Normal: Obradoiro de jazz, por Gastón Rodríguez

venres, 4 marzo 2011, 9:09 | Category : música, obradoiros
Tags : , , ,

Xoves, desde o 10 de marzo
Normal (Paseo de Ronda, 47)
De 18:30 a 20:30
Inscrición: 55 euros público xeral, 35 euros membros da Universidade da Coruña (neste caso a segunda matrícula é de 30 euros). A matrícula farase na oficina da Área de Cultura da Coruña. Casa do Lagar s/n. planta baixa. Campus de Elviña. O teléfono de información é o 981-167 000, nas extensións 1975, 1954, e 1962. Prazo de matrícula ata o día 7 de marzo.

Obradoiro que propón unha viaxe pola historia do jazz a través da análise das obras, de audicións comentadas e da súa contextualización histórica, co fin de proporcionar as ferramentas esenciais para podermos gozar desta rama fundamental da música. O profesor é Gastón Rodríguez, músico e graduado superior de Jazz no Conservatorio da Coruña. Iníciase o xoves 10 de marzo ás 18:30 h., cun total de 30 horas e un máximo de 20 persoas. Están solicitados 2 créditos  de libre elección á Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Congreso Uxío Novoneyra”, do 17 ao 19 de febreiro

Xoves Novoneyra_Cartaz_117, venres 18 e sábado 19 de febreiro
Xoves 17 e venres 18 no Salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
Sábado 19 no Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza s/n.)
Inscrición gratuíta. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico a  secretaria at realacademiagalega.org en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono. Admitirase un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición. Solicitáronse dous créditos de libre configuración na Universidade da Coruña (20 horas). Entregarase un diploma de asistencia aos inscritos que acrediten ter participado en todas as sesións.

O "Congreso Uxío Novoneyra" está organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Universidade da Coruña e da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, co seguinte programa:

* Xoves 17. Salón de Actos da Real Academia Galega.
- 9:00 a 9:30 h.: Recepción e entrega de documentación.
- 9:30 a 10:00 h.: Inauguración.
- 10:00 a 10:45 h.: Conferencia inaugural de Pilar García Negro: "Novoneyra. Nova xeira. A poesía como antídoto contra o ruído".
- 10:45 a 12:00 h.: Comunicacións:
Ana Acuña. "Presenza de Uxío Novoneyra en Madrid".
Chus Nogueira. "A lingua literaria de Uxío Novoneyra".
Olivia Rodríguez. "Uxío Novoneyra, recitador".
- 12:30 a 13:00 h.: Relatorio de Xosé Benito Reza: "Natureza e paisaxe no Courel".
- 13:00 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
- 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Luís Cochón: "Romanceiro e cancioneiro tradicional en Uxío Novoneyra".
- 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Patiño: "Uxío Novoneyra: a escrita do corpo".
- 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Luís Alonso Girgado: "Diversidade interno-externa e multiplicidade textual en Uxío Novoneyra".
- 18:00 a 19:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.

* Venres 18. Salón de Actos da Real Academia Galega.
- 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Carlos Paulo Martínez Pereiro: "A palabra deseñada".
- 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Anxo Angueira: "Un poeta con terra e pobo".
- 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Claudio Rodríguez Fer: "Correspondencia entre Valente e Novoneyra: poetas da fala no labirinto das linguas".
- 12:00 a 12:30 h.: Relatorio de Carme Blanco: "A liberdade das amadas mulleres".
- 12:30 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
- 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Teresa López: "Uxío Novoneyra: os camiños á Idade Media".
- 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Lopo: "Uxío Novoneyra na distancia do lobo".
- 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Xesús Alonso Montero: "O primeiro libro de Novoneyra: 'Abrojos' (1948)".
- 18:15 a 19:00 h.: Recital poético con Yolanda Castaño, Salvador García-Bodaño, Luz Pozo e Manuel Rivas.

* Sábado 19. Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza).
- 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Xosé Ramón Freixeiro Mato: "Lingua e estilo na obra de Uxío Novoneyra".
- 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Branca Novoneyra Rei: "Ata cando este tempo de elexía".
- 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Darío Xohán Cabana: "Aspectos formais da poesía de Uxío Novoneyra".
- 11:30 a 12:00 h.: Relatorio de Uxío Novoneyra Rei: "Língoa sen maos".
- 12:30 a 13:15 h.: Conferencia de clausura de Ramón Lorenzo Vázquez: "Polos eidos poéticos de Novoneyra".
- 13:15 a 14:00 h.: Clausura.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Axeitos, Carlos Paulo Martínez Pereiro e Carme Vilariño.

Deixamos aquí o programa completo en .pdf para ser descargado libremente: Congreso Uxio Novoneyra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Recital de piano: Do Barroco ao Século XXI”, por Federico Mosquera, no V Ciclo de Novos Intérpretes

Mércores 16
Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Aula de Música da Universidade da Coruña presenta o "V Ciclo de Novos Intérpretes", formado por cinco concertos ben diferentes: un recital de piano, outro de violín e piano, un cuarteto de cordas, un recital de guitarra e un programa de zarzuela "á moderna", é dicir, en versión camerística, con solistas, coro e piano. Está dirixido especialmente ao estudantado universitario. O primeiro concerto consiste nun "Recital de piano: Do Barroco ao Século XXI", no que Federico Mosquera interpretará obras de Bach, Beethoven, Berg, Someso e Chopin.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital extraordinario de piano por Humberto Quagliata, no I Ciclo de Concertos “Música nos Campus”

Martes 15
Paraninfo da Reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Aula de Música da Universidade da Coruña celebra este novo ciclo de concertos co obxecto de facilitar ao alumnado da universidade o achegamento á audición musical en directo dun xeito máis directo e informal. O segundo dos concertos consistirá nun recital extraordinario do pianista Humberto Quagliata sobre "O piano en América do Sur: do Nacionalismo até a abstracción".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Museos Científicos: Galerías da UDC nos mc2

"Galerías da UDC nos mc2" é un proxecto realizado entre dúas institucións científicas relevantes da cidade, os Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña, froito dun conxunto amplo de colaboracións que se desenvolve entre ambas entidades. As "Galerías da UDC" pretenden amosar o labor investigador dalgúns dos equipos científicos que traballan na universidade, contribuindo á visualización desa actividade entre o público, neste caso entre os visitantes dos Museos Científicos Coruñeses. O obxectivo final das intervencións é, por tanto, informar ao público e estimular o interese pola ciencia, achegar aos investigadores á sociedade. O propio nome de "Galería" alude ao carácter de fiestra pola que o público pode asomarse e ollar o que se fai no interior da UDC, utilizando como denominación algo que forma parte do patrimonio identitario da cidade herculina. Este novo espazo forma parte da contribución dos Museos Científicos Coruñeses e a Universidade da Coruña á celebración do Ano Internacional da Química.
A primeira "Galería da UDC" ábrese agora no Aquarium Finisterrae, nun espazo dentro da sala Humboldt, onde se presentan dous traballos; un sobre a loita contra organismos incrustantes e outro sobre novos tratamentos contra as bacterias patóxenas. No primeiro caso, o grupo de investigación PRONAMAR (Productos Naturais Mariños) da Universidade da Coruña presenta o proxecto no que está a traballar, unha sustancia obtida dunha esponxa mariña que podería ser eficaz paa evitar as incrustacións de organismos acuáticos nas superficies somerxidas de barcos, canos ou plataformas petrolíferas, un problema que ocasiona grandes perdas económicas e de rendemento. No segundo, o grupo PRONAMAR da UDC e o Grupo de Microbioloxía da Universidade de Santiago traballan cunha sustancia que as bacterias mariñas empregan para transportar ao seu interior o ferro que precisan; esta sustancia podería converterse no laboratorio nun cabalo de Troia para introducir antibióticos na bacterias patóxenas, o que sería de especial utilidade no tratamento de peixes nas granxas acuícolas.
Neste mesmo ano está previsto abrir unha nova "Galería", neste caso na Domus.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto “Sonatas a la italiana“, no I Ciclo de Concertos “Música nos Campus”

Mércores 9
Salón de Actos da Facultade de Dereito da Universidade da Coruña (Campus de Elviña)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

A Aula de Música da Universidade da Coruña celebra este novo ciclo de concertos co obxecto de facilitar ao alumnado da universidade o achegamento á audición musical en directo dun xeito máis directo e informal. Pretendemos crear novos públicos e motivalos cara á asistencia habitual aos espectáculos de música de autor (a chamada "clásica"). No primeiro dos concertos, "Sonatas a la italiana", tocaranse obras de D. Gabrieli, B. Marcello, A. Piccinini, Zamboni e A. Vivaldi. Os seus intérpretes son: Carolina Landriscini e Carlos García Amigo, violoncellos barrocos; e Diego Rojo, arquilaúde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Apertura de “NORMAL”, novo espazo de intervención cultural

luns, 7 febreiro 2011, 13:19 | Category : presentacións
Tags : ,

Luns 7
Normal (Paseo de Ronda, 47), antigo edificio de Maxisterio
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

"NORMAL" é o espazo de intervención cultural da Universidade da Coruña. No momento da súa construción, 1955, o edificio deseñado por Antonio Tenreiro foi a Escola Normal de Maxisterio. "NORMAL", por outro lado, arrastra significados que, desde o punto de vista do proxecto cultural que se presenta, só cabe interpretar en clave irónica: norma, regra, sistema, forma previsible ou incluso simetría, isto é, aquilo mesmo que aquí se cuestiona. A norma define unha resposta que non precisa interrogación. "NORMAL" quer ser, porén, permanente interrogación. Un espazo de intervención para novas linguaxes, aberto ás culturas urbanas. "NORMAL" é un colector cultural composto por tres espazos: Sala de exposicións, Cubo e Almacén. A Sala de exposicións será o lugar para as novas linguaxes artísticas, como a que se abre esta mesma tarde "Agora é isto" que se enmarca dentro do que denomina arte urbana. O Cubo é un auditorio polivalente que albergará ciclos de cine, conferencias, cursos, etc.; mentres que no Almacén os visitantes poderán consultar obras de referencia no mundo da arte e conectarse a Internet ademais de servir tamén de segunda sala de exposicións.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: conferencia “Arqueoloxía galega no berce da civilización”, por Juan Luis Montero e Eloy Taboada

Mércores 26
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

O investigador Juan Luis Montero e o fotógrafo Eloy Taboada falarán, na conferencia "Arqueoloxía galega no berce da civilización", sobre os traballos desenvolvidos no proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio, da Universidade da Coruña, nos que teñen especial relevancia o estudio do nacemento da escritura, rasgo de identidade humana. Na primeria parte da charla, o Dr. Montero fará unha presentación das investigacións arqueolóxicas no Val do Medio-Éufrates sirio. É unha iniciativa científica de grande interese para o estudo das diferentes civilizacións que habitaron o Próximo Oriente dende finais do IV milenio a.C. O seu obxectivo principal e, polo tanto, o motivo do seu nacemento é examinar unha zona situada na Siria actual, denominada polos especialistas da antigüidade próximo-oriental, a conca sirio-mesopotámica. A continuación terá lugar unha proxección audiovisual na que se dá a coñecer o contexto cultural e humano da expedición a través das fotografías de Eloy Taboada, fotógrafo do proxecto.
Juan Luis Montero é profesor de Historia Antigua, Vicedecano da Facultade de Humanidades da UDC (Campus de Ferrol) e director da expedición Arqueolóxica da UDC en Siria, pioneira en Galicia. Participou en varios proxectos de investigación de universidades francesas sobre arqueoloxía sirio-mesopotámica e foi membro da Misión Arqueolóxica Francesa a Mari (Siria). Recibiu diversos premio polo seu traballo, como o Premio Concepción Arenal de Investigación en Humanidades en 2004, e foi nomeado polo primeiro ministro de Francia Cabaleiro da Orde das Palmas Académicas.
Eloy Taboada é o fotógrafo da exposición sobre o proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio que actualmente se expón na Domus. Colaborou en revistas e diarios como Historia de Nacional Geographic, Clío, Sirio Magazine, La Voz de Galicia, entre outros, e recibiu dúas mencións de honra nas categorías de Belas Artes e de Natureza no certame fotográfico "International Photography Awards", celebrado en Os Ánxeles (EE.UU).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Domus: exposición fotográfica “Éufrates: un río de historias”

Desde o martes 21 de decembro ao sábado 29 de xaneiro
Domus (Rúa Santa Teresa, 1)
De luns a domingo de 10:00 a 19:00 h. Pechado o 25 de decembro, o 1 de xaneiro e o 6 de xaneiro.

O obxectivo desta exposición fotográfica é dar a coñecer o Proxecto Arqueolóxico Medio Éufrates Sirio (PAMES) da Facultade de Humanidades da Universidade da Coruña. Pretende mostrar unha pequena parte do traballo que este equipo sirio-español desenvolve nun proxecto de investigación na arqueoloxía máis antiga de Siria, a través dunha selección de imaxes que mostran o traballo de campo destes profesionais entre os anos 2005 e 2009. Visualizar a beleza dunha imaxe, o traballo dun grupo de investigadores que aman o que fan e ao mesmo tempo a maxia do país sirio son algunhas das sensacións que o espectador captará dende un primeiro momento. O PAMES é unha iniciativa científica de grande interese para o estudo das diferentes civilizacións que habitaron o Próximo Oriente dende finais do IV milenio a.C Encádrase pois na Orientalística antiga, unha disciplina apenas desenvolvida no ámbito dos estudos humanísticos no noso país. O obxectivo principal do PAMES é, polo tanto, o motivo do seu nacemento é examinar unha zona situada na Siria actual, denominada polos especialistas da antigüidade próximo-oriental, a conca sirio-mesopotámica. A área elixida para a investigación é un sector do val do río Éufrates duns 60 km de lonxitude, na provincia de Deir ez-Zor. Nesta zona englóbanse varias liñas de estudo:
- A fronteira setentrional do reino Mari.
- Os albores da historia (primeiras cidades e primeiros textos conservados)
- As canles de navegación, primeiros viaxeiros e exploradores europeos (s. XIX e XX)
- A política expansionista dos asirios (s. XIV-VII a.C)
- O limes oriental do Imperio Romano (s. VII d.C)
- As primeiras sociedades agropecuarias (VIII milenio a.C)
Unha multiplicidade de liñas de actuación, algunhas aínda en estado embrionario, converten o PAMES nun macroproxecto de gran potencial científico no campo da Prehistoria e fundamentalmente da Historia Antiga do Próximo Oriente.
O proxecto PAMES será ademais obxecto dunha intervención a principios de 2011 na Domus encadrada nunha nova liña de actuación en colaboración coa Universidade da Coruña, a Galería UDC. As salas de exposicións dos Museos Científicos Coruñeses abrirán espazos dedicados á presentación de proxectos de investigación desenvolvidos na Universidade da Coruña. Ademais da Galería UDC na Domus, dedicada ao proxecto PAMES, está previsto abrir outra na sala Humboldt do Aquarium.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xornadas “Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación”

As Xornadas Carvalho CaleroXornadas Ricardo Carvalho Calero: ciencia, literatura e nación, organizadas pola Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, a Concellaría de Cultura e a Universidade da Coruña, terán lugar os días 24, 25, 26 e 27 de novembro, na Sala de xuntas da Reitoría (Maestranza), co obxectivo de achegarse á súa vida e obra tanto desde a súa faceta literaria como da propia historia, dando visibilidade a un dos grandes da literatura galega e darlle o recoñecemento que merece. O programa é o seguinte:

Mércores 24
17:00 - 17:30 h. Recepción e entrega de material.
17:30 - 17:40 h. Inauguración.
17:40 - 20:30 h. Mesa redonda "Ricardo Carvalho Calero na memoria".
- Proxección de "Carvalho Calero: a posibilidade de rectificar a história", Francisco Salinas Portugal, 1988.
- Presenta, introduce e modera: Carme Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e profesora do departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.
- Participan:
* Carmen Blanco, escritora e profesora titular de Literatura Galega da Universidade de Santiago de Compostela na Facultade de Humanidades do Campus de Lugo.
* Araceli Herrero, escritora e profesora na Universidade de Santiago de Compostela.
* Aurora Marco, escritora e profesora de Didáctica da Lingua e a Literatura Galega na Facultade de CC da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.
* Francisco Pillado, escritor, actor e profesor.
* Miguel Anxo Fernán Vello, escritor e director de Edicións Espiral Maior.
21:00 h. Espectáculo no Teatro Rosalía de Castro: "Isto é o que nos foi dado". Homenaxe escénica a Ricardo Carvalho Calero:
* 1ª Parte: Recital a cargo de Lino Braxe, Flor Maceira, Santiago Fernández e Manu Clavijo.
* 2ª Parte: Concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.

Xoves 25
18:00 - 20:00 h. Mesa redonda: "Pensamento, intervención e ciencia".
- Presenta, introduce e modera: Mª do Pilar García Negro, escritora e profesora titular do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña: "Ensaio lingüístico e literario".
- Participan:
* Francisco Rodríguez, Licenciado e Doutor en Filoloxía Románica e Catedrático de Literatura Española: "O compromiso co nacionalismo".
* José Luís Rodríguez, profesor e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela: "O labor universitario".
20:10 - 21:40 h. Presentación do libro "Cautiverio de Fingoi. Os anos lugueses (1950-1965) de D. Ricardo Carvalho Calero" e proxección do vídeo inédito do seu autor, R. Raimunde Noreña.

Venres 26
17:00 - 21:00 h. "A creación literaria".
17:00 - 18:15 h. "A poesía de Ricardo Carvalho Calero".
- Conferencista: Francisco Salinas, profesor titular da Universidade da Coruña.
- Argüente: César Morán, profesor asociado da Universidade da Coruña e catedrático de Lingua e Literatura Galega no IES Agra do Orzán.
18:15 - 19:45 h. "A narrativa de Ricardo Carvalho Calero".
- Conferencista: Claudio Rodríguez Fer, Licenciado en Filoloxía Hispánica, profesor na Universidade de Santiago e ocasionalmente en Nova York e na Bretaña.
- Argüente: Henrique Rabuñal Corgo, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, escritor e profesor.
19:45 - 21:00 h. "O teatro de Ricardo Carvalho Calero".
- Conferencista: Laura Tato, Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e profesora titular das Facultades de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña.
- Argüente: Carlos C. Biscaínho, profesor do Departamento de Galego-Portugués, Francés e Lingüística da Universidade da Coruña.

Sábado 27
10:00 - 13:00 h. Mesa redonda "O pensamento lingüístico de Ricardo Carvalho Calero".
- Presenta, introduce e modera: Xosé Ramón Freixeiro Mato, profesor titular da área de Filoloxías Galega e Portuguesa da Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña.
- Participan:
* Rosario Álvarez Blanco, profesora de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela: "A gramática galega no século XX: O contributo de Carvalho Calero".
* Martinho Montero Santalha, profesor catedrático da Universidade de Santiago de Vigo: "Etapas do pensamento lingüístico de Carvalho Calero".
* Goretti Sanmartín, profesora titular de Filoloxía Galega na Universidade da Coruña: "A sociolingüística galega antes e despois de 1936. O contributo de Carvalho Calero".
* Bernardo Penabade Rei, Licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela: "Carvalho Calero, planificador da língua galega".
13:00 - 14:00 h. Visita guiada á exposición sobre Carvalho Calero instalada na Casa Casares Quiroga da Coruña.
14:00 h. Clausura.

A matrícula realizarase a través da web da AS-PG, no apartado de Formación. O prezo da matrícula é de:
- Socios/as da AS-PG. 11 euros.
- Parados: 21 euros.
- Normal: 41 euros.
- Estudantes universitarios: gratuíta. Os/as estudantes universitarios, á hora de rexistrarse para facer a matrícula, deben indicar, onde pide o número de rexistro persoal, que son universitarios/as.

O número de prazas é limitado e cubrirase por rigorosa orde de inscrición tendo en conta que hai unha reserva máxima dun 30% para aquelas persoas que nunca traballasen como docentes para a Consellería de Educación. Os estudantes non se contabilizan nesta porcentaxe. Solicitada a homologación por 15 horas lectivas.

Aquí se pode descargar o programa en .pdf: Xornadas Ricardo Carvalho Calero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña 2010. A cidade que le: actividades do cuarto trimestre

Detallamos A cidade que lea continuación as actividades deste cuarto trimestre da campaña A cidade que le. Nesta última fase da campaña de lectura participan as Bibliotecas da cidade pero tamén outras entidades: Universidade da Coruña,  Fundación Manuel María, Asociación Sócio-Pedagóxica Galega, Asociación de Escritores en Lingua Galega e Real Academia Galega:

- A BIBLIOTECA DO CONSULADO E AS XOIAS DA ILUSTRACIÓN TARDÍA. Unha visita guiada o 2º xoves de cada mes, ás 18:00 h. para amosar á cidadanía a biblioteca da fundación pública máis antiga do estado e os seus fondos. É preciso anotarse no número de teléfono 981 206 274 begin_of_the_skype_highlighting              981 206 274      end_of_the_skype_highlighting ou no correo electrónico  bibliocasaconsulado at gmail.com.

- VISITAS GUIADAS Á REAL ACADEMIA GALEGA. Para coñecer os fondos e pezas senlleiras que acolle esta institución, realízanse visitas guiadas todos os mércores de novembro ás 17:30 h. É preciso anotarse no teléfono 981 189 830, ext. 12026 ou no correo electrónico  cultura at coruna.es. Realizadas pola propia Real Academia Galega.

- OS XOVES NA SAGRADA. O encontro con culturas doutros países a través da súa música. Neste caso música do Brasil con Bernando Tonasse, músicas e bailes do Senegal con Gal Sene, de Cabo Verde, Angola, Portugal e Galiza con Aline Frazão e César Herrans, Huayras do Ecuador, músicas do leste, Rusia, Ucraína...con Nadia Nikitina e reggae con Pinnaacle Roots Reggae Band. Lugar: Biblioteca Sagrada Familia os días 21, 28 de outubro, 4 e 18 de novembro, 2 e 16 de decembro ás 19:30 h. Os concertos complétanse co obradoiro "Desde a sabana africana á música máis occidental" no que se fará un percorrido desde os tambores ancestrais da sabana até a música occidental dos nosos días, o jazz, blues, rock, música latina... os días 13, 20 e 27 de novembro de 11:30 a 13:30 h.

- OUTONARTE: Eu tamén animo! O conto non remata na marxe dos libros e podemos facer que cobren vida de moitas maneiras. Unha delas é convertelo nun filme, e iso imos facer. A partir dun conto de OQO editora, os pequenos desenvolverán coa técnica stop motion a animación da obra, imaxe, voz e música. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil os días 15, 22 e 29 de outubro.

- TEATRO: Casa de muñecas de Henrik Ibsen. No Teatro Rosalía de Castro, representación o 29 e 30 de outubro. Farsa das zocas de Ricardo Carvalho Calero. O día 6 de novembro no Fórum.

- CUN LIBRO DEBAIXO DO BRAZO. As Bibliotecas Municipais visitarán o Hospital Materno Infantil para agasallar o primeiro libro a nenos e nenas que nazan entre o 15 de novembro e o 15 de decembro e entregarlles o carné de asociado.

- LETRAS NO MERCADO. No mes de outubro as Bibliotecas Municipais, sairán aos mercados promovendo a lectura, ofrecendo "canapés de lectura", distribuíndo polos postos do mercado libros e guías con recensións de obras, recomendacións de lecturas, etc. Do 21 ao 23 de outubro.

- "RUTA DO BACALLAU". Con motivo da celebración do Ano do Libro e da Lectura, as Bibliotecas Municipais saen aos Mercados Municipais. Unha compra diferente, alternativa, onde os libros e a literatura serán os grandes protagonistas. Un percorrido animado e divertido por todo o mercado coa xente das bibliotecas, con parada en todos os postos, descubrindo sorpresas, xogando na sección téxtil, probando os mellores cafés, deixando voar a imaxinación entre as froitas e verduras, gozando coas riquísimas carnes, navegando entre os sosegados peixes, deixando para o final a mellor das reposterías. Unha boa mestura para pasar un anaquiño coa máis saborosa das compañías: OS NOSOS LIBROS. Datas: do 25 ao 29 de outubro de 11:00 a 11:45 h. nos mercados de Elviña, As Conchiñas, Monte Alto, San Agustín e Praza de Lugo. Sorteo: Participa nesta actividade e entrarás no sorteo dun lote de libros!!! Inscrición: do 21 ao 23 de outubro nos Mercados Municipais, nos postos dos libros.

- ACTIVIDADES NAS BIBLIOTECAS.
Obradoiros de arrolos: cantar e contar desde o principio. Para pais e nais que esperan bebé e queren recibilo con arrolos, nanas e contiños, organízase un obradoiro nas Biblioteca Municipais para aprender a cantarlles e contarlles aos máis pequenos. Con Gloria, do grupo musical "Mamá Cabra". No mes de decembro.
Obradoiro de debuxo e/ou cómic. Santy Gutiérrez desenvolverá divertidos exercicios para que rapaces e rapazas aprendan como ilustrar un conto infantil. Na Biblioteca do Castrillón, o día 20 de outubro.
Obradoiro de banda deseñada. Repaso e posta en prácticas de elementos da linguaxe do cómic. Con Jacobo Fernández Serrano. Na Biblioteca Municipal de Monte Alto, o día 28 de outubro.
Obradoiro de escrita creativa. A través de xogos de prestidixitación literaria, achegarémonos ás claves do proceso da escrita. Con Estíbaliz Espinosa. Na Biblioteca de Estudos Locais os días 9, 11, 16 e 18 de novembro.
Obradoiro de aproximación á ilustración gráfica. Dun xeito lúdico, seguiremos os pasos para a ilustración dun libro infantil. Con Óscar Villán Seoane. Na Biblioteca Infantil e Xuvenil, o día 26 de novembro.
Clubs de Lectura. Para gozar da lectura compartida, grupos de persoas afeccionadas á lectura reúnense periodicamente para comentar e valorar un libro escollido das Bibliotecas Municipais, co apoio dun coordinador/a. Biblioteca do Castrillón, todos os mércores de mes. Fórum, todos os martes de mañá e mércores pola tarde. Biblioteca de Monte Alto, todos os martes de mes.
Escribir é xogar. Obradoiro de escrita creativa para adolescentes. Coordinado por Pedro Ramos, será na Biblioteca Infantil e Xuvenil de Durán Loriga, todos os martes a partir do 19 de 18:00 a 20:00h.
Merendas con Contos. Non esquezas que Fuco, Ratapón e a súa familia convídannos a degustar unha suculenta merenda nas Bibliotecas Municipais. O menú, como non, CONTOS...de aquí e de alá, de antes e de agora. Non faltes á cita.
Concurso de Biblioclips. A entrega de premios aos gañadores deste concurso, será na Biblioteca da Sagrada Familia, o día 28 de outubro ás 19:30h.

- CANTOS DE REIS. Obradoiros nas Bibliotecas Municipais para recuperarmos e continuarmos cantando a tradición do Nadal que perviviu ao longo dos séculos, para aprender os Cantos de Reis e seguirlles transmitindo parte do noso patrimonio ás vindeiras xeracións. Finalizan cun concerto participativo no Fórum.

- PROGRAMA DE LECER NO FÓRUM. No amplo abano de actividades que ofrece o programa de LECER no Fórum, aínda podes participar no obradoiro “As nosas letras”. Unha proposta de Dores Tembrás de explorar os distintos xeitos de ler, os modos con que nos enfrontamos á obra literaria desde a nosa propia literatura. Os mércores de 17:00 a 18:00 h.

- EXPOSICIÓN “ARS LIGATORIA”. ELABORACIÓN DE LIBROS ARTESANAIS. do 17 de novembro ao 9 de xaneiro na Sala de Exposición de Durán Loriga. Pór en valor o traballo artesanal no deseño e encadernación de libros. Faranse obradoiros de encadernación na Biblioteca Infantil e Xuvenil para o alumnado dos centros de primaria os días 22, 23, 25 e 26; para usuarios das bibliotecas o día 30 pola tarde.

- EXPOSICIÓN “A CORUÑA NA CREACIÓN DO LIBRO GALEGO”. Neste 2010 celebramos o bicentenario da edición do primeiro libro escrito en galego: "Proezas de Galicia". Do 13 de outubro ao 21 de novembro na sala de exposicións do Pazo Municipal. En colaboración coa Real Academia Galega.

- EXPOSICIÓN “ROSALÍA SEMPRE VIVA. VIVA ROSALÍA”. Realizada pola Fundación Manuel María, fai un percorrido pola vida e obra da autora máis importante das nosas letras. Do día 8 ao 18 de decembro na Biblioteca do Castrillón.

- EXPOSICIÓN “CARVALHO CALERO. DE PUÑO E LETRA”. Realizada pola AS-PG con motivo do centenario do seu nacemento. É unha homenaxe ao autor da primeira historia da literatura galega. Casa Museo Casares Quiroga do 30 de outubro ao 30 de novembro.

- EXPOSICIÓN “M100guel”. (1910 – 2010) 100 anos de Miguel Hernández. Mostra bibliográfica que recorrerá todas as Bibliotecas Municipais ao longo do último trimestre do ano.

- XORNADAS “RICARDO CARVALHO CALERO: CIENCIA, LITERATURA E NACIÓN”. Un repaso polo miúdo á obra deste insigne ferrolán da man de recoñecidos especialistas. Organiza a Universidade da Coruña. Do 24 ao 27 de novembro, na Reitoría (Maestranza), e o sábado 27 na Casa Casares Quiroga. O día 24 espectáculo poético-musical ás 21:00 h. no Teatro Rosalía Castro con Ugia Pedreira e Fred Martins (Gratuíto)

- POETAS DI(N) VERSOS. No mes de novembro comeza de novo o ciclo de poesía que na anterior edición reuniu a poetas do Estado o tamén de Portugal. Unha vez máis, teremos oportunidade de gozar da poesía galega en comunicación e diálogo con outras voces poéticas. A cita será na Casa da Cultura Salvador de Madariaga unha vez ao mes.

- GALEUSCA. Este ano A Coruña é a sede do Encontro de escritores galegos, vascos e cataláns. Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), terá lugar do día 29 ao 31 de outubro na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga). O encontro finaliza cunha actuación de Xabier Díaz o 31 ás 19.00h. (Entrada libre)

- V ENCONTRO “NOVOS ESCRITORES”. É unha oportunidade para se encontrar e coñecer cales son as necesidades, proxectos e expectativas que dentro da nosa literatura teñen @s nov@s creador@s. Organiza a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG). Día 6 de novembro no Kiosco Alfonso.

-MEMORIAL IBÁN TOXEIRO. Organizado pola A. C. Alexandre Bóveda, pretende achegar á cidadanía o teatro amador e manter viva a memoria do desaparecido mozo actor. Día 18 de novembro no Teatro Rosalía Castro. (Entrada libre).

- ELAS FALAN. Espectáculo poético-musical co grupo OURIOL. Organiza a Concellaría de Igualdade. Día 26 de novembro no Teatro Rosalía Castro.

- JAZZ+CIENCIA. Recital de textos científicos a cargo de Belén Regueira e Susana Rois. Actuación musical de Abe Rábade. O día 27 de outubro no Teatro Rosalía Castro.

- AS BIBLIOTECAS NA REDE:
- Fancómic, blog de cómic.
- Ciberclub, Club de lectura.
- CCI Clube de Ciencia e investigación.
- Corto e cambio, blog de literatura.
- Galicia móvese, cultura galega.

Aquí se poden descargar todas as actividades en formato .pdf: A cidade que le 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Eiruga e as Aulas de Teatro e Danza da Universidade da Coruña no XVII Festival Internacional de Teatro Universitario

Venres 30
20:30
Teatro Rosalía de Castro
O prezo da entrada será de 5 € (carné xove, maiores de 65 anos, comunidade universitaria ou desempregados/as, 3 €)

RINOCERONTERemata o XVII Festival Internacional de Teatro Universitario da Coruña organizado pola Universidade da Coruña en colaboración coa Concellaría de Cultura con Eiruga, un espectáculo de danza dirixido por Rut Balbis e coa obra de teatro Rinoceronte no camiño, dirixida por Rubén Ruibal. Ambos espectáculos son protagonizados polas Aulas de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Introdución á cooperación para o desenvolvemento”

Este martes, 6 de abril ás 18:00h na Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos da Universidade da Coruña, no Campus de Elviña: Mesa Redonda sobre Comercio Xusto e Consumo Responsable".
Participarán:Clara Raposo González (membro da ONG A Cova da Terra e especialista en Comercio Xusto e Agricultura Ecolóxica), Carmen Beltrán Moreiras (responsable da Tenda Ecolóxica da ONG Intermón Oxfam), María Paz Gutiérrez (Directora da ONG Solidaridade Internacional Galicia), membros da Cooperetiva de Consumo Responsable"Zocaminhoca" da Coruña.

Organiza Enxeñería Sen Fronteiras Galicia e a Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña.
Máis información na páxina web oficial do curso e Facebook.
- Enxeñería Sen Fronteiras Galicia
Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos.
Campus de Elviña, s/n.
981 16 70 00 Ext.: 1479
info@galicia.isf.es
http://www.galicia.isf.es

- Oficina de Cooperación e Voluntariado da UDC
Facultade de Socioloxía.
Campus de Elviña, s/n.
981 16 70 00 Ext.: 1740
ocv@udc.es
http://www.udc.es/cooperacion

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego

A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Socioloxía da Universidade da Coruña, en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística, organizan o I Ciclo de Cine Documental: unha ollada ao social galego. O ciclo desenvolverase ao longo deste mes de abril e contará coas proxeccións, entre outros, dos documentais Santa Liberdade, Astano: a forxa dun soño e Linguas cruzadas. Cada unha das proxeccións irá acompañada dunha charla-debate en que participará xente ligada á realización do documental.

A inscrición é gratuíta e só hai que enviar un correo electrónico cos datos persoais a  socicoru at udc.es. Para aquel alumnado da UDC que asista cando menos ao 90% do ciclo está solicitado un crédito de libre elección e poderá participar no I Premio de Ensaio sobre Temática Social cuxas bases se han publicar proximamente.

Máis información na páxina do SNL.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cursos e obradoiros de teatro e danza

mércores, 3 febreiro 2010, 10:00 | Category : danza, obradoiros, teatro
Tags : ,

A Universidade da Coruña abre a inscrición dos obradoiros da Aula de Teatro e Danza para o segundo cuadrimestre do curso 2009-2010. A preinscrición pode facerse na oficina de Cultura da UDC ou enviando por correo electrónico os datos persoais (nome, número de teléfono e enderezo de correo) e indicando cal é o curso no que se desexa participar. Tedes máis información neste PDF.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google