Viñetas desde o Atlántico 2010: actividades do venres 13

xoves, 12 agosto 2010, 9:28 | Category : coloquios, comic, conferencias
Tags : , , ,

Venres 13

18:00. Sinatura das súas obras por Álex Cal na Carpa da Feira.

De 18:00 a 19:30
Kiosko Alfonso (segundo andar)
Entrada libre.

Conferencia de David Pazos: "Influencias do anime experimental no anime comercial "

De 19:45 a 21:15
Kiosco Alfonso (segundo andar)
Entrada libre.

Charla-coloquio con Denis Kitchen.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: presenza das Bibliotecas Municipais

xoves, 12 agosto 2010, 9:20 | Category : bibliotecas, comic, feiras
Tags : ,

As Bibliotecas Municipais2010 08 Bibliotecas Municipais da Coruña participan este ano en Viñetas desde o Atlántico con estas actividades:
- Empréstimo de cómics: a caseta das Bibliotecas Municipais da Coruña contará cun fondo de imprescindíbeis, últimas novidades e os cómics creados polos autores convidados ao festival. Calquera destas obras poden ser levadas en empréstimo no propio stand.
- Conexión a internet: que nos permitirá informar sobre o noso catálogo, disponibilidade de obras, inscrición de socios e visitar o noso blog adicado ao cómic Fancómic.
- Concurso on-line no que tanto os maiores como os máis pequenos teñen que respostar a un cuestionario sobre personaxes, historias, gostos, etc. de cómics. Aqueles que se sintan retados deberán achegarse ao stand das bibliotecas municipais para saber se atinaron as perguntas e, de paso, recoller un agasallo.
- Talleres para os máis novos, onde poderán demostrar as súas habilidades construindo personaxes de cómic coa técnica do cubeecraft (o sábado 14 ás 20:00 h. e o domingo 15 ás 12:00 h.)
- Sorteo entre aqueles socios das bibliotecas municipais da Coruña que nos acompañaren para lles agradecer a súa afección á lectura.
- Conferencia: desde as bibliotecas municipais patrocinamos tamén a proxección de animes inéditos na presentación do traballo de investigación de David Pazos e Marina Eiroa (autores do blog Serial Experiments) titulado "O Shonen e as súas personaxes: investigación sobre os arquetipos do xénero a través do tempo", que se celebra o venres 13 de agosto ás 18:00 h. no Kiosko Alfonso.
E todo isto coa colaboración dos nosos voluntarios que vos informarán e axudarán no que precisedes. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: actividades do xoves 12

12:00. Presentación de Polaqia na Carpa da Feira.

13:00. Presentación de “Sen mirar atrás” de Dani Montero, obra coa que gañou a edición de 2009 do premio "Castelao" de banda deseñada, convocado pola Deputación da Coruña, na Carpa da Feira.

18:00. Sinatura das súas obras por David Pintor Carpa da Feira.

De 18:45 a 20:00
Kiosko Alfonso (segundo andar)
Entrada libre.

Charla-coloquio con Camille Jourdy.

De 20:15 a 21:30
Kiosco Alfonso (segundo andar)
Entrada libre.

Charla-coloquio con Carlos Pacheco.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: charla-coloquio con Roger e Raule e con Émile Bravo

martes, 10 agosto 2010, 9:50 | Category : coloquios, comic
Tags : , ,

Mércores 11
De 18:30 a 19:45
Kiosko Alfonso (segundo andar)
Entrada libre.

Charla-coloquio con Roger e Raule.

De 20:00 a 21:15
Kiosco Alfonso (segundo andar)
Entrada libre.

Charla-coloquio con Émile Bravo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: visita guiada á exposición “Clásicos de prensa” e charla-coloquio con Víctor Rivas

Martes 10
De 18:00 a 19:30
Palexco
Entrada libre.

Visita á exposición "Clásicos de prensa", guiada por Jaume Vaquer.

De 20:00 a 21:15
Kiosco Alfonso (segundo andar)
Entrada libre.

Charla-coloquio con Víctor Rivas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: Rúa da BD, Feira de Libreiros e Editores

Do 9 ao 15 de agosto
De 11:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00
Rúa Paseo de coches (Xardíns de Méndez Núñez)
Entrada libre.

Durante unha semana a rúa "Paseo de coches" convértese na "Rúa da BD". Nela sitúanse as casetas da feira de libreiros e editores e a Carpa do Cómic. As actividades que se van desenvolver son:

Luns 9
18:00 h. Apertura da Rúa da BD (feira de libreiros e editores)
19:30 h. Inauguración de Viñetas desde o Atlántico 2010 no Kiosco Alfonso
20:00 h. Concerto da Banda Muncipal

Xoves 12
12:00 h. Presentación de Polaquia.
13:00 h. Presentación de "Sen mirar atrás ", de Dani Montero. Premio Castelao BD 2009. Demo Editorial.
18:00 h. Firmas de David Pintor.

Venres 13
18:00 h. Firmas Alex Cal.

Sábado 14
12:00 h. Presentación de "Steranko Superstar", de Ángel de la Calle. Dolmen Editorial.
13:00 h. Presentación de "A Mansión dos Murmurios ", de Tirso Cons e Javi Montes.
De 18:00 a 20:00 h. Feira de coleccionistas.

Domingo 15
De 12:00 a 14:00 h. Feira de coleccionistas.
13:00 h. Concerto da Banda Municipal.
De 18:00 a 20:00 h. Feira de coleccionistas.
22:00 h. Peche da Rúa da BD e clausura de Viñetas desde o Atlántico 2010.

Durante a fin de semana haberá sinaturas de autores da editorial Astiberri no seu stand. Os exhibidores que participan nesta edición pódense consultar aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: exposicións no Kiosko Alfonso

Do 9 ao 22 de agosto
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 (até as 22:00 horas do 9 ao 15 de agosto)
Kiosko Alfonso
Entrada libre.

Neste recinto terá lugar a inauguración oficial desta edición, ás 19:30 h. Desde o 9 ao 22 de agosto poderanse visitar as exposicións de: Carlos Pacheco, Camille Jourdy, Raule & Roger, Émile Bravo e Víctor Rivas. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: exposición de Will Eisner no Pazo Municipal

luns, 9 agosto 2010, 9:03 | Category : comic, exposicións
Tags : , , ,

Do 9 ao 22 de agosto2010 08 Denis e Will Eisner
De luns a sábado de 12:00 h. a 14:00 h. e de 18:00 h. a 21:00 h. Domingo de 12:00 h. a 14:00 h.
Pazo Municipal
Entrada libre.

Unha das mellores exhibicións que un afeccionado pode contemplar hoxe en día, co mestre Will Eisner e a súa obra como protagonistas, achégase a Viñetas grazas ao fundamental labor de comisariado realizado por Denis Kitchen. Na escolma non fallarán pranchas orixinais de cómics como The Spirit, Contrato con Deus, O corazón da tormenta e un longo etcétera. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: exposicións no Palexco

Do 9 ao 22 de agosto
De luns a domingo: de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00 (até as 22:00 horas do 9 ao 15 de agosto)
Palexco
Entrada libre.

Exposicións de David McKean, “Clásicos de prensa” e “Esqueletes”. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: exposición “Cidades asolagadas”, no Aquarium Finisterrae

luns, 9 agosto 2010, 9:02 | Category : comic, exposicións
Tags : , ,

Do 9 ao 22 de agosto
De luns a domingo de 10:00 h. a 21:00 h. (unha hora antes da pechadura non se permite o acceso)
Aquarium Finisterreae
Entrada libre.

Exposición "Cidades asolagadas".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: Joker engádese á colección de personaxes de cartón-pedra

luns, 9 agosto 2010, 9:00 | Category : comic
Tags : ,

O Joker, sempiterno inimigo de Batman, recibirá esta decimo terceira convocatoria do Salón Internacional os afeccionados ao cómic que se acheguen ó Kiosko Alfonso, ubicación de honra de todos os bonecos acabados de chegar a Viñetas. Joker é o primeiro “malo” que se engade á colección de reproducións en cartón-pedra que, tradicionalmente, ocupan os recunchos máis emblemáticos da cidade durante os quince días que dura o festival de banda deseñada da Coruña. Así, un dos viláns por antonomasia terá agora a oportunidade de se medir con copias de tamaño natural de heroes da talla de Superman ou Spiderman, e a bo seguro tentará por todos os medios acaparar a atención do público por riba de clásicos coma Tintín, Mortadelo, Astérix ou o capitán Trueno. Os bonecos, que suman vinte xa, comezarán a ocupar os seus tradicionais postos durante esta fin de semana. A avenida de Alfonso Molina, o Obelisco, o Palacio Municipal, Palexco, o Aquarium Finisterrae e por suposto os xardíns de Méndez Núñez, por citar só algúns enclaves habituais, volverán un ano máis a ser tomados ao asalto polas figuras que, edición tras edición de Viñetas, reciben e dan a benvida aos cidadáns durante o festival.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico 2010: “Dead moon”, de Luis Royo

luns, 9 agosto 2010, 8:59 | Category : comic, exposicións
Tags : , ,

Do 1 ao 31 de agosto
De luns a sábado de 10:00 a 22:00 h.
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda, s/n)
Entrada libre.

Exposición "Dead moon", con orixinais e bocetos da última obra de Luis Royo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XIII edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico

xoves, 5 agosto 2010, 9:35 | Category : comic, exposicións, feiras
Tags :

Entre os días 9 e 15 de agosto desenvolverase a XIII edición do Salón Internacional do Cómic da Coruña Viñetas desde o Atlántico. O festival renderá homenaxe a Will Eisner (1917-2005), un dos grandes mestres da historia do cómic. É o creador de The Spirit, un personaxe con maiúsculas do cómic estadounidense. No seu haber figura sacar o cómic do ámbito infantil e xuvenil e atraer a el ao público adulto, popularizando o que hoxe coñecemos como novela gráfica. A súa influencia é recoñecible en artistas de todo o mundo. Eisner é, sen dúbida, o autor clásico do cómic. A exposición que protagonizará Viñetas 2010 é o mellor e máis completo compendio que pode contemplarse no mundo sobre Eisner e a súa obra. Unha oportunidade única para achegarse ao mestre americano. O seu comisario Denis Kitchen é debuxante, guionista, editor e empresario.
A décimo terceira cita co Cómic na cidade da Coruña tamén dedicará unha exposición a un xénero específico: as tiras de prensa e a un elemento iconográfico singular: o esqueleto, que revisa o tratamento que a historieta fai desta parte da anatomía. A primeira das mostras resume, a través de cen planchas orixinais, a historia das tiras de prensa. Series como Príncipe Valiente, Little Nemo, Bringing up father, Dick Tracy, Phantom, Mandrake, Popeye, Krazy Kat, Flash Gordon, Tarzan, Peanuts, Pogo e moitas máis, poderán contemplarse na exposición, unha das máis completas do mundo sobre este xénero. A oferta do festival inclúe tamén unha exposición sobre cidades mergulladas, que reúne historietas europeas e norteamericanas que se desenvolven ou inclúen mundos nas profundidades mariñas.
Viñetas 2010 exporá obras orixinais de case unha decena de debuxantes de Europa e América, que tamén viaxarán á cidade para estar cos afeccionados. Este é precisamente o selo de identidade do festival coruñés: debuxos orixinais e os seus autores, cos que poder charlar relaxadamente e coñecer o seu proceso creativo. A lista de debuxantes convidados inclúe, entre outros, ao galego Víctor Rivas, creador do personaxe para os máis pequenos, Harry Pórrez. O autor vigués traballa na actualidade en ilustración infantil e xuvenil para o mercado americano. Tamén viaxarán até A Coruña a nova debuxante Camille Jourdy, gañadora do premio “Autor Revelación” do festival de Angoulême pola súa triloxía "Rosalie Blum", e o artista británico Dave McKean, autor de “Arkham Asylum” e “Cages”, obras de referencia dentro do mundo do cómic. Volve de novo a Viñetas cunha mostra de orixinais dos seus últimos traballos Carlos Pacheco, un dos debuxantes españois máis internacionais, que traballa fundamentalmente para o mercado estadounidense, dando forma a personaxes clásicos da viñeta como Superman, Batman e X-Men. Contarase tamén coa presenza de Émile Bravo, quen compartirá protagonismo co seu personaxe, o botóns Spirou e o seu fiel Fantasio. A oferta de Viñetas 2010 inclúe ademais a mostra “Raule e Roger”, na que o guionista catalán Raule, un dos máis prolíficos de España, e o debuxante tamén catalán Roger Ibáñez, ensinan o resultado da súa colaboración, sobre todo para a série Jazz Maynard. Tamén exporá no Salón Daniel Montero, Premio Castelo BD de 2009, promovido pola Deputación coruñesa.
O Salón do Cómic da Coruña estrea, nesta décimo terceira edición, páxina web. onde o público interesado poderá consultar toda a información sobre o festival: contidos das exposicións, autores convidados, horarios de apertura das salas, contidos e horarios de conferencias, de presentacións ou das firmas de autores. A pantalla principal da páxina adórnaa o cartel anunciador do Viñetas deste ano e que leva a firma inconfundible do debuxante André Juillard. A páxina conten información das trece edicións.
Tamén durante a primeira semana de celebración do festival, como ven sendo habitual, desenvolverase nos Xardíns de Méndez Núñez a feira de libreiros e editores (no Paso de Coches). No mesmo espazo instalarase a Carpa do Cómic, onde se darán cita os fans do mundo da banda deseñada e se desenvolverán numerosas actividades relacionadas co sector.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: conferencias de Paco Roca e Posy Simmonds

venres, 14 agosto 2009, 13:00 | Category : comic
Tags : , ,

Hoxe venres 14 de agosto no Kiosco Alfonso de de 18:15 a 19:30, conferencia de Paco Roca; e despois, a partir das 19:45 e até as 21:00, charla de Posy Simmonds. Entrada libre. Ademais, de 18:30 a 20:30 os autores de comics participantes no salón asinarán as súas obras.

A debuxante e ilustradora británica Posy Simmonds (Berkshire, Inglaterra, 1945) empezou a súa carreira a finais dos anos sesenta, debuxando para os xornais The Sun e The Guardian. En 1979 empezou a debuxar unha tira semanal para este último rotativo, inicialmente titulada The Silent Three of St. Botolph's, unha homenaxe á dos anos cincuenta The Silent Tree de Evelyn Flinders. Narra a vida de tres amigos da escola de clase media e de mediana idade, na década dos cincuenta. A tira, que foi titulada e coñecida despois como Posy, perviviu ata finais dos anos oitenta. Foi recompilada en numerosos libros: Mrs Weber's Diary; Pick of Posy; Very Posy e Pure Posy e ata nun cómic orixinal, pondo de relevo os mesmos personaxes: True Love. O seu último cómic para The Guardian, O espectador, foi recompilado baixo o título de Mustn´t Grumble (1992).

Posy Simmonds foi nomeada debuxante do ano en 1980 e en 1981. En 1987 empezou a escribir e ilustrar libros infantís. Fred, a historia dun gato cunha vida secreta, foi convertido logo nunha curta de animación (Famous Fred) nomeada a un premio Oscar. A finais de 1990, Posy volveu ás páxinas de The Guardian con Gemma Bovery, a historia de Madame Bovary, o clásico de Flaubert, actualizada e transformada en conto satírico sobre expatriados ingleses en Francia. Foi publicado como novela gráfica en 1999.

A última serie de Posy, Tamara Drewe, inicialmente publicada en forma de tiras en The Guardian, publicouse por primeira vez en setembro de 2005 e posteriormente foi recompilada en formato de novela gráfica en 2007, en Inglaterra pola editorial Jonathan Cape. En España foi publicada en 2009 pola editorial Sen Sentido, logo de gañar o Premio Esencial Angoulême 2009, o Gran Premio da Crítica ACBD 2009 e de ser nomeada aos Premios Eisner 2009. Tamara Drewe pertence verdadeiramente ao xénero da novela gráfica, tanto pola súa lonxitude como pola súa temática literaria e o seu tipo de narración. O seu elemento máis impactante é a brillante xestión do argumento, cuxa riqueza e orixinalidade sorprende pola súa coherencia imaxinativa, así como a súa invención visual, especialmente co paso dun debuxo monocromático a un debuxo en cor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Viñetas desde o Atlántico: conferencia de Vittorio Giardino

xoves, 13 agosto 2009, 13:15 | Category : comic
Tags : ,

Hoxe xoves 13 de agosto no Kiosco Alfonso de 20:05 a 21:30. Entrada libre.

Vittorio Giardino (Bolonia, 1946) comezou a súa carreira profesional en plena madurez. Estudou Enxeñería Electrónica e exerceu a profesión durante dez anos. Cumprida xa a trintena, decidiu abandonar o seu traballo como enxeñeiro para dedicarse en corpo e alma ao mundo do cómic. En 1979, tras un ano de colaboracións en diversas revistas e fanzines, crea un dos seus personaxes máis famosos, o detective Sam Pezzo, cuxas historias foron serializadas na revista Il Mago. Ao pechar esta publicación, empezou a traballar na revista Orient Express ás ordes do editor Luigi Bernardi. Nesta contorna nace outra das súas grandes creacións, Max Fridman, un axente secreto francés, cuxas misións transcorren en diversos puntos de Europa. A primeira aventura deste axente secreto, Rapsodia Hungara, foi recompilada nun álbum unitario en 1982. A partir de entón, Max Fridman non abandonará ao seu creador ao longo do tempo. Son múltiples as obras que viron a luz co axente secreto como protagonista. Este personaxe é o aceno de identidade do autor e foi o seu pasaporte para o recoñecemento internacional.

En 1984, como un traballo de encarga para revista Comic Art, Giardino creou o personaxe Little Ego, unha clara homenaxe ao Little Nemo, de Winsor McCay. Pouco despois, sae á venda a segunda aventura de Max Fridman, A porta de Oriente, un traballo que alternou coa creación dunha serie de historias curtas publicadas en diversos medios e que posteriormente se recompilarían no volume colectivo Vacaciones Fatales.

En 1981, co personaxe Jonas Fink e a súa triloxía de álbums (A infancia, A adolescencia e A mocidade) obtén o recoñecemento da crítica e numerosos e prestixiosos premios tanto en Europa como en Estados Unidos. Trátase da obra máis persoal do autor xa que se serve da súa experiencia e a da súa familia, parte da cal residía na antiga Checoslovaquia. Describe a Praga dos anos cincuenta, onde un mozo sofre a represión da policía comunista. En 1999 Giardino recupera ao seu personaxe Max Fridman para a triloxía Non pasarán, ambientada na guerra civil española. Unha obra complexa e chea de matices, onde tras a inicial premisa da investigación dun amigo de Fridman, e por medio de tramas secundarias, Giardino realiza unha radiografía do conflito a través da mirada distante dun axente secreto enfrascado nunha guerra que non é a súa. Esta triloxía levoulle dez anos de traballo, só interrompidos pola publicación de Eva Miranda, (axudado ao guión por Giovanni Barbieri), unha parodia do mundo dos culebróns televisivos. Na actualidade, Giardino compaxina o seu labor de historietista con traballos de ilustración para revistas como Vogue ou Je Bouquine.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google