Visibilidade, exposición no Palacio Municipal

Onte luns 8 de marzo, día internacional das mulleres, o Concello da Coruña inaugurou a exposición VISIBILIDADE. A partir de Resetea: Cambia o teu rol, ao que unimos uns textos que conforman un percorrido reflexivo arredor dos traballos e profesións, a Concellaría de Igualdade e Participación Cidadá proponnos unha viaxe que reivindica a corresponsabilidade entre homes e mulleres, sen máis límite que a imaxinación, poñendo en valor os múltiples logros acadados así como evidenciando auqeles sectores laborais aínda profusamente masculinizados. A exposición poderá verse na Sala de Exposicións do Palacio Municipal até o 4 de abril.















