O Fórum Metropolitano acolle o ciclo Xentes, espazos e lugares

domingo, 31 xaneiro 2010, 19:00 | Category : arquitectura, conferencias, divulgación, natureza
Tags :

Organizado pola Concellería de Cultura en colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), o ciclo de conferencias Xentes, Espazos e Lugares desenvolverase no Forum Metropolitano desde mediados de febreiro até o mes de maio. O ciclo é un programa anual de divulgación e formación non regrada dirixido á cidadanía en xeral no que se pretende ofrecer unha visión plurar e complexa dos espazos e os ugares que habitamos, tendo moi presente como se desenvolve a nosa vida neles.

Este ciclo busca ser un punto de encontro para arquitectos, urbanistas, artistas plásticos, xeógrafos, xornalistas, escritores, sociólogos... que fican convidados a compartir as súas reflexións sobre como foi e como é a nosa interacción cos espazos que habitamos ao longo do tempo. O perfil dos asistentes é de persoas de 30 a 70 anos, con interese nos temas que afectan á colectividade máis alá de compromisos profesionais específicos, polo que se busca que o ton e profundidade das intervencións teña un carácter marcadamente divulgativo e coloquial atendendo á condición de non especialistas que teñen os destinatarios do programa tal e como destacou o coordinador do curso, Xosé Manuel Rosales.

Este é o programa completo do ciclo:

18.02.2010: Felipe Senén, Os espazos da Cultura
25.02.2010: Xoan Vazquez Mao, A fronteira como ventaxa competitiva: Presente e futuro da Eurorrexión
04.03.2010: Delegación do COAG na Coruña, Iniciativas cidadás: A cidade dos Barrios
11.03.2010: Bert Wasmer, A vivenda na ecocidade de Friburgo
18.03.2010: Manolo Rúa, Urbanismo en Galicia: Do eu ao nós
25.03.2010: Belen Gesto, Habitabilidade básica
08.04.2010: Hector Pose, Por un habitar pedagógico
15.04.2010: Jose Mª Ezquiaga, Sustentabilidade e Territorio
22.04.2010: Luis Sepulveda, A literatura como memoria da paisaxe
29.04.2010: Martín Fernandez, Mobilidade e Territorio
06.05.2010: Mabel Ribera / Enrique Banet, As feridas do territorio: A Serra da Groba
13.05.2010: Joan Busquets, Habitares presentes e futuros

As inscripcións poden facerse na Conserxería do Fórum Metropolitano ou en Servinova (desde o 3 de febreiro). A cuota é de 50 €.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google