“Congreso Uxío Novoneyra”, do 17 ao 19 de febreiro

Xoves Novoneyra_Cartaz_117, venres 18 e sábado 19 de febreiro
Xoves 17 e venres 18 no Salón de actos da Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
Sábado 19 no Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza s/n.)
Inscrición gratuíta. Para formalizar a inscrición cómpre enviar un correo electrónico a  secretaria at realacademiagalega.org en que figuren os seguintes datos: nome, apelidos, DNI, enderezo postal completo, correo electrónico e teléfono. Admitirase un número máximo de 100 solicitudes por rigorosa orde de inscrición. Solicitáronse dous créditos de libre configuración na Universidade da Coruña (20 horas). Entregarase un diploma de asistencia aos inscritos que acrediten ter participado en todas as sesións.

O "Congreso Uxío Novoneyra" está organizado pola Real Academia Galega, coa colaboración da Universidade da Coruña e da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, co seguinte programa:

* Xoves 17. Salón de Actos da Real Academia Galega.
- 9:00 a 9:30 h.: Recepción e entrega de documentación.
- 9:30 a 10:00 h.: Inauguración.
- 10:00 a 10:45 h.: Conferencia inaugural de Pilar García Negro: "Novoneyra. Nova xeira. A poesía como antídoto contra o ruído".
- 10:45 a 12:00 h.: Comunicacións:
Ana Acuña. "Presenza de Uxío Novoneyra en Madrid".
Chus Nogueira. "A lingua literaria de Uxío Novoneyra".
Olivia Rodríguez. "Uxío Novoneyra, recitador".
- 12:30 a 13:00 h.: Relatorio de Xosé Benito Reza: "Natureza e paisaxe no Courel".
- 13:00 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
- 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Luís Cochón: "Romanceiro e cancioneiro tradicional en Uxío Novoneyra".
- 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Patiño: "Uxío Novoneyra: a escrita do corpo".
- 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Luís Alonso Girgado: "Diversidade interno-externa e multiplicidade textual en Uxío Novoneyra".
- 18:00 a 19:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.

* Venres 18. Salón de Actos da Real Academia Galega.
- 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Carlos Paulo Martínez Pereiro: "A palabra deseñada".
- 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Anxo Angueira: "Un poeta con terra e pobo".
- 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Claudio Rodríguez Fer: "Correspondencia entre Valente e Novoneyra: poetas da fala no labirinto das linguas".
- 12:00 a 12:30 h.: Relatorio de Carme Blanco: "A liberdade das amadas mulleres".
- 12:30 a 14:00 h.: Coloquio cos relatores intervenientes.
- 16:30 a 17:00 h.: Relatorio de Teresa López: "Uxío Novoneyra: os camiños á Idade Media".
- 17:00 a 17:30 h.: Relatorio de Antón Lopo: "Uxío Novoneyra na distancia do lobo".
- 17:30 a 18:00 h.: Relatorio de Xesús Alonso Montero: "O primeiro libro de Novoneyra: 'Abrojos' (1948)".
- 18:15 a 19:00 h.: Recital poético con Yolanda Castaño, Salvador García-Bodaño, Luz Pozo e Manuel Rivas.

* Sábado 19. Paraninfo da Universidade da Coruña (Maestranza).
- 10:00 a 10:30 h.: Relatorio de Xosé Ramón Freixeiro Mato: "Lingua e estilo na obra de Uxío Novoneyra".
- 10:30 a 11:00 h.: Relatorio de Branca Novoneyra Rei: "Ata cando este tempo de elexía".
- 11:00 a 11:30 h.: Relatorio de Darío Xohán Cabana: "Aspectos formais da poesía de Uxío Novoneyra".
- 11:30 a 12:00 h.: Relatorio de Uxío Novoneyra Rei: "Língoa sen maos".
- 12:30 a 13:15 h.: Conferencia de clausura de Ramón Lorenzo Vázquez: "Polos eidos poéticos de Novoneyra".
- 13:15 a 14:00 h.: Clausura.

O comité organizador está formado por Xosé Luís Axeitos, Carlos Paulo Martínez Pereiro e Carme Vilariño.

Deixamos aquí o programa completo en .pdf para ser descargado libremente: Congreso Uxio Novoneyra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

39 Feira do Libro: programa do domingo 8 de agosto

19.00 h. Presentación do cómic "Uxío Novoneyra: A voz herdada", de Kike Benlloch (textos) e David Rubín (debuxos), publicado pola Consellería de Cultura e Turismo.
19.30 h. Músicas no Camiño. Concerto de guitarra a cargo de David González
19.30 h. A escritora Cristina Gufé firmará exemplares do seu libro "99 cartas a Kafka", publicado por Sial Ediciones.
20.00 h. Presentación do libro "Zampadanzas", do colectivo de baile portugués Pédechumbo, publicado por Edicións do Cumio.
20.30 h. A escritora Leticia Sánchez Ruíz firmará exemplares da súa novela "Los libros luciérnaga", gañadora do IX Premio Internacional Emilio Alarcos de novela, publicado pola editorial Algaida.
21.00 h. Presentación do libro "Novoneyra: un cantor do Courel a Compostela" da escritora Carmen Blanco, publicado pola editorial Toxosoutos. Xunto coa autora, participarán no acto a escritora Luz Pozo Garza e David González Couso, director da editorial.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Interseccións: a ollada de Novoneyra”, unha homenaxe de Emilio Cao e Branca Novoneyra

luns, 24 maio 2010, 12:26 | Category : homenaxes, música, poesía
Tags : , , , ,

EmilioCaoMércores 26
21:00
Teatro Rosalía de Castro
Entrada libre

“INTERSECCIONS” foi un proxecto conxunto entre NOVONEYRA e CAO, mestura de música e poesía, que foi presentado en diversos espazos da xeografía galega como o Auditorio de Galicia, a Igresia do Cebreiro, e a Aula de Cultura de Caixagalicia en Santiago de Compostela. Tempo despois retomaron aquel proxecto e chamáronlle “ INTERSECCIONS/2” un proxecto discográfico inconcluso, para o que viaxaron xuntos ao Caurel, e mesmo chegaron a gravar parte do material.

INTERVENCIÓN POÉTICO/MUSICAL

A proposta de concerto de EMILIO CAO, co título de “INTERSECCIONS, A OLLADA DE NOVONEYRA” recolle algúns dos poemas de NOVONEYRA musicados por el (Amiga, Alba e Delgada, Quen na outa tarde, Cain as follas), que foron rectificados polo propio Novoneyra para a súa gravación, así como outras músicas queridas polo poeta, e outras que ían configurar o seu inconcluso traballo conxunto.
Outra singularidade deste concerto será a participación de BRANCA NOVONEYRA (filla do escritor), bailarina e coreógrafa, que ven de presentar o seu primeiro poemario.
Intervirá tamén CARMEN REY, (cantante vinculada dende hai anos a os directos de Emilio Cao), e que puxo a súa voz, xunto coa de Ainoa Arteta, á longametraxe “DE PROFUNDIS” de Miguel Anxo Prado. Tamén ten feito moitas colaboracións con músicos da escena folk (Xose Manuel Budiño) e do jazz (Baldo Martínez, Clunia Jazz…).
A intervención contará tamén coa presenza do singularísimo pianista MANUEL GUTIÉRREZ, compoñente do grupo SUMRÁ co que xa ten gravados catro traballos (en Free Code Records), e que se presenta ao público no Auditorio de Galicia nos últimos días de Xaneiro/2010, cunha xa dilatada carreira e diversas colaboracións, entre elas coas artistas galegas Rosa Cedrón e Maite Dono.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Canto de permanencia”, unha homenaxe a Uxío Novoneyra

xoves, 15 abril 2010, 12:55 | Category : audiovisual, homenaxes, música, poesía
Tags : ,

O 15 de abril ás 20:30 horas no Teatro Rosalía de Castro da Coruña terá lugar, baixo o título CANTO DE PERMANENCIA, un acto de homenaxe a Uxío Novoneyra organizado pola Fundación Manuel María, a AS-PG e a Concellaría de Cultura. Realizarase a presentación dun DVD e contaremos coa actuación de Uxía Senlle. A entrada é de balde até completar aforo.

cartazNovoneyra

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación dunha Carpeta-Homenaxe a Uxío Novoneyra

venres, 19 febreiro 2010, 9:00 | Category : homenaxes, presentacións
Tags : ,

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que hoxe venres 19 de febreiro terá lugar a presentación na Coruña da reedición especial da Carpeta homenaxe a Uxío Novoneyra con poemas, fotografías e estampas de pintura que fixeron os creadores na homenaxe de hai dez anos. Esta reedición da carpeta está editada por Rei Zentolo, con motivo da adicatoria a Uxio Novoneyra do Día das Letras Galegas 2010. O acto contará coa participación de Uxio Novoneyra Rei pola Fundación Novoneyra, Salvador Vázquez, director de Rei Zentolo SL. e José Fernández, coordinador da carpeta de homenaxe. Será ás 20:30 h. no salón de actos da asociación (R/ Olmos, 16-18,1º), con entrada libre ate completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google