Teatro Rosalía: “Homenaxe a Manuel María”, coa participación de Xabier Díaz e Guillerme Fernández

Mércores 7
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

"Homenaxe a Manuel María", no sétimo cabodano do seu falecemento, coa estrea do audiovisual "De amor e cantería", de Pixel Films, dirixido por Anxa G. Refoxo e realizado por Mikel Fontes, traballo de 10 minutos de duración que recrea os poemas de "Sonetos á casa de Hortas" nos que o autor chairego expresa a significación que para el tivo a súa casa natal en Outeiro de Rei. Posteriormente terá lugar a actuación musical de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, no que estrearán cinco pezas sobre poemas de Manuel María e outras gravadas en traballos anteriores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

FNAC: actuación en directo de Xabier Díaz e Guillerme Fernández

venres, 18 febreiro 2011, 11:10 | Category : concertos, música
Tags : , ,

Sábado 19
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda – Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada: libre até completar aforo.

Actuación en directo de Xabier Díaz e Guillerme Fernández.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: concerto de Xabier Díaz e Guillerme Fernández, “Arrolos”

Sábado 5
Biblioteca do Fórum Metropolitano
12:00
Entrada só para familias con bebés.

Concerto presentación de "Arrolos de salitre", con Xabier Díaz e Guillerme Fernández, dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Nova edición de “Música baixo as estrelas”, con Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández, no Planetario da Casa das Ciencias

Mércores 5 e venres 7 de xaneiro
Planetario da Casa das Ciencias
Dous pases: ás 20:00 e ás 20:45 h. cada día
Entradas: 5 euros (á venda nas oficinas do IMCE na praza de Ourense, abertas en horario de 9:30 a 13:00 e de 16:30 a 19:30 horas, así como no teléfono 902-504500 begin_of_the_skype_highlighting              902-504500      end_of_the_skype_highlighting, e en Servinova). ESGOTADAS XA AS ENTRADAS PARA O DÍA 7.

O Planetario da Casa das Ciencias acolle unha nova edición dos concertos "Música baixo as estrelas", onde os artistas Xabier Díaz, Guadi Galego e Guillerme Fernández interpretarán pezas musicais acompañadas de imaxes dixitais proxectadas na cúpula do Planetario. Nos mismos días dos concertos, se non se completase aforo (79 prazas) poderán comprarse tamén na recepción da Casa das Ciencias.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: Gala “Dez anos con Donaire”

Domingo 2010-12-26 Dez anos con Donaire26
Teatro Rosalía de Castro
19:30
Entradas: 5 e 7 euros (3 e 5 euros para desempregados, carné xove e maiores de 65 anos).

Con esta gala festexarase por todo o alto o nacemento hai dez anos da Asociación Cultural Donaire. Con moitas sorpresas, esta gala amosará o traballo desenvolto ao longo destes dez anos de vida da Asociación, coa súa parte de música, pandeireta e como non, de baile. Será presentada por Xabier Díaz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XXVII edición de Galeusca, do 29 ao 31 de outubro

Organizados pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, os encontros Galeusca chegan á súa XXVII edición, congregando na cidade da Coruña, entre os días 29, 30 e 31 de outubro,  a escritores e escritoras da AELG, da Euskal Idazleen Elkartea e da Associació d´Escriptors en Llengua Catalana.
As sesións da XXVII Congreso Galeusca celebraranse na Biblioteca de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, s/n.), baixo o epígrafe Literatura en galego, éuscaro e catalán: unha viaxe con futuro.
O XXVII Congreso Galeusca promoverá neste 2010 o debate ao redor da importancia das nosas literaturas en lingua propia como subministradoras de contidos para unha fértil industria cultural que a todos e todas sen excepción preocupa e interesa, pois na lingua e na literatura susténtase a identidade senlleira dun pobo, unha historia pensada e debuxada tamén polos seus escritores e escritoras, voces reveladoras dunha viaxe colectiva cara un país con futuro propio. Para falar destes aspectos e doutros puntos de vista que o tema suxira, distribúese o programa:

Venres, 29 de outubro:
Chegada das delegacións.

Sábado 30 de outubro
10:00-11:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura e o audiovisual, coordinada por Raúl Veiga:
Héctor Carré
• Harkaitz Cano (elaboración do relatorio) | Ander Iturriotz (relator)
Manel Bonany
12:00-13:30 Mesa redonda: As viaxes na literatura, coordinada por Xulio L. Valcárcel:
Anxo Angueira
• Urtzi Urrutikoetxea
Ignasi Riera
17.00: Percorrido Rosaliano pola Coruña, por Diego Pardo Amado (con saída na Rúa do Príncipe,3 –Cidade Vella–).
18.30: Recepción na Casa do Concello da Coruña (Praza de María Pita, 1).

Domingo 31 de outubro
10:00-11:30 Asemblea da Federación Galeusca.
12:00-13:30 Mesa redonda: A literatura como fornecedora de contidos da industria cultural: a literatura como modelo de convivencia de vellos e novos soportes, coordinada por Tati Mancebo:
Marcos S. Calveiro
Nikolas Zimarro
Guillem-Jordi Graells
19:00-20:00 Recitado/Lectura de textos + Música:
Olalla Cociña e Dores Tembrás
• Nikolas Zimarro
Miquel Bezares
Xabier Díaz (música).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Galeusca: recital poético-musical con Dores Tembrás, Olalla Cociña, Nikolas Zimarro e Miquel Bezares, coa música de Xabier Díaz

Domingo 31
Biblioteca Municipal de Estudos Locais (rúa Durán Loriga, 10)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Finalizando as actividades do Galeusca 2010, terá un lugar un recitado con lectura de textos poéticos por parte de autores nas tres linguas, as galegas Olalla Cociña e Dores Tembrás, o vasco Nikolas Zimarro e o catalán Miquel Bezares, nun diálogo entre estas culturas que confluirá coa potente aportación musical de Xabier Díaz, dando así un colofón de honra a este XXVII Congreso de Galeusca celebrado na cidade este ano.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Forumfolk: “Coplas para Icía”, concerto de Xabier Díaz

Luns 13
Fórum Metropolitano
21:00
Entradas: 5 euros (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados, 3 euros).

En "Coplas para Icía" (2007), Xabier Díaz (A Coruña, 1969), rescata músicas do pobo tomadas do seu propio arquivo, compilación froito do extenso traballo de campo que el mesmo leva a cabo entre os anos 1990 e 2000, tendo como compañeiros de viaxe a Pedro Lamas e Suso Iglesias, acordeonista e tamén membro da Compañía Nova Galega de Danza. Máis información aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum: clase maxistral de pandeiro por Xabier Díaz

venres, 10 setembro 2010, 11:43 | Category : cursos, música
Tags :

Sábado 11
Fórum Metropolitano
De 11:00 a 14:00 h.
Entrada libre até completar aforo.

Clase maxistral de pandeiro a cargo do grande artista Xabier Díaz, adicada a todas as persoas interesadas en coñecer e perfeccionar os seus coñecementos sobre este instrumento de percusión tradicional, con carácter gratuíto até completar o aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

XXV ANIVERSARIO DA CASA DAS CIENCIAS

venres, 28 maio 2010, 17:37 | Category : música
Tags : , , ,

Sábado 29
Planetario

*AVISO da organización: a entrada é libre e de balde para o CONCERTO DAS 22:00 diante do Palacete da Casa das Ciencias*

21:00.- RECITAL DE GUADI GALEGO, GUILLERMO FERNÁNDEZ E XABIER DÍAZ no Planetario (entrada libre até completar capacidade)
22:00.- CONCERTO DE GUADI GALEGO, GUILLERMO FERNÁNDEZ E XABIER DÍAZ, no exterior da Casa das Ciencias
23:00.- OBSERVACIÓN ASTRONÓMICA POLA AGRUPACIÓN ASTRONÓMICA ÍO

Programa completo aquí.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do CD-DVD “Descarga ao vivo”, hoxe na FNAC

venres, 8 xaneiro 2010, 15:00 | Category : concertos, música
Tags : , ,

alejandro-vargas-trio-

image002Hoxe venres 8 ás 19:30 na FNAC da Coruña con motivo da presentación do CD-DVD "Descarga ao Vivo - Cuba-Galiza", poderemos disfrutar dun concerto dos músicos cubanos participantes no proxecto, coa colaboración de Xabier Diaz, un dos músicos galegos que viviu máis de preto este intercambio musical atlántico. O proxecto é obra de aCentral Folque e o Instituto de Artes Superiores de Cuba. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"POESÍA + CIENCIA" na II Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación da novela Pirata de María Reimóndez

mércores, 30 setembro 2009, 17:00 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : , , ,

A novela Pirata de María Reimóndez será presentada mañá xoves 1 de outubro na Sala Maremágnum do Aquarium Finisterrae da Coruña. No acto participarán ademais da autora o editor Manuel Bragado, a escritora Yolanda Castaño e o músico Xabier Díaz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentouse o CD Tradicción, a música de Pedro Lamas para o espectáculo de Nova Galega de Danza

Onte presentouse en La Postrería o CD Tradicción, traballo de Pedro Lamas creado para o espectáculo homónimo de Nova Galega de Danza. Tradicción pecha unha triloxía da que tamén forman parte Alento e Engado, tres funcións que fusionaban a música galega e a danza desde unha perspectiva contemporánea e vangardista. O éxito de Tradicción vén avalado polo recente Premio de Ciencias e Artes da Representación 2009 outorgado pola Fundación Premios da Crítica de Galicia.
musicos-da-nova-galega-de-danza
Editado por Falcatruada, o disco Tradicción rende tributo aos profesionais que difunden a música popular. Ademais de Pedro Lamas participan no disco Ricardo Rozas (guitarra), Xabier Díaz e Toño Domínguez (voz, gaita e percusión), Suso Iglesias (acordeón), Juan Collazo (vibráfono e percusión tradicional) e Miguel Queixas (batería), coa colaboración de Guillerme Fernández nas mesturas. O produto está xa á venda en tendas físicas e virtuais e pódese escoitar a través de diferentes servizos de streaming.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Mañá mércores, dous concertos para toda a familia

martes, 17 marzo 2009, 11:15 | Category : Arte
Tags : , ,

Mañá mércores 18 no Palacio da Ópera terá lugar un dos Concertos en familia organizados polo Consorcio para a Promoción da Música. A partir das 19 horas poderemos escoitar O paxaro de lume de Igor Stravinsky, nunha función con prezos populares: 2 € a entrada xeral, e de balde para os nenos (máximo dous convites por persoa).

Tamén mañá mércores ás 20:45 no Teatro del Andamio (Alcalde Suárez Ferrín, 10 – Plaza Elíptica – Os Rosais), Xabier Díaz ofrecerá un concerto co título Coplas para Icía. A entrada custa 6 €, e é de balde para os nenos menores de 9 anos acompañados dun adulto. O aforo está limitado a 50 prazas, e pódense facer reservas chamando ao teléfono 981129392.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google