40 Feira do Libro: programa do xoves 4 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o xoves 4 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo diferente. Espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada "Fábula galénica", obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
- 19:00 h. O escritor Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro "Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 19:30 h. Presentación da novela "Noah Barleywater escapa da casa", de John Boyne, publicada no selo editorial Faktoría K. Participará no acto o tradutor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
- 20:00 h. O escritor e xornalista Gabriel García Enríquez asinará exemplares do seu libro "Sir Francis Drake, villano en España, héroe en Inglaterra", Premio de Literatura y Ensayo Fernando Arenas Quintela 2011, editado por Publicaciones Arenas.
- 20:30 h. Editorial Galaxia presenta o libro "Cociñando ao pé da letra". Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras, Víctor F. Freixanes en representación da editorial, máis dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
- 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro "A vida fóra", publicado en Galaxia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

40 Feira do Libro: programa do mércores 3 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o mércores 3 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. Obradoiro de decoración de lapiseiros, impartido por Brétema Animación.
- 19:00 h. Presentación do libro "Todo é silencio", de Manuel Rivas, publicado en Xerais. No acto acompañará ao autor Rómulo Sanjurjo e Manuel Bragado.
- 19:30 h. O escritor Manuel Sánchez Dalama asinará exemplares do seu libro "La mancha negra", publicado por Algaida.
- 20:00 h. Presentación da novela negra titulada "Pegadas nun labirinto baleiro", da autoría de Xosé Manuel García López, publicada por Baía Edicións.
- 20:30 h. O poeta Miguel Anxo Fernán-Vello asina exemplares do libro "Territorio de la desaparición" (edición bilingüe castelán e galego), publicado por Huerga y Fierro Editores.
- 21:00 h. Presentación do libro "Como defenderes os teus dereitos lingüísticos", de Carlos Callón, publicado en Xerais, coa participación do autor, acompañado por Xabier P. DoCampo, Fran Rei e Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

A. C. Alexandre Bóveda: charla de Xabier P. DoCampo no ciclo “Unha película, unha canción, un libro”

Xoves Xabier P. DoCampo26
A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda prosegue o ciclo de charlas titulado "Unha película, unha canción, un libro", no que se amosarán as vivencias de distintos persoeiros desde un punto de vista totalmente separado da súa profesión, contando cales son os seus libros, películas e cancións preferidas e como incluso marcaron momentos importantes das súas vidas. Nesta ocasión o escritor Xabier P. DoCampo compartirá as súas vivencias nestes campos.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fallos dos xurados do “Concurso de contos de nenos para nenos Carlos Casares” e do “Concurso de Teatro Infantil”, da A. C. O Facho

CONCURSO LITERARIO DE CONTOS DE NENOS PARA NENOS CARLOS CASARES:

"A Agrupaçom Cultural O Facho tem a honra de comunicar-lhes o falho do concurso literário Contos de nenos para nenos Carlos Casares na convocatória ano 2011, segundo acordo do jurado formado polos escritores Xabier P. DoCampo, Breogán Riveiro Vázquez, Xosé Manuel Martínez Oca, e Soledad González Maside, directiva d'O Facho (sem voto):

1º.- Prémios da categoria A (Nenos e nenas de 9 a 12 anos):
- Primeiro prémio: Pesadelo, de Ignacio Mañá Mesas, aluno do IES Europa (Ponferrada, O Berzo).
- Segundo prémio: Un día feliz na vida de Xoán de Alva Pensado Ferreiro, aluna do CEIP San Xosé Obreiro (Meicende, A Corunha).

2º.- Prémios da categoria B. (Rapaces e rapazas de 13 a 16 anos):
- Primeiro prémio: Folga xeral, de Matías Núñez Gil, aluno do IES Celanova (Ourense).
- Segundo prémio: Amor e maltrato, de Ana María Gil Rey, aluna do C.P.I. de Zás (A Corunha).

Agradecemos a participaçom de todos os concursantes e felicitamos mui especialmente aos ganhadores. Também queremos recordar que o acto de entrega de diplomas e prémios será o dia 21 de Maio as 20 horas, na sala de conferencias do Centro Social Nova Caixa Galicia (Avenida da Marinha, s/n.) da cidade da Corunha.

Parabéns e cumprimentos.

A Corunha, Maio de 2011.

Assinado: Soledade González Maside, da Agrupaçom O Facho e Secretária do Júri."

CONCURSO DE TEATRO INFANTIL:

"Depois de ter lido as obras apresentadas ao Concurso de Teatro Infantil convocado pola Agrupaçom Cultural O Facho, o júri conformado por pessoas de reconhecido prestigio no âmbito teatral galego, Susana Alejandra Longueira Regueiro, Xosé Manuel Rabón Lamas e Francisco Pillado Maior, tomou o acordo de declará-lo Deserto como resulta da análise dos textos. Os originais nom premiados poderám ser retirados, no prazo de 30 dias, no local de O Facho, prévio correio  dirigido ao endereço postal da Agrupaçom (Rua Federico Tapia, 12-1º, 15005 A Corunha). No caso de que o autor ou autora nom resida na Corunha poderá solicitar que lhe sejam enviados por correio postal.

Na cidade d’A Corunha, 13 de Maio 2011.

Asso. J. Alberte Corral Iglesias
Secretário d'O Facho."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Feijóo, o galego e nós”, de Xosé María Álvarez Cáccamo (coord.))

Venres 11
20:00
Librería Couceiro (Praza do Libro)
Entrada: libre até completar capacidade

Participarán Mª Pilar García Negro, Xabier P. DoCampo, Xulio L. Valcárcel e Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Por que lemos o que lemos?”, por Xabier P. Docampo

mércores, 12 maio 2010, 0:58 | Category : coloquios
Tags :

Xoves 13
20:00
Dublín (Panadeiras, 50)
Entrada: libre até completar capacidade

Os CAFÉS LITERARIOS ofrecen tertulias arredor dun café con escritoras e escritores da cidade. Nesta ocasión Xabier P. Docampo proporá este tema: "Por que lemos o que lemos?".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentacións de libros e conferencias hoxe na Coruña

xoves, 25 marzo 2010, 15:00 | Category : conferencias, presentacións
Tags : , , ,

Hoxe xoves 25 de marzo na Biblioteca de Estudos Locais presentarase o libro Bailabén, de Gustavo Couto e Edith Cotilla (Ed. do Cumio). O acto comeza ás 20 horas e a entrada é libre até completar capacidade.

Á mesma hora na Casa Museo Casares Quiroga da Coruña impartirá unha conferencia o escritor Xabier P. Docampo, co título Camiños de futuro da lingua galega. Organiza a Asociación Cultural Namentras.

Lembramos ademais que hoxe é tamén o día no que se presenta na Biblioteca González Garcés o libro Miguel González Garcés, mineiro de luz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Xabier P. Docampo

martes, 29 setembro 2009, 10:30 | Category : conferencias
Tags : ,

O dia 29 de Setembro, terça-feira (martes), a Agrupaçom Cultural O Facho comeza as actividades do período 2009-10 coa palestra O governo Opus/P.P. e a sua política etnocida contra a Língua Galega dentro do ciclo “Língua, Literatura e Naçom”. A conferencia correrá a cargo do escritor Xabier P. Docampo. Será a partir das oito do serán na Fundación Caixa Galicia, no Cantón Grande da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xabier P. Docampo e Xosé Cobas pasearán por cidades imaxinarias hoxe na Biblioteca dos Rosales

luns, 28 setembro 2009, 12:00 | Category : bibliotecas, conferencias, infantil
Tags : , ,

Continúan os actos conmemorativos da inauguración da nova Biblioteca dos Rosales. Hoxe luns 28 de setembro ás 18:30 viaxaremos a mundos fantásticos e imaxinarios coas narracións do escritor Xabier P. Docampo e cos debuxos do ilustrador Xosé Cobas. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coloquio sobre literatura infantil e xuvenil con Xabier P. Docampo

mércores, 27 maio 2009, 11:30 | Category : Libro e lectura, coloquios, conferencias, escritores, infantil
Tags : ,

Hoxe mércores 27 de maio ás 20 horas na Casa das Atochas o escritor Xabier DoCampo impartirá unha palestra-coloquio arredor do tema A literatura infantil e xuvenil galega. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google