Fórum: “Un corazón perfecto”, de Carmen Blanco, por Teterella Teatro

venres, 3 setembro 2010, 11:36 | Category : teatro
Tags : , ,

Sábado 4
Fórum Metropolitano
20:30
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, 4 euros).

Teterella Teatro representa "Un corazón perfecto", interpretada por Marián Rei, Carmen Blanco, Mateo González e Abigail Montiel, baixo a dirección de Carmen Blanco. Xulián Muiños é un home que está a piques de vivir a noite máis intensa da súa vida: a deusa Fortuna vaille conceder a oportunidade de cumprir unha das súas máis ocultas fantasías. Non obstante, complícase todo, xa que a vida, na maior parte das ocasións, non a vivimos nós senón que é ela a que nos vive.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google