40 Feira do Libro: programa do luns 1 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o luns 1 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 11:00 h. Apertura da feira.
- 12:45 h. Actuación da Banda Municipal de Música da Coruña.
- 13:00 h. Inauguración oficial. Pregón a cargo de Alfonso García Sanmartín, presidente do Cluster do Libro de Galicia.
- 19:00 h. Charla presentación da exposición fotográfica "Tiempo de recreo", patrocinada pola Fundación Telefónica. Participan no acto Fernando Marías, Carlos Spottorno, Marta Rivera de la Cruz e Lola Beccaría.
- 19:30 h. O escritor e académico Xosé Neira Vilas, asinará exemplares dos seus libros.
- 20:00 h. Presentación do libro "Un dedo manchado de tinta", de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Manuel Bragado, director da Editorial e actuación de Clara Pino.
- 20:30 h. O profesor Jorge Mira asinará exemplares do seu libro "A ciencia no punto de Mira", publicado por Auga Editora.
- 20:45 h. Presentación dos libros "Penúltimo dietario", de Xosé Neira Vilas e "Aníbal Otero. Lingüística e política en España na guerra civil e no franquismo", de Xesús Alonso Montero, publicados por Edicións Xerais de Galicia. Xunto cos autores, participará no acto Manuel Bragado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fundación Caixa Galicia: presentación de “Nas profundas augas do esquecemento”, de Sergio Vences

Mércores 29
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da novela "Nas profundas augas do esquecemento", de Sergio Vences, publicada en Toxosoutos. No acto acompañará ao autor Xesús Alonso Montero.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O Facho homenaxea a Xesús Alonso Montero

martes, 19 xaneiro 2010, 23:00 | Category : homenaxes
Tags : ,

A Directiva da Agrupaçom O Facho acordou outorgar o premio O Facho de Ouro ao profesor Xesús Alonso Montero, "como testemunha e reconhecimento a sua longa trajectória na defesa da dignidade e da cultura do País". O acto cívico estará acompañado dunha cea homenaxe que se celebrará o sábado día 30 de xaneiro ás 21 horas no Hotel Riazor da Coruña. O prezo por persoa é de 30 €. Para reservar lugar, chamar ao teléfono 981 269 663 (tardes) ou enviar un correo electrónico.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google