Acto da AELG no Día de Rosalía

A Asociación de Escritores en Lingua Galega promove para mañá mércores día 24 de febreiro a lectura dun manifesto conmemorativo do nacemento da escritora galega Rosalía de Castro, a celebrar en varias cidades do país. Na Coruña a lectura terá lugar ás 18:00 no monumento a Curros Enríquez e contará coa participación de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG; Mercedes Queixas, secretaria xeral da AELG, Manuel Rivas, Xavier Seoane e Luz Pozo. Colabora a Concellaría de Cultura do Concello da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor

A Asociación Cultural Alexandre Bóveda informa que este xoves 17 de
decembro terá lugar a celebración da Gala XXV aniversario da Xeración de amor e desamor. Na mesma terá lugar a intervención poética de diversos integrantes desta xeración como Lino Braxe, Manuel Rivas, Miguel Mato, José Devesa, Miguel Anxo Fernán Vello, Xulio L. Valcarcel ou Xavier Seoane. O acto será presentado por Consuelo Bautista e durante o mesmo presentarase un libro e cd homenaxe a esta xeración poética. Será no teatro Rosalía de Castro, ás 20:30 h. con entrada gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético en homenaxe a González Garcés

mércores, 9 decembro 2009, 11:30 | Category : homenaxes, poesía, recitais
Tags : , ,

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

"POESÍA + CIENCIA" na II Mostra de Ciencia e Cinema

Dentro da Mostra de Ciencia e Cinema hoxe mércores ás 20:30 terá lugar no Teatro Rosalía de Castro un recital co título POESÍA + CIENCIA no que participarán Marica Campo, Emma Couceiro, Estibaliz Espinosa, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas e Xavier Seoane. O acto estará presentado por Lucía Aldao e contará coa actuación musical de Guadi Galego, Guillermo Fernández e Xabier Díaz. A entrada é de balde.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Xavier Seoane presenta o seu novo poemario

do-ventre-da-cobrega
O venres 22 de maio ás 20 horas no Centro Social Caixanova dos Cantóns, e coas intervencións de Fidel Vidal, Eva Veiga, Miguel Anxo Fernán-Vello e o autor, Xavier Seoane.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético de Luz Pozo e Manuel Álvarez Torneiro

pozogarzaluzA Agrupación Cultural Alexandre Bóveda informa que hoxe martes 12 de maio terá lugar un novo recital do ciclo Poetas coruñeses con Manuel Álvarez Torneiro e Luz Pozo, presentados por Xavier Seoane. Será ás 20:30 no salón de actos da asociación (R/ Olmos 16-18, 1º) con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Coloquio na Domus: A primavera, o sangue altera?

luns, 23 marzo 2009, 10:30 | Category : ciencia
Tags : , , , ,

A primavera, o sangue altera? é o tema da terceira sesión de Os luns con ciencia, o ciclo de actividades de divulgación preparado polos Museos Científicos co patrocinio de Caixanova. O coloquio intercultural de hoxe, que moderará Pablo Portabales, xornalista de RadioVoz, tratará sobre o cambio de estación desde a perspectiva da psicoloxía, a medicina, a literatura, a astronomía e a bioloxía. Para iso contarase coa intervención de profesionais das diferentes materias, como son Manuel Fernández Blanco, adxunto do Servicio de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña; Xavier Seoane, escritor, profesor e crítico de arte, Pedro Galán, profesor titular da área de Zooloxía da Universidade da Coruña e Borja Tosar, vicepresidente da Agrupación Astronómica Io. O acto celebrarase na Domus (r/ Santa Teresa 1, A Coruña) a partir das 20 horas. A entrada é libre e gratuíta.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de Xavier Seoane e Manuel Rivas

martes, 20 xaneiro 2009, 12:00 | Category : poesía
Tags : , ,

Hoxe martes 20 ás 20:00 no local da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Olmos, 16-18 – 1º) terá lugar un recital poético a cargo de Xavier Seoane e Manuel Rivas dentro do ciclo “A palabra na voz de quen a crea”, que conmemora o 25 aniversario do colectivo “De amor e desamor”. A serie de recitais proseguirá ao longo dos próximos meses. A entrada é de balde até completar aforo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google