Real Academia Galega: Homenaxe a Nicomedes Pastor Díaz

Xoves 1
Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Homenaxe da Real Academia Galega e a Universidade da Coruña a Nicomedes Pastor Díaz no 200 aniversario do seu nacemento. Luís Caparrós analizará o seu labor poético, faceta literaria na que afondarán tamén o investigador Emílio Xosé Ínsua e o académico Henrique Monteagudo. O doutor Fausto Galdo, pola súa banda, lembrará a relación do intelectual coa súa vila natal e, por último, o académico e historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández dará conta da intensa actividade política do deputado Pastor Díaz. Previamente, ás 17:00 horas, na rúa da cidade que leva o seu nome, terá lugar unha ofrenda floral na que intervirán Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé María Barja, e a poeta Luz Pozo Garza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: obradoiro “Percorrer o ollo da arte”, a cargo de Antía Otero, desde o 18 de outubro

luns, 3 outubro 2011, 9:30 | Category : obradoiros
Tags : , , ,

Do O ollo da artemartes 18 de outubro ao martes 31 de xaneiro de 2012
Sala de Cubo de Normal (Paseo de Ronda, 47. Antiga Escola de Maxisterio)
Todos os martes de 19:00 a 21:00 (30 horas en total)
Prezos: 35 euros membros da comunidade universitaria, 55 euros público xeral
2 créditos de libre elección.

O obradoiro "Percorrer o ollo da arte", a cargo de Antía Otero (Licenciada en Historia da Arte, actriz, escritora e docente na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto), permitirá coñecer, descubrir e valorar o feito contemporáneo e a creación artística actual a través dunha mirada propia. No "ollo da arte" percorrerase (valéndose de nocións teóricas e propostas prácticas ) os novos comportamentos artísticos, motivando que @s participantes propoñan e fagan visibles as súas propias ideas, asi como o traballo e o debate en grupo. Este obradoiro realizarase (con nivel iniciación) no primeiro cuatrimestre, podendo continuar tod@s aqueles/as que o desexen nunha segunda parte prevista para o segundo cuatrimestre.
Na segunda parte de "O ollo da arte", prevista para o segundo cuatrimestre, afondaranse en conceptos, plantexarase nova materia e ofrecerase a posibilidade de desenvolver unha vía de traballo artística personalizada e dirixida para cada participante.

O prazo de matrícula comprende desde o día 30 de setembro até o día 17 de febreiro. A matrícula farase na oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar s/n. planta baixa. Campus de Elviña. Eventualmente pódense recoller as follas de pagamento en NORMAL. Para calquera aclaración, pódense consultar as dúbidas existentes no teléfono 981167000, extensións 1975, 1954, e 1962, ou no correo electrónico cultura.coruna@udc.es.

from Antía Otero on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Curso de verán “Literatura e espazo urbano: ‘Os libros arden mal’, de Manuel Rivas”, do 11 ao 15 de xullo

O curso "Literatura e espazo urbano: 'Os libros arden mal' de Manuel Rivas", celébrase do luns 11 ao venres 15 de xullo na Reitoría da Universidade da Coruña, Casa Museo Casares Quiroga e Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, organizado pola Universidade da Coruña, a Fundación Vicente Risco e a colaboración do Concello da Coruña e a Xunta de Galicia, centrándose na análise da presenza da cidade da Coruña a partir dunha obra literaria, neste caso: "Os libros arden mal", de Manuel Rivas. Como obxectivo final do curso, o alumnado terá que elaborar propostas para roteiros e/ou unidades didácticas que teñan esa obra como referente e punto de partida. Estas propostas serán presentadas ao Concello da Coruña para a súa publicación e difusión. No primeiro día, despois dunha breve introdución á obra realizada polo propio autor, Manuel Rivas, explicarase o plano de traballo para o que se distribuirá o alumnado en catro grupos pequenos (máximo 10 persoas). Cada grupo estará tutorizado por un/unha profesor/a que será quen lle dea as indicacións pertinentes para guiar o seu traballo durante o curso. Este traballo terá unha primeira fase a partir das sesións (teóricas e prácticas) que se levarán a cabo nos talleres multidisciplinares, cada un deles dirixido por un/unha docente pertencente a diferentes ámbitos do coñecemento (arquitectura, urbanismo, socioloxía e arte); a segunda fase do traballo consistirá na elaboración, sempre guiada polos/as profesores/as tutores/as, de materiais didácticos sobre a cidade da Coruña creados a partir da novela de Manuel Rivas, que serán entregados á Concellaría de Cultura para a súa difusión e utilización no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
Nota: Sería necesario que o alumnado lese a obra antes do comezo do curso, polo que a obra se entregará (na Oficina de cursos da UDC) como agasallo ao formalizar a matrícula -para un máximo de 36 alumnos- (toda a información sobre este proceso aquí).
* RELACIÓN DE TUTORAS/ES:
- 2 profesoras-tutoras: María dos Anxos González Refoxo e Mercedes Queixas Zas.
- 2 profesores-tutores: José Alfeirán e Luis Martínez-Risco Daviña.
Os/as catro son profesores/as de Ensino Secundario, con recoñecida experiencia na elaboración de unidades didácticas e outros materiais para o ensino e a difusión do noso patrimonio cultural.
* RELACIÓN DE PROFESORES/AS DOS OBRADOIROS MULTIDISCIPLINARES:
- Arquitectura: Pablo Gallego Picard (Arquitecto e profesor da UDC).
- Arte: Xosefa Cerviño Lago (Catedrática de Historia e prof. Asociada na UDC).
- Socioloxía: Xosé Leira López (Profesor Titular de Socioloxía na UDC).
- Urbanismo: María José Piñeira (Profesora Asociada na USC).

PROGRAMA DO CURSO

Luns 11 de xullo
MAÑÁ [Reitoría: sala de xuntas do Consello de Goberno]
- 10:00 h. Recepción de asistentes.
- 10:30-11:00 h. Inauguración polas autoridades académicas e institucionais.
- 11:15-12:15 h. Conferencia inaugural a cargo de Manuel Rivas: "O autor fala da súa obra [título por definir]".
- 12:30-13:30 h. Presentación do plano de traballo e organización dos grupos.
TARDE
- 16:30-20:30 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña].

Martes 12 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Mércores 13 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Posta en común co/a tutor/a.

Xoves 14 xullo
MAÑÁ

- 10:00-14:00 h. Traballo de Campo [breve sesión na Casa Casares Quiroga e rota pola Coruña]
TARDE [Filoloxía]
- 16:30-20:30 h. Traballo co/a tutor/a. Posta en común con correccións.

Venres 15 xullo
MAÑÁ [Filoloxía]
- 10:00-14:00 h. Posta a punto das propostas co/a tutor/a. Elaboración final das diversas propostas de materiais didácticos para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
TARDE [Casa Casares Quiroga]
- 17:00-19:00 h. Presentación pública das diversas propostas de publicación elaboradas para seren entregadas a Concellaría de Cultura para o seu uso no ámbito da difusión cultural, pedagóxica e/ou turística.
- 19:00-20:00 h: Conferencia de clausura a cargo de Javier Gómez Montero: "O conxuro anamnésico de 'Os libros arden mal'".
- 20:00-20:15 h. Clausura do curso polas autoridades académicas e institucionais.
- 20:30-22:00 h. Concerto de clausura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“V Ciclo de Novos Intérpretes”: “Zarzuela en pequeño formato”, da Camerata Vocal da Universidade e o Coro de Cámara

Domingo 19
Museo de Belas Artes (Zalaeta, s/n.)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Aula de Música da Universidade da Coruña organiza este concerto, dentro do "V Ciclo de Novos Intérpretes", dirixido especialmente ao estudantado universitario, no que a Camerata Vocal da Universidade da Coruña e o Coro de Cámara da Coruña interpretarán "Zarzuela en pequeño formato", con Olga Raíces e María Blanco Moar (sopranos), Javier Prego e Carlos Regalado (tenores) e Fernando Enseñat-Berea (barítono), cun programa composto por obras de Amadeo Vives, José Serrano, Pablo Luna e Pablo Sorozábal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “A ópera Inés e Bianca, de Marcial del Adalid” e o CD “Música para piano a catro mans”, do mesmo autor

Mércores Marcial del Adalid8
Paraninfo da Universidade (Maestranza, 9)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do libro "A ópera Inés e Bianca, de Marcial del Adalid" por Luis Caparrós Esperante e Julián Jesús Pérez Fernández. Seguidamente preséntase o CD "Marcial del Adalid: Música para piano a catro mans", coa intervención de José Manuel Yáñez Carballeira e Genaro Fernández (ao final interpretarán unha peza de Marcial del Adalid para piano a catro mans).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Universidade da Coruña: presentación do número 189 da revista Grial

Luns Grial 1896
Sala de Prensa da Reitoría (Maestranza, 9)
13:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do número 189 da revista Grial, publicada por Galaxia, coa participación de Víctor F. Freixanes, codirector da revista, Carlos Fernández, coordinador do número, e Carlos Amoedo, profesor de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña, e colaborador deste número, titulado "Valar o común?".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Voces nas letras”, lectura pública aberta no Paraninfo da Reitoría o 23 de maio

"A Universidade da Coruña quere convidarvos a participar de modo activo nunha lectura pública aberta ao conxunto da cidadanía, "Voces nas Letras", que se desenvolverá o luns, 23 de maio, entre as 10:00 e as 14:00 horas no Paraninfo da Reitoría (Maestranza, s/n, A Coruña). Por cuestións organizativas solicitamos que nos fagades chegar ao enderezo electrónico vocesnasletras@udc.es as vosas propostas de textos, que deben cumprir as seguintes condicións:
- 1) Os textos para ler estarán escritos en lingua galega, con independencia de seren traducidos doutra lingua.
- 2) Non existen limitacións temáticas nin estilísticas ou de autoría.
- 3) A duración da lectura non poderá exceder os cinco minutos.
- 4) A propia persoa propoñente será quen o lea.
- 5) Acéptanse, xustificadamente, como alternativa aos textos outras intervencións, como execucións musicais, mimo, danza etc., sempre que estas non superaren tamén os cinco minutos.

As propostas poden enviarse ao enderezo arriba mencionado até o mércores, 18 de maio."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“V Ciclo de Novos Intérpretes”: recital de guitarra por Carlos Villarino

Xoves 12
Igrexa da Venerable Orde Terceira (Praza Carlos I, s/n.)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Aula de Música da Universidade da Coruña organiza o terceiro concerto do "V Ciclo de Novos Intérpretes", dirixido especialmente ao estudantado universitario, cun recital de guitarra a cargo de Carlos Villarino, cun programa composto por obras de Johann Sebastian Bach, Fernando Sor, Joaquín Turina e Leo Brouwer.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: terceira conferencia “Achégate ao sur”

mércores, 13 abril 2011, 10:21 | Category : conferencias
Tags : , ,

Xoves 14
Normal (Paseo de Ronda, 47)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Esta é a terceira charla do ciclo de conferencias sobre Cooperación ao Desenvolvemento "Achégate ao sur", cuxa finalidade é promover a convocatoria de proxectos de coñecemento da realidade e o traballo que as ONGD están a realizar nos países en vías de desenvolvemento. A ONGD Acoes Honduras exporá os proxectos que ten en Honduras para que o alumnado poida colaborar neles a través da convocatoria da Oficina de cooperación e desenvolvemento da Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Encontro Internacional: Conservando a Riqueza da Vida na Terra” no Aquarium

O mc2CEIDAmércores 13 de abril comeza o "Encontro Internacional: Conservando a Riqueza da Vida na Terra", organizado polo Ceida e os Museos Científicos Coruñeses, que se celebrará do 13 ao 15 de abril no Castelo de Santa Cruz (Oleiros) e no Aquarium Finisterrae (A Coruña). A sesión inaugural terá lugar no Castelo de Santa Cruz ás 9:45 horas, coa intervención de José Jiménez García-Herrera, director xeral de Medio Natural e Política Forestal do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, que falará sobre "O desafío de conservar a riqueza da vida na Terra". Neste Encontro participarán expertos internacionais e representantes de relevantes institucións relacionadas coa conservación e xestión dos recursos naturais. O obxectivo é dar a coñecer os desafíos aos que se enfronta a conservación da riqueza da vida na Terra, tanto desde unha perspectiva global como facendo referencia a diferentes lugares emblemáticos do planeta. Así mesmo, preténdese divulgar actuacións e traballos de investigación que se están a desenvolver desde distintas institucións a prol da biodiversidade, así como amosar distintas ferramentas e instrumentos que nos capacitan para a conservación dos valores naturais e das áreas protexidas. O Encontro está dirixido a xestores de espazos naturais, estudantes universitarios, educadores ambientais, guías de espazos naturais protexidos, grupos ecoloxistas, técnicos medioambientais, axentes de desenvolvemento local, público en xeral. Coa colaboración da Universidade da Coruña, Universidade de Vigo, Universidade de Santiago de Compostela, e o patrocinio de Nova Caixa Galicia e o Programa "Bo para o mar, bo para ti".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Encontro de danza” no “Festival Independente de Teatro Universitario da Coruña”, FITEUC 2011

Martes FITEUC5
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Comeza a programación do XVIII "Festival Independente de Teatro Universitario da Coruña" (FITEUC 2011), co "Encontro de danza FITEUC", no que se representarán fragmentos das seguintes pezas:
- "Rede na rede", Rut Balbís (Universidade da Coruña).
- "Ancoraxe", Begoña Cuquejo e Marta Alonso (Dou-tras, Universidade de Vigo).
- "Empatía", Juan Carlos Zahera e Amparo Novás (Espazo de danza da Universidade de Santiago).
- "Son[h]o Dor-mente", Rui Pires (Teatrubi-Asta, Universidade de Beira Interior, Portugal).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

E. T. S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos: mesa redonda sobre comercio xusto e consumo responsable

Martes 22
E. T. S. de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos (Campus de Elviña)
18:00
Entrada libre até completar capacidade.

Mesa redonda sobre comercio xusto e consumo responsable. Intervirán: Clara Raposo (A Cova da Terra), Carmen Beltrán (Intermón Oxfam), María Paz Gutiérrez (Solidariedade Internacional Galicia) e Marcial Blanco (Zocaminhoca). Organizada por Enxeñería sen Fronteiras Galicia e Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“V Ciclo de Novos Intérpretes”: concerto de “Sonatas do Romanticismo para violín e piano”

Luns 21
Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Aula de Música da Universidade da Coruña interpreta o segundo concerto do "V Ciclo de Novos Intérpretes", dirixido especialmente ao estudantado universitario, dedicado a "Sonatas do Romanticismo para violín e piano". O programa está conformado por obras de Johannes Brahms e César Franck, interpretados por Ana María Martínez Sedes (violín) e Miguel Ángel Gómez González-Vallés (piano).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: III Edición do Ciclo “Luns con Ciencia”: “A saúde é o primeiro”

Por Cartaz A saúde é o primeiroterceiro ano consecutivo os Museos Científicos Coruñeses celebran o ciclo de divulgación científica "Luns con Ciencia". Nesta edición o tema central é a saúde, tratando específicamente os transplantes, os hábitos cardiosaudables e a obesidade. Por iso, ademáis da colaboración da Universidade da Coruña (Unidade de Divulgación Científica), contaráse coa do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC). Ao longo das sesións, diversos expertos trasladarán ao público diferentes aspectos relacionados cos temas tratados, intervencións que serán seguidas de debates. O ciclo está dirixido ao público xeral, persoas interesadas pola divulgación científica, alumnado e profesorado da universidade. Están solicitados 2 créditos de libre elección para o alumnado da Universidade da Coruña que asista. A inscrición pódese realizar chamando ao teléfono 981-189840 begin_of_the_skype_highlighting              981-189840      end_of_the_skype_highlighting entre as 09:00 e as 14:00 h. Aquí se pode descargar o cartel: III Ciclo Os luns con ciencia Domus.
As conferencias celebraránse na Domus (Rúa Santa Teresa 1. A Coruña) ás 20:00 horas. O programa deste ano é o seguinte:

- Luns 14 de marzo. "Doazón e transplante de órganos en vida: un exemplo de solidariedade". Antón Fernández. Coordinador de Transplantes do CHUAC.

- Luns 21 de marzo. "Retos do transplante hepático". Francisco Suárez. Hepatólogo Programa Transplante Hepático do CHUAC.

- Luns 28 de marzo. "A tecnoloxía do transplante renal en imaxes". José Manuel García Buitrón. Urólogo Programa de transplante Renal do CHUAC.

- Luns 4 de abril. "Transplante pulmonar: a innovación ao servizo dos pacientes". José María Borro. Xefe Programa Transplante Pulmonar e Xefe de Servizo de Cirurxía Torácica do CHUAC.

- Luns 11 de abril. "Unha viaxe ao redor do corazón: mitos e realidades. A Coruña: Corazón do Corazón". Alfonso Castro Beiras. Xefe de Servizo de Cardioloxía do CHUAC.

- Luns 2 de maio. "Como se trata o paciente con infarto agudo de miocardio en Galicia?". Nicolás Vázquez González, Coordinador da Unidade de Hemodinámica do CHUAC, e José Antonio Iglesias Vázquez, Director da Fundación 061.

- Luns 9 de maio. "Exercicio físico, deporte e corazón. Podemos previr?". Lorenzo Monserrat. Cardiólogo, Unidade de Cardiopatías Familiares do CHUAC.

- Luns 23 de maio. "Do home primitivo ao home obeso". Ovidio Vidal, Xefe do Servizo de Endocrinoloxía do CHUAC.

- Luns 30 de maio. "A Obesidade, o buraco negro metabólico". Fernando Cordido. Endocrinólogo do CHUAC.

- Luns 6 de xuño. "A diabetes e a súa alianza coa biotecnoloxía". Teresa Martínez Ramonde. Endocrinóloga do CHUAC.

- Luns 13 de xuño. "Mais aló da obesidade e da diabetes: Efectos colaterais". Alfonso Soto González Endocrinólogo do CHUAC.

- Luns 20 de xuño. "Obesidade, unha epidemia que se pode combater". Susana Monereo Megías. Xefa do Servizo de Endocrinoloxía e Nutrición do Hospital Universitario de Xetafe.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Normal: Obradoiro “Percorrer o ollo da arte”, por Antía Otero

mércores, 9 marzo 2011, 10:58 | Category : obradoiros
Tags : , , ,

Martes, desde o 15 de marzo
Normal (Paseo de Ronda, 47)
De 19:00 a 21:00
Inscrición: 55 euros público xeral, 35 euros membros da Universidade da Coruña (neste caso a segunda matrícula é de 30 euros). A matrícula farase na oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar s/n. planta baixa. Campus de Elviña. O teléfono de información é o 981-167 000, nas extensións 1975, 1954, e 1962. Prazo de matrícula até o luns 14 de marzo.

"Percorrer o ollo da arte" é un obradoiro que camiña polos diferentes estamentos que a ollada debe transitar para coñecer, descubrir e valorar o feito e a creación artística contemporánea a través da multidisciplinariedade. Está impartido por Antía Otero, licenciada en Historia da Arte, creadora, actriz, escritora e docente na Escola de Teatro e Danza Espazo Aberto. Iníciase o martes 15 de marzo ás 19:00 h., cun total de 30 horas e un máximo de 20 persoas. Están solicitados 2 créditos de libre elección á Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google