Teté Delgado e Nancho Novo no Rosalía cunha obra de Valle Inclán
Hoxe venres 27 e mañá sábado 28 o Rosalía de Castro será o escenario dunha nova sesión do ciclo Caixanova, desta volta coa obra de Ramón María del Valle Inclán Los cuernos de Don Friolera. A montaxe corre a cargo do Teatro Español e ten como protagonistas a Rafael Núñez, Teté Delgado e Nancho Novo; completan o reparto Alfonso Delgado, Inma Cuevas, Manuel Millán, Antonio M.M, Pepe Soto, Luis Arrasa, Isabel Ayúcar, Sergio Macías, Gloria Villalba, Diego Pizarro, Fernando Ruíz e Mahue Andúgar, baixo a dirección de Ángel Facio. A función comeza os dous días ás 20:30 e o prezo das entradas é de 10, 12, 15 e 21 € (os usuarios de carné xove, maiores de 65 anos e desempregados teñen un desconto dun 20%).






















