Facultade de Filoloxía: concerto de Fred Martins e Ugia Pedreira

Mércores Acrobata9
Salón de Graos da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña
12:30
Entrada libre até completar capacidade.

Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins, onde presentarán o seu disco "Acrobata", nun acto organizado pola Comisión de Normalización de Filoloxía.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Centro Ágora: actividades do Festival DUF do venres 10 de xuño

O venres DUF10 o Centro Ágora desenvolverá varias actividades, dentro do Festival DUF:

- De 18:00 a 21:00 h. Obradoiro de percusión con participación cidadá na Rúa Barcelona e na praza das Conchiñas para realizar un evento colectivo con todo tipo de público interesado.

- 21:30 h. Centro Ágora (Rúa Ágora). Concerto de presentación do novo disco, "Acrobata", de Ugia Pedreira e Fred Martins. Do encontro entre ambos os creadores oriúndos das dúas beiras do Atlántico sae un particular son, entre a canción popular galega e a bossa nova, que parte da importancia da fala común.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins

mércores, 8 xuño 2011, 10:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Xoves Ugia e Fred9
FNAC (Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Actuación en directo de Ugia Pedreira e Fred Martins.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Isto é o que nos foi dado”, homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero

Mércores 24
Teatro Rosalía de Castro
21:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades das Xornadas "Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación", terá lugar o espectáculo "Isto é o que nos foi dado", homenaxe escénica ao autor, dividido en dúas partes: un recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo, e un concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Sereas, sete voces galegas en concerto no Rosalía

sereasO domingo 7 de marzo a partir das 19 horas o Teatro Rosalía acolle o espectáculo SEREAS, que recolle a creación feminina de sete nomes fundamentais da música galega actual. Con este espectáculo pretenden amosar o inmenso potencial creativo das sucesivas xeracións de cantoras e escritoras que as precederon e que usaron a nosa lingua e expresaron sen complexos os seus sentimentos máis profundos. SEREAS é un punto de encontro, un xeito concreto de achegarnos e de apostar pola creación colectiva, pola comunicación e polo coñecemento entre as mulleres que transitamos pola música deste país.

sereas2

As SEREAS son:

Uxía. En 2010 cumpre 25 anos de carreira artística que a convirten nunha das voces máis populares e valoradas de Galicia, Portugal e Brasil. As súas cancións teñen sempre a presenza latente ou explícita da música tradicional, cun tratamento anovador e persoal.

Mercedes Peón. Premio Nacional de Música no 2008. Da recolleita e investigación da tradición popular á vangarda da música galega, é unha das artistas galegas máis destacadas dos primeiros anos do século XXI, con recoñecementos a nivel internacional.

Rosa Cedrón. Cantora e intérprete de violoncello, coñecida por ser durante nove anos a voz do grupo Luar na Lubre, co que mantivo unha intensa actividade con numerosos concertos por todo o mundo. No ano 2.005 abandonou o grupo e iniciou a súa carreira en solitario.

Ugía Pedreira. Unha das voces mais transgresoras e eclécticas do panorama musical. Actualmente lidera o grupo Marful e participa no proxecto Nordestin@s, xunto a Guadi Galego e o pianista Abe Rábade. Ademáis, ten colaborado con numerosos artistas en discos e proxectos conxuntos.

Guadi Galego. Acaba de publicar un disco en solitario baixo o título Benzón, onde se recolle o seu proxecto máis íntimo e persoal. Participa nos proxectos Nordestin@s e Espido, xunto a Guillerme Fernández. Durante 10 anos foi a vocalista e gaiteira de Berrogüeto, banda coa que fixo xiras por todo o mundo.

Silvia Penide. Cantautora, solista pop, experimental, sincera, cercana, dóce. Cos seus tres discos editados conquistou un gran número de fans agrupados en torno ao seu foro de internet. Imparable, está xirando continuamente por toda España.

Sonia Lebedinsky. Cantora do grupo Fia na Roca, fundado nos anos 90 e considerado referencia dentro do noso panorama musical. Cun son elegante e uns arranxos sorprendentes, transforma a tradición para construír un dos repertorios máis importantes da música galega.  

Sereas é o primeiro concerto do Ciclo Caixanova "Música con raíces", que proseguerá ao longo dos meses de marzo, abril e maio.

Apúntate no evento en Facebook

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google