Teatro Rosalía: “La noche de Max Estrella”, no Ciclo Principal

Venres La noche de Max Estrella9
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, representación de "La noche de Max Estrella", seguindo a obra de Ramón del Valle-Inclán "Luces de Bohemia". Espállase en escena unha queixa nocturna e dantesca: a loita de Max Estrella por un vivir digno nun Madrid absurdo, brillante e famento. Errando polas rúas madrileñas, borbotando unas cantas verdades, cun espello ao fondo, baixo as luces da bohemia, asistimos a unha denuncia descarnada pola inxustiza en clave de esperpento. Producida polo Centro Andaluz de Teatro, o Centro Dramático Galego e o Centro Párraga de Murcia. Con Carlos Álvarez-Nóvoa, Chiu Longina, Pilar Millán e Rafale Abolafia, baixo a dirección de Francisco Ortuño Millán.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Unha hora na vida de Stefan Zweig”, pola Compañía Lagarta, Lagarta

Venres Unha hora na vida de Stefan Zweig2 e sábado 3 ás 20:30 h.
Domingo 4 ás 19:00 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, representación de "Unha hora na vida de Stefan Zweig", de Antonio Tabares, representado pola Compañía Lagarta, Lagarta. No espectáculo introducímonos nun día, nunha hora moi especial do matrimonio Zweig, Stefan e Lotte, que nos manterá en vilo sobre no que en realidade sucedeu na vida do grande escritor, ou no que puido suceder. O matrimonio Zweig toma unha gran determinación, calculada con meticulosidade, sobre as súas vidas. Pero no seu fogar preséntase un estraño e inoportuno visitante que nos permitirá profundar nas distintas posturas de todos eles ante a vida, a morte, os medos, o amor, o exilio, as guerras, o poder, a liberdade individual ou a fuxida permanente dun mundo que arrepía. E para iso, deixarán as súas almas ao descuberto, nunha hora, na que se pode dicir todo. Con Ernesto Chao, Belén Constenla e César Cambeiro, baixo a dirección de Rosa Álvarez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Viva la zarzuela”

Mércores Juan José Villamor30
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6 e 9 euros.

"Viva la zarzuela" é un concerto a cargo da Coral da Sociedad Recreativa e Instructiva A Gaiteira e o barítono Juan José Villamor, onde se percorrerá parte de varias zarzuelas, baixo a dirección de Antonio Piñeiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto do Dúo Kandelaki-de Naverán

MartesSociedade Filarmónica 29
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 10 euros (menores de 25 anos, 3 euros).

Concerto do Dúo Kandelaki-de Naverán (violonchelo e piano), que interpretarán un programa composto polo "Romance oubliée", de Franz Liszt; a "Sonata en Do Menor, op. 32 (cello e piano)", de Camille Saint-Saëns; e "Die Zelle in Nonnenwerth, S. 382", "Aufenthalt" (F. Schubert, Scwanengesang), "Am meer" (F. Schubert, Schwanengesang), "Élégie I, S. 130", "Élégie II, S. 131" e "A lúgubre góndola, S. 134", de Franz Liszt. Organizado pola Sociedad Filarmónica da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Mi mapa de Madrid”, no Ciclo Principal

Venres Mi mapa de Madrid25 e sábado 26
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, representación de "Mi mapa de Madrid", pola compañía Teatro de la Danza. Obra de Margarita Sánchez situada na Latina, onde vive o grupo de personaxes que alimenta esta historia, "perdedores" cheos de esperanza: o escritor, a separada ex-alcohólica, a moza co corazón roto... Con Estrella Blanco, Saturna Barrio, Amparo Pamplona, Angel Burgos, Roberto Cairo, José Luis Gaglo e Pablo Viña, baixo a dirección de Amelia Ochandiano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: XV Memorial de Teatro Ibán Toxeiro

Xoves A. C. Alexandre Bóveda24
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda organiza o XV Memorial de teatro Ibán Toxeiro, que contará coas seguintes actuacións:
- Grupo de teatro da A. C. Alexandre Bóveda coa representación de "Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda", de Xoán Carlos Mexuto.
- Bucanero Teatro con "Kungfundidos".
- Druída danza con "O anxo exterminador".
- Entrega do IV premio "Alexandre Bóveda de teatro amador Ibán Toxeiro" para o Grupo de teatro do Centro de maiores da Obra social de Novacaixagalicia.
- Todo aderezado coa música en directo de Canta compaña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: concerto do “Trío Petroff”

MartesSociedade Filarmónica 22
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 10 euros (menores de 25 anos, 3 euros).

Concerto do Trío Petroff (violín, chelo e piano), que interpretarán un programa composto polo "Tríor en sol maior HOB. XV nº 25, Gypsy Rondo", de Franz Joseph Haydn; o "Piano Trío, op. 7", de Édouard Lalo; e o "Piano Trío nº 1 en do menor, op. 63", de Robert Schumann. Organizado pola Sociedad Filarmónica da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Música e matemáticas”, Concerto en Familia

Sábado Concertos en familia19
Teatro Rosalía de Castro
12:00
Entradas: 3 euros (para nenos até 14 anos, 2 euros).

Concerto en Familia: "Música e matemáticas", dúas disciplinas moito máis cercanas do que pode semellar, polo Grupo de Cámara, organizado polo Consorcio para a Promoción da Música. Dirixido a un público maior de 10 anos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: René Lavand, espectáculo de ilusionismo

mércores, 16 novembro 2011, 10:00 | Category : espectáculos, maxia
Tags : ,

Xoves René Lavand17 e venres 18
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

René Lavand está considerado como o mellor ilusionista do mundo. Grande mestre da "Lentidixitación", faranos percorrer os recunchos máis incribles do asombro coa súa poesía, as súas historias de vida e os seus naipes. A atracción dos seus espectáculos radica nas historias coas que viste as súas ilusións, e no seu expresivo uso da pausa e o silencio.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Konrad”, por Sarabela Teatro

Sábado konrad-cartel12
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 5 euros (abono familiar de 3 entradas por 12 euros).

Dentro do ciclo "Todo Público", "Konrad", por Sarabela Teatro. Imaxinas vivir cun neno que diga sempre "si" a todo e que ademáis non saiba xogar?... Claro que esta clase de mozos tan só poden ser feitos nunha fábrica ou por un ordenador. Recoñecida como unha das compañías máis consolidadas de Galicia, Sarabela Teatro leva 29 anos de traballo nos que o compromiso coa realidade maniféstase en cada un dos seus espectáculos. Con Elena Seijo, Sabela Gago, Fernando Dacosta e Nate Borrajo, baixo a dirección de Ánxeles Cuña Bóveda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía de Castro: concerto de Bettye Lavette

luns, 7 novembro 2011, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : ,

Martes 8
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entradas: 10, 15, 18 e 20 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados: desconto dun 20%).

Concerto de Bettye Lavette, unha das grandes cantantes de soul. Acompañou nas súas xiras a nomes como Otis Redding e James Brown, e á que a Motown ofreceu encher o baleiro deixado por Diana Ross en 1982. O soul, o country, o rock, o funk e o gospel marcan o estilo desta artista inclasificable.

Bettye Lavette

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía de Castro: “Gotas de vida”, gala benéfica de zarzuela

Luns CARTEL7
Teatro Rosalía de Castro
20:00
Entradas: 12 euros.

Gala benéfica de zarzuela a favor de Emalaikat-Turkana-Kenia. Presentada pola Compañía Lírica Ofelia Nieto, baixo a dirección de Antón de Santiago. Con Alba López (soprano), Patricia Morchón (soprano), Carmen Villabril (soprano), Pablo Carballido (tenor), Pedro Martínez-Tapia (barítono), Eliseu Mera (barítono) e Antón de Santiago (barítono), xunto ás colaboracións de Alexis Dez e Pablo Tudela (pianistas), Ballet da Escuela de Danza Carmen (directora: Carmen Mejuto), Camerata Brigantina (director: Florian Vlashi) e Coral Polifónica do Sporting Club Casino da Coruña (director: Juan Pérez Berná).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “E. R. Algún día traballaremos xuntas”, de Josep M. Benet i Jornet

Venres 4, sábado 5 e domingo 6
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, representación de '"E. R." Algún día traballaremos xuntas', de Josep M. Benet i Jornet, pola Compañía Teatro do Atlántico. Na busca de información sobre un personaxe que deberá interpretar e que ten que ver coa biografía de Encarna Ribera, grandísima actriz e profesora xa desaparecida, unha estudante de Arte Dramática visita a tres veteranas profesionais que na súa mocidade foran discípulas daquela. As veteranas actrices, tres mulleres maduras, posúen cada unha a súa verdade sobre E. R. e o sucedido arredor dela. E complementando esas as súas tres verdades, a envexa e o rancor transitan xunto coa tenrura e o afecto tinguindo de matices unha paleta emocional complexa e conmovedora. Con Manuela Varela, María Barcala, Luísa Merelas e Susana Dans, baixo a dirección de Xulio Lago.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “El viento en un violín”, de Claudio Tolcachir

Luns el_viento_en_un_violin_ptc_teatro31
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 8, 10, 13 e 17 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, representación de "El viento en un violín", de Claudio Tolcachir, representada por Teatro Timbre 4. Mulleres que se aman, buscando desesperadamente un fillo. Nais con fillos, desesperados por atopar o seu lugar. Historias de seres ricos e pobres buscándose a vida. E o amor de pensar a vida doutra forma e aceptala talvez, en nome do amor. Con Inda Lavalle, Tamara Kiper, Miriam Odorico, Araceli Dvoskin, Lautaro Perotti e Gonzalo Ruiz, baixo a dirección do propio Claudio Tolcachir.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: VII “Ciclo de Coros Históricos”, co coro Toxos e Froles, Raiola Teatro e Cántigas da Terra

Domingo Ciclo XXI Coros Históricos30
Teatro Rosalía de Castro
19:00
Entradas: 3 euros.

Finaliza o VII "Ciclo de Coros Históricos" Cántigas da Terra, coa actuación do Real Coro Toxos e Froles, Raiola Teatro e Cántigas da Terra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google