Teatro Rosalía: Gala Nadal Máxico 2011
Venres 30
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 5 e 10 euros.
Gala "Nadal Máxico 2011", coa actuación de magos da talla de Román García, Kiko Pastur, Mago Antón, Mago Mimo Anyo, Mago Pablo e Mago Cali.
Teatro Rosalía: “Monólogos de Navidad”, Xavier Deltell e Bermúdez
Xoves
29
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 10, 12, 14 e 18 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
"Monólogos de Navidad", coa participación de Xavier Deltell e Bermúdez. O lleidano Xavier Deltell tratou de empezar a súa carreira humorística nunha chirigota de Cádiz, pero como a distancia era un problema buscou traballo na radio para colmar a súa sede de humor ata situarse ao pouco tempo detrás dun micrófono en Radio Barcelona da Cadena Ser. Músico, actor e showman, o madrileño Carlos del Soto, "Bermúdez", prodigouse como analista da corrente alterna nos últimos anos nun sen número de programas de televisión como El Club de Flo, Los irrepetibles, El humor de tu vida, La noche con... Fuentes y Cía, El Club de la Comedia, Hermanos de leche, etc., ademais de, buscando tempo onde non o tiña, crear o seu propio espectáculo, facer noite de cómicos, escribir algunha historia contraditoria ou acudir aos programas dos amigos.
Teatro Rosalía: concerto benéfico de Xoán Eiriz, xunto a Rosa Cedrón e a Coral da Gaiteira
Mércores
28
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 8 euros.
Concerto benéfico a favor da ONG "Terra de homes", que presta axuda directa á infancia desamparada sen preocupación de orde política, racial ou confesional. Con Xoán Eiriz e Rosa Cedrón, xunto á Coral Polifónica da Gaiteira, no que Xoán Eiriz presenta o seu undécimo disco: "30 anos e unha canción de amor", acompañado polo pianista Gabriel Peso. Presenta: Juan Fernán.
Teatro Rosalía: concerto da “Trova Coruñesa” a beneficio da Cociña Económica
Martes
27
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada gratuíta con convite.
Concerto da Trova Coruñesa a beneficio da Cociña Económica, organizado pola Asociación Cultural La Trova Coruñesa. Ademais desta entidade, actuarán o Grupo Urtica e o Ballet Druída.
Teatro Rosalía: Ciclo Principal, calendario de xaneiro a maio de 2012
O
Ciclo Principal desenvolverá o seguinte programa de representacións no Teatro Rosalía de Castro entre os meses de xaneiro e maio de 2012:
- Venres 13 e sábado 14 de xaneiro: El tiempo y los Conway, de J. B. Priestley, en versión de Luis Alberto de Cuenca e Alicia Mariño, por Pérez de la Fuente Producciones. Con Luisa Martín, Nuria Gallardo, Alejandro Tous, Juan Díaz, Chusa Barbero, Débora Izaguirre, Ruth Salas, Alba Alonso, Román Sánchez Gregory e Tony Martínez, baixo a dirección de Juan Carlos Pérez de la Fuente. Entradas: Tarifa A.
- Venres 27 e sábado 28 de xaneiro: El tiempo es sueño, por Juanjo Seoane Producción. Con Asunción Balaguer, baixo a dirección de Rafael Álvarez, "El Brujo". Entradas: Tarifa B.
- Venres 10 e sábado 11 de febreiro: Antes te gustaba la lluvia, de Lot Vekemans, por Loquibandia Concha Busto Producciones. Con Blanca Oteyza e Sergio Otegui, baixo a dirección de Miguel Ángel Solá.
- Venres 24 e sábado 25 de febreiro: Tango, de Slawomir Mrózek, adaptado por Ánxeles Cuña Bóveda, por Sarabela Teatro. Con: Fina Calleja, Vicente de Souza, Elena Seijo, Fernando Dacosta, Sabela Gago, Lino Braxe e Nate Borrajo, baixo a dirección de Ánxeles Cuña. Entradas: Tarifa B.
- Xoves 8 de marzo: Mambo, de George Céspedes. Danza Contemporánea de Cuba, con música de Beny Moré-Nacional Electrónica (Alexis de la Joya-Edwin Casanova González), sobre a versión orixinal de Pérez Prado. Coreógrafo: George Céspedes. Entradas: Tarifa A.
- Sábado 10 de marzo: Los habitantes de la casa deshabitada, de Enrique Jardiel Poncela, por Juanjo Seoane. Con Pepe Viyuela, Juan Carlos Talavera, Paloma Paso Jardiel, Abigail Tomey, Manuel Millán, Ramón Serrada, Pilar San José, Susana Hernández, Matijn Kuiper, Eduardo Antuña e José Manuel Aguilar, baixo a dirección de Ignacio García. Entradas: Tarifa A.
- Venres 16 e sábado 17 de marzo: André y Dorine, por Kulunka Teatro. Con Garbiñe Insausti, José Dault e Edu Cárcamo, baixo a dirección de Iñaki Rikarte. Entradas: Tarifa A.
- Venres 13 e sábado 14 de abril: Carcajada salvaje, de Christopher Burang, por Pentación Espectáculos. Con Charo López e Javier Gurruchaga, baixo a dirección de Josep Costa. Entradas : Tarifa A.
- Venres 27 e sábado 28 de abril: Último cowboy, de Eduardo Alonso, polo Teatro do Noroeste. Con Miguel Pernas e Luma Gómez, baixo a dirección de Eduardo Alonso. Entradas: Tarifa B.
- Venres 18 e sábado 19 de maio: Quizás!, quizás!, de Richard Baer, por Txalo Producciones. Con María Luisa Merlo, Carlos Larrañaga e Alfonso Montón, baixo a dirección de Gabriel Olivares. Entradas: Tarifa A.
* FUNCIÓNS: 20:30 horas.
* ENTRADAS E ABONOS:
- Tarifa A: 17, 13, 10 e 8 euros.
- Tarifa B: 13, 9, 7 e 6 euros.
- Abono 8* 93'45, 70'05, 54'00 e 43'80 euros. + Los habitantes de ... 12'75, 9'75, 7'50 e 6'00 euros; + Mambo... 11'25, 8'25, 6'75 e 5'25 euros.
- Abono 10: 117'45, 88'05, 68'25 e 55'05 euros.
* Abono 8: o seu prezo representa un desconto do 25%. En cada abono existen dous días de función que dan orixe a dúas opcións: V e S. A opción V ten todas as funcións en venres. A opción S ten todas as funcións en sábado.
Deste abono quedan excluídos Los habitantes de la casa deshabitada e Mambo porque só se programa unha función e non se garante localidade nin o día de abono.
Os abonados interesados nestes espectáculos poderán retirar as entradas para os mesmos ao adquirir o seu abono co mesmo desconto.
* ENTRADAS
- Abonados ciclo anterior: do 22 ao 30 de decembro.
- Novos abonados: 3 e 4 de xaneiro.
- Venda de entradas soltas: a partir do 10 de xaneiro.
- Despacho central, Praza de Ourense: de luns a venres, excepto festivos, de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas.
- Despacho Teatro Rosalía: só días de función de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 20:00 horas.
- Venda telefónica: 902 343 443.
- Venda de entradas por internet en Servinova.
Teatro Rosalía: concerto de “Amizades”
Venres
23
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entrada libre até completar capacidade.
Concerto de "Amizades", acto de cerre do 50 aniversario da Comisión Promotora de las Hogueras de San Juan.
Teatro Rosalía: espectáculo “Existe la magia”, de Jorge Blass
Xoves
22
Teatro Rosalía de Castro
18:30 h. Entradas: 7, 9, 11 e 15 euros.
20:30 h. Entradas: 12, 15, 17 e 20 euros.
"Existe la magia" é o novo espectáculo de Jorge Blass. Durante hora e media o popular mago presenta as súas última creacións máxicas. A súa posta en escena afástase dos tradicionais espectáculos de ilusionismo. Un grande espectáculo audiovisual no que Jorge Blass comparte escenario con outras expresións artísticas, dando lugar a unha ópera visual onde unha vez máis nos mostra a súa visión da maxia como a arte que combina dunha forma excepcional a estética cunha depurada técnica.
Teatro Rosalía: “Concurso de monólogos”
Teatro Rosalía: XIV “Encontro de Música no Nadal”
Teatro Rosalía: Concerto de Nadal da Agrupación Musical Albéniz
Domingo
18
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Concerto benéfico de Nadal a favor de Cáritas, organizado pola Agrupación Musical Albéniz. O programa é o seguinte:
I Parte - Agrupación Musical Albéniz
- "Arizona" (A. Stelzl).
- "Anema e couore" (Salve D. Espósito - Letra: Dominico Titomanlio).
- "La leyenda del beso" (Soutullo e Vert).
- "Si te viera Garay" (E. Rodríguez Iglesias).
- "Coruña Rag". (E. Rodríguez Iglesias).
- "El Barberillo de Lavapiés" (Preludio) (F. Asenjo Barbieri.)
- "Valses peruanos" (Popular).
- "Noche de Paz" (Música: Franz X. Gruber - Letra: Josef Mohr).
- "Navidades blancas" (Irving Berlín).
- "Que más se puede pedir" (A. Gundín - E. Rodríguez).
Director: Enrique Rodríguez Iglesias
II Parte - Tuna de Veteranos
- "La morena de mi copla" (Música: Jofré - Letra: Carlos Castellanos).
- "Teño saudade" (Música: Andrés do Barro - Letra: Xavier Alcalá).
- "Tuna compostelana" (Méndez Vigo).
- "María la portuguesa" (Música: Carlos Cano - Letra: María Villalón).
- "El cóndor pasa" (Música: Daniel Alomia Robles - Letra: Julio de la Paz).
- "Mix gallego" (popular, arreglos de Enrique Melio).
- "La paloma" (Sebastián de Irader y Salaverri).
Teatro Rosalía: “Las mujeres de Shakespeare”, no Ciclo Principal
Venres
16 e sábado 17
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
Dentro do Ciclo Principal, representación de "Las mujeres de Shakespeare", sobre textos de Harold Bloom, en versión de Rafael Álvarez "El Brujo", pola compañía El Brujo Producciones, con Rafael Álvarez "El Brujo" (actor solista e director) e Javier Alejano (violín). Unha homenaxe á conciencia feminina que tan ben soubo explorar e expresar William Shakespeare a través do enxeño das respostas de Catalina, Beatriz e Xulieta.
Teatro Rosalía de Castro: concerto do 130 aniversario da Coral Polifónica El Eco
Xoves 15
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.
Concerto en conmemoración do 130 aniversario da Coral Polifónica El Eco.
Teatro Rosalía: “Usted está aquí”, de Nuria Sotelo e Natxo Montero
Mércores
14
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 8 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).
Estrea de "Usted está aquí", de Nuria Sotelo e compañía e Natxo Montero, un espectáculo de danza contemporánea, baixo a dirección de Ana Vallés. "Que é o que estou mirando? A sombra dunha muller, pallaso de andar por casa, figura andróxina, un borrón triste. Alguén asubía un movemento en francés. Os artistas do penso vitaminado póñense os tacóns para unha visita guiada ao matadoiro..."
Teatro Rosalía: concerto do Atlantis Piano Dúo
Martes
13
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 10 euros (menores de 25 anos, 3 euros).
Concerto do Atlantis Piano Dúo, integrado polos pianistas Sophia Hase e Eduardo Ponce, que interpretarán as "Visións do Amén", de Olivier Messiaen. Organizado pola Sociedad Filarmónica da Coruña.














