustaba la lluvia,  de Lot Vekemans, por Loquibandia Concha Busto Producciones. Con Blanca Oteyza e Sergio Otegui, baixo a dirección de Miguel Ángel Solá.

- Venres 24 e sábado 25 de febreiro: Tango, de Slawomir Mrózek, adaptado por Ánxeles Cuña Bóveda, por Sarabela Teatro. Con: Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Lino Braxe e Nate Borrajo, baixo a dirección de Ánxeles Cuña. Entradas: Tarifa B.

- Xoves 8 de marzo: Mambo, de George Céspedes. Danza Contemporánea de Cuba, con música de Beny Moré-Nacional Electrónica (Alexis de la Joya-Edwin Casanova González), sobre a versión orixinal de Pérez Prado. Coreógrafo: George Céspedes. Entradas: Tarifa A.

- Sábado 10 de marzo: Los habitantes de la casa deshabitada, de Enrique Jardiel Poncela, por Juanjo Seoane. Con Pepe Viyuela, Juan Carlos Talavera, Paloma Paso Jardiel, Abigail Tomey, Manuel Millán, Ramón Serrada, Pilar San José, Susana Hernández, Matijn Kuiper, Eduardo Antuña e José Manuel Aguilar, baixo a dirección de Ignacio García. Entradas: Tarifa A.

- Venres 16 e sábado 17 de marzo: André y Dorine, por Kulunka Teatro. Con Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo, baixo a dirección de Iñaki Rikarte. Entradas: Tarifa A.

- Venres 13 e sábado 14 de abril: Carcajada salvaje, de Christopher Burang, por Pentación Espectáculos. Con Charo López e Javier Gurruchaga, baixo a dirección de Josep Costa. Entradas : Tarifa A.

- Venres 27 e sábado 28 de abril: Último cowboy, de Eduardo Alonso, polo Teatro do Noroeste. Con Miguel Pernas e Luma Gómez, baixo a dirección de Eduardo Alonso. Entradas: Tarifa B.

- Venres 18 e sábado 19 de maio: Quizás!, quizás!, de Richard Baer, por Txalo Producciones. Con María Luisa Merlo, Carlos Larrañaga e Alfonso Montón, baixo a dirección de Gabriel Olivares. Entradas: Tarifa A.

* FUNCIÓNS: 20:30 horas.

* ENTRADAS E ABONOS:
- Tarifa A: 17, 13, 10 e 8 euros.
- Tarifa B: 13, 9, 7 e 6 euros.
- Abono 8* 93'45, 70'05, 54'00 e 43'80 euros. + Los habitantes de ... 12'75, 9'75, 7'50 e 6'00 euros; + Mambo... 11'25, 8'25, 6'75 e 5'25 euros.
- Abono 10: 117'45, 88'05, 68'25 e 55'05 euros.
* Abono 8: o seu prezo representa un desconto do 25%. En cada abono existen dous días de función que dan orixe a dúas opcións: V e S. A opción V ten todas as funcións en venres. A opción S ten todas as funcións en sábado.
Deste abono quedan excluídos Los habitantes de la casa deshabitada e Mambo porque só se programa unha función e non se garante localidade nin o día de abono.
Os abonados interesados nestes espectáculos poderán retirar as entradas para os mesmos ao adquirir o seu abono co mesmo desconto.

* ENTRADAS
- Abonados ciclo anterior: do 22 ao 30 de decembro.
- Novos abonados: 3 e 4 de xaneiro.
- Venda de entradas soltas: a partir do 10 de xaneiro.
- Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
- Despacho Teatro Rosalía: só días de función de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
- Venda telefónica: 902 343 443.
- Venda de entradas por internet en Servinova.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Glass city, a nova produción de Teatro do Noroeste chega ao Rosalía

venres, 23 outubro 2009, 11:00 | Category : teatro
Tags : ,

As vacacións de Franco no Pazo de Meirás, o concurso de cancións Trampolín de estrelas, a chegada da música moderna a través das máquinas de discos ou o plan para atentar contra o dictador son algúns dos feitos que se mesturan en Glass City, a última producción de Teatro do Noroeste que se poderá ver no Teatro Rosalía Castro os días 24 e 25 de outubro.

GlassCity0Bn

GlassCity6Bn

Glass City é unha obra de teatro musical, escrita e dirixida por Eduardo Alonso, na que se contrapoñen humor e tensión dramática, que conta cun grande equipo artístico, integrado por catorce actores e músicos.

A función do sábado está prevista para as oito e media da tarde e a do domingo para as sete. As entradas teñen un precio de sete e dez euros e pódense mercar a través dos circuitos de venda habituais.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Extrarradios de Eduardo Alonso, hoxe e mañá no Rosalía

venres, 27 febreiro 2009, 10:00 | Category : teatro
Tags : , , , ,

Extrarradios (comedia de mulleres desamparadas) de Eduardo Alonso é a obra que hoxe venres 27 e mañá sábado 28 representará no Rosalía de Castro a compañía Teatro do Noroeste. O mesmo Eduardo Alonso é quen dirixe a peza, protagonizada polas actrices Luma Gómez e Victoria Pérez. A obra é candidata ao Premio Max das Artes Escénicas que se entregarán o próximo 30 de marzo en Las Palmas. A función comeza os dous días ás 20:30 e o prezo das entradas é de 7 € (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, 5 €).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google