Lúas de outono. Homenaxe a Manuel María

Martescartaz manuel maria 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

LÚAS DE OUTONO pretende ser a rememoración dunha vida e dunha obra e a reivindicación da súa vixencia, comemorando o sexto aniversario do pasamento do poeta Manuel María. Nesta gala de homenaxe Uxía cantará poemas do autor chairego, acompañando un recital no que participan Pilar Pallarés, Luz Pozo Garza, Cesáreo Sánchez Iglesias e Miguel Anxo Fernán Vello. O acto está organizado pola Fundación Manuel María e a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Concerto de “Cores do Atlántico” no Teatro Rosalía

Xoves2010 07 Cores - Viana 29
21:30
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 7 e 10 euros (xa á venda nas taquillas da Praza de Ourense e en www.servinova.com)

Cores do Atlántico ofrece unha lectura contemporánea das melodías das cantigas, integrando sonoridades diversas, desde os ritmos brasileiros, como a ciranda, o samba, o batuque, o baiao, aos ritmos da música galega, portuguesa e africana, espazos sonoros que comparten o patrimonio cultural da lírica galego-portuguesa. Desde o Brasil, a compositora e cantora Socorro Lira e Luanda Cozetti. Desde Africa, Nancy Vieira achega a súa cálida voz asociada aos ritmos de Guiné Bissau como o Gumbé, a Morna ou a Singa. João Afonso e Teresa Paiva introducen a expresión portuguesa e a sonoridade da gaiteira do Porto. En Galicia, é a voz de Uxía a que recrea as cantigas que noutrora cantaron as mulleres. E, con eles, a compañía dos músicos brasileiros Sérgio Tannus, Serginho Sales, Paulo Lima e Norton Daielo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A Coruña Son 2009 remata cun gran concerto final

Mañá sábado 28 de febreiro ás 20:00 no Paraninfo da Universidade da Coruña (edificio do Rectorado, na Maestranza) terá lugar o concerto final co que remata a edición 2009 do obradoiro de cancións A Coruña Son, dirixido polo cantante e compositor Santiago Auserón e organizado polas Concellarías de Cultura e de Mocidade do Concello da Coruña co obxectivo de fomentar, descubrir e promocionar novos autores e autoras de canción popular en galego. O concerto estará conducido pola cantante Uxía Senlle e nel intervirán os creadores e creadoras das dez cancións seleccionadas: Sandrísima (canción Tic-Tac), Sergio Zearreta (Fincapé), Fracasados de antemano (Menezes), Pulpiño Viascón (Quérote na praia do Orzán), Magritte (Alpinista), Supersound (Onde estás), Marisol Manfurada (Instinto básico), Maus vizinhos (Gira caindo), Ángeles Dorrio (O cativo) e La pelvis (Psicomuiñeira). As dez finalistas e todas as cancións que se presentaron ao certame poden ser escoitadas e descargadas na web do certame. A entrada ao concerto é libre até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google