O
ciclo das artes escénicas para todas as idades Todo Público presenta na súa tempada 2010 / 2011 un total de 9 espectáculos. Trátase dunha coidada e exquisita selección de espectáculos nacionais e internacionas que non so responden a uns baremos de gran calidade senón tamén de diversidade tanto nas súas propostas artísticas como de procedencia. A proposta artística ofrece unha interesante mestura de diferentes expresións artísticas (teatro, monicreques, música, etc.) e tendencias no mundo do teatro para nenos e nenas no que prima a clave poética e a imaxinación da man das mellores e máis prestixiosas compañías de teatro para nenos e nenas. A diferente orixe dos espectáculos, Finlandia, Italia, Cantabria, Castela e León e Andalucía así como Galicia, pretende á súa vez ser un escaparate do que se está a facer neste ámbito nos diferentes lugares.
O ciclo Todo Público combina como todos os anos funcións para escolares (infantil e primaria), ao longo da semana, e funcións familiares os sábados. As estimacións contan con máis de 15.000 espectadores. Tomarán parte na proposta escolar un total de 52 centros escolares da cidade e da súa comarca con case 13.000 nenos e nenas.
A maior parte do ciclo ten lugar no Forum Metropolitano, levando ao Teatro Rosalía só aqueles espectáculos que polas súas necesidades técnicas ou artísticas requiran dun espazo maior.
Os espectáculos previstos son:
- 13/11/2010. 19:00 h. "Inventos de Calder el ingeniero". La Baracca, Italia. Fórum Metropolitano. Público: +4 anos. Duración: 50 minutos.
- 20/11/2010. 19:00 h. "La doncella de la luna". Auraco, Finlandia. Fórum Metropolitano. Público: + 4 anos. Duración: 40 minutos.
- 27/11/2010. 19:00 h. "La casa del abuelo". La Rous, Andalucía. Fórum Metropolitano. Público: + 5 anos. Duración: 45 minutos.
- 04/12/2010. 19:00 h. "Saltimbanquis". Teatro do Morcego, Galicia. Teatro Rosalía. Público: +5 anos. Duración: 60 minutos.
- 29/01/2011. 19:00 h. "Grillos y luciérnagas". La Machina. Cantabria. Fórum Metropolitano. Público: + 4 anos. Duración: 45 minutos.
- 12/02/2010. 19:00 h. "Josefina". Teloncillo Teatro, Castela e León. Fórum Metropolitano. Público: +7 anos. Duración: 55 minutos.
- 19/02/2011. 19:00 h. "Rosalía a pulga que escribía". Galitoon, Galicia. Fórum Metropolitano. Público: +4 anos. Duración: 50 minutos.
- 26/03/2011. 19:00 h. "Malas palabras". Katarsis, Galicia. Fórum Metropolitano. Público: + 7 anos. Duración: 55 minutos.
- 07/05/2011. 19:00 h. "Cuentos del mundo". Ara Malikian, Armenia. Teatro Rosalía. Público: + 7 anos. Duración: 50 minutos.
As entradas para todos os espectáculos son de 5 euros, cun abono familiar de 3 entradas por 12 euros (como mínimo un adulto e un menor).