Actividades do Outono Fotográfico: charla de Xacobe Meléndrez, proxección de “Fronteira” e actuación de Os Fresquiños, en Posición B

Venres Fronteira3 de decembro
Asociación Fotográfica Posición B (Galerías de Sta. Margarita, 3)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Dentro das actividades do Outono Fotográfico 2010, terán lugar os seguintes actos:
- 19:00 h. Charla de Xacobe Meléndrez Fassbender sobre "Identidade e cambio. Fotografía, arte e compromiso". Unha visión subxectiva da fotografía como busca da identidade individual e colectiva, na procura de imaxes que inqueden, reflexionen, inquiran...
- 20:30 h. Proxección de "Fronteira" (34 minutos). Con imaxes de Delmi Álvarez, Carmela Gil Vázquez, Maribel Longueira, Luis López Gabú, Carolina Martínez Rodríguez, Xacobe Meléndrez Fassbender e Helena Segura-Torrella, e banda sonora orixinal de Os Fresquiños, Xoán Curiel, "Pedro Lamas e Xosé Lois Romero", "Pinnacle roots reggae band" e Manuel Riveiro.
- 21:15 h. Actuación en directo do grupo Os Fresquiños.
De fondo, a exposición "Graphias", de Begoña Pastoriza e Paz Vicente.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono Fotográfico: “Novas conversas con Atlante”, no Aquarium Finisterrae

Do Novas conversas con Atlantemartes 23 de novembro ao luns 17 de xaneiro
Aquarium Finisterrae
Horario: de 10:00 a 19:00 todos os días (até as 20:00 h. os sábados, domingos e festivos. O acceso péchase unha hora antes do peche do Aquarium).
Entradas: 4 euros para todo o público (até finais de novembro, debido ás actuais obras). A partir desa data: 10 euros para o público xeral, e 4 euros só para menores de 14, maiores de 65 e con carné Xove.

Dentro das actividades do Outono Fotográfico 2010, a exposición colectiva "Novas conversas con Atlante", con obra de: Xosé Abad, Miguel Harguindey, Xacobe Meléndrez Fassbender, Sandra G. Rey, Paco Rocha e Xosé Teiga, comisariada por Xacobe Meléndrez, supón unha reflexión sobre o estado actual do movemento social e ambientalista xerado polo afundimento do Prestige hai 8 anos. Está composta por 58 fotografias de 40 x 60. A inauguración será o martes 23 de novembro ás 19:00 h. Deixamos aquí as palabras do seu comisario, Xacobe Mélendrez:
"O Océano Atlántico, ese ollo no que o Sol se deita a descansar, falou dende sempre coa sociedade galega, manténdoa e axudándoa a medrar. Seis fotógrafxs galegxs tentan recoller con esta exposición os cambios sufridos nesta relación anos despois da traxedia do afundimento do petroleiro Prestige.
O 19 de novembro de 2002 o Prestige parte en dous e afúndese derramando miles de toneladas de fueloil, o que provoca a última das mareas negras que sufriu Galicia. Unha terra caracterizada xeograficamente polas súas Rías -que lle confiren unha moi alta proporción de costa- e socialmente pola súa relación co mar.
Naquel contexto de crise económica e social, diante do engano e o vacío institucional xurdiron cunha forza dramática dous sentimentos: o da reconciliación co medio natural e o de comunidade; a resposta plasmouse nun movemento social sen precedentes que se autoorganizou en grupos de voluntarios ou mesmo de espontáneos que retiraban o piche cos útiles dos que dispuñan, incluso coas mans.
Dende o mundo da cultura artelláronse medios de resposta, así os artistas participaron na denuncia e nas mobilizacións con happenings, publicacións, exposicións... Entre estas iniciativas a fotografía foi un dos axentes máis activos.
Foi aquel un punto de inflexión onde parecía estar a se crear un novo modelo de relacións sociais e entre a sociedade e o medio, unha nova visión máis harmónica e respectuosa do mar. Mesmo chegamos a cuestionar a nosa visión antropocentrista deste océano Atlántico que foi o noso principal motor económico no século pasado, e do que aínda hoxe dependen directa ou indirectamente 250.000 familias en Galicia. Foi un tempo de procura... atopamos respostas?
No 2009, pasados 7 anos, algúns fotógrafxs rastrexamos sobre a realidade galega as pegadas daquela mudanza de hábitos. Ata que ponto se produciu esa nova relación e en que consistiu o cambio? Cal é a nova relación entre a sociedade e o mar galego?
Novas palabras, novas imaxes para vellos actores dun fermoso escenario clásico, retratadas a través dun feixe de ollos escrutadores para reintroducir de novo a reflexión, nun xogo de espellos, de imaxes e identidades tan fondamente ligado á linguaxe fotográfica."

Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Novas conversas con Atlante 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Caiuco, fame e emigración, exposición na Domus

venres, 5 marzo 2010, 12:00 | Category : exposicións, fotografía, museos científicos
Tags : ,

caiucos1

caiucos2

Hoxe venres 5 ás 20 horas no vestíbulo da Domus inaugúrase unha exposición fotográfica de Xacobe Meléndrez: Caiuco, fame e emigración.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google