Aberta a inscrición para o obradoiro de escrita poética “Eu é un outro”, impartido por Xoán Abeleira

xoves, 15 decembro 2011, 0:12 | Category : obradoiros, poesía
Tags : ,

Todos Xoán Abeleiraos xoves 2 de febreiro ó 19 de abril do 2012.
Centro Psicosom (Rúa Federico Tapia, 43, 2º esquerda)
De 19:30 a 21:00 horas ou de 20:00 a 21:30 horas (consonte a conveniencia da maioría da xente interesada no obradoiro)
Prezo: 150 euros en total -50 euros ó mes -a pagar consonte as posibilidades de cada quen.

Obradoiro de escrita poética "Eu é un outro. Introdución á poesía moderna. A creación como método de coñecemento e de (pro)cura interior", impartido por Xoán Abeleira. O número máximo de prazas é de 15, cunha duración de tres meses (unha clase á semana, dunha hora e media de duración), con posibilidade de prolongar o curso. Máis información e reservas no teléfono 686397847 e/ou no correo xabeleira@mundo-r.com
Programa: "No obradoiro mesturaremos a teoría coa práctica poética. Por unha banda, e tomando o poeta francés Charles Baudelaire como punto de partida, percorreremos o desenvolvemento da poesía moderna universal, dende o simbolismo ata as vangardas de principios do século XX, lendo, analizando e comentando os textos claves das súas principais figuras: Charles Baudelaire, Arthur Rimbaud, Jules Laforgue, Walt Whitman, Emily Dickinson, Stéphane Mallarmé, Guillaume Apollinaire, T. S. Eliot, Ezra Pound, os poetas expresionistas alemáns, os poetas cubistas, os poetas futuristas, os poetas superrealistas, etc, ocupándonos especialmente da influencia de todos eses autores e movementos na poesía galega e española daquelas épocas. Por outra, e partindo de exemplos concretos dos tipos de técnicas, estruturas, ritmos, recursos... poéticos inventados e/ou desenvolvidos polos autores estudados, os e as participantes no obradoiro escribirán e comentarán os seus propios textos, realizados consonte os modelos analizados en clase: poemas en verso medido, poemas en verso libre, poemas en prosa, poemas cubistas, poemas expresionistas, poetas superrealistas, etc. Así mesmo, e ó fío de cada un dos autores estudados, abordaremos distintos temas vencellados co feito da creación en si (coma, por exemplo, a relación entre a arte e a meditación, a arte e o xamanismo, a arte e a psicoloxía, a arte e a indagación no inconsciente colectivo e persoal, etc), facendo especial fincapé nas distintas vías en que a creación poética, como método de coñecemento e de sanación, nos axuda a medrar no camiño da sabedoría, revelándonos a realidade última das cousas e, xa que logo, de nós."

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: actuación do proxecto de fusión artística “Fuso Negro”

Martes Fuso Negro28
Fórum Metropolitano
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Actuación do proxecto de fusión artística "Fuso Negro", tipo "spoken word", no que Xoán Abeleira (voz e percusión), Karlos Barral (percusión), Bruno Couceiro (batería), Julio Cuns (guitarra), Kale Thunström (baixo) e Tono Galán (obras, escenografía, fotos, vídeos...), fusionan, basicamente, a música, o teatro e a poesía de vangarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

MACUF: conferencia e proxeccións “Arte en movemento. O proxecto Eidanpelis de Tono Galán”, presentada por Xoán Abeleira

Venres BLOGEIDAN8
MACUF (Avenida de Arteixo, 171)
17:00
Entrada libre até completar capacidade.

Conferencia "Arte en movemento. O proxecto Eidanpelis de Tono Galán", presentada por Xoán Abeleira. Na sesión proxectaranse catro obras de Tono Galán: "Erik pinta un cuadro" (2009), "Déjàvus" (2009), "Todaunavida" (2010) e "Xalundes" (2010).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Estrea do proxecto de fusión artística “Fuso Negro”, na Fundación Caixa Galicia

Venres Fuso Negro28
Fundación Caixa Galicia (Cantón Grande)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Estrea do proxecto de fusión artística "Fuso Negro", -nome quitado dunha personaxe de Ramón del Valle-Inclán-, que tenta ser un proxecto cultural, tipo "spoken word", no que o poeta Xoán Abeleira, o baixista Álvaro Muras, o guitarrista Julio Cuns, o percusionista Karlos Barral e o batería Bruno Couceiro fusionan, basicamente, a música, o teatro e a poesía de vangarda.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

CGAI: “África Negra: Burkina Faso/Malí”, “Erik pinta un cuadro”, “Déjà vu” e “Xalundes”, de Tono Galán

Sábado 11
18:00
CGAI (Durán Loriga, 10, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No ciclo "Off Galicia", proxección de "África Negra: Burkina Faso/Mali" (2004)., de Tono Galán. Documento rodado nunha viaxe a África; "Erik pinta un cuadro" (2009),  tamén de Tono Galán, finalista na oitava edición de Notodofilmfest; "Déjà vu" (2009, 20 minutos). Dirección e guión: Tono Galán. Produción: Eidanpelis. O David de Michelangelo cobra vida e transita por algunhas das grandes pinturas de todos os tempos, desde os muros de Altamira ata a época barroca. Unha sucesión de situacións trazadas polo artista Tono Galán que introducen o espectador no mundo da arte de maneira didáctica e amena; seguido de "Xalundes" (2010, 22 minutos). Dirección: Tono Galán. Guión: Xoán Abeleira e Tono Galán. Produción: Eidanpelis. Intérpretes: Xoán Abeleira, Mariví Villaverde. Homenaxe ao superrealismo por parte de Tono Galán e Xoán Abeleira. Concibido de xeito irracional, rodouse na prisión da Coruña, xa pechada. Baseado en textos e citas de autores como Camus, Rimbaud, Artaud e Breton, un poema visual herdeiro dos artistas aos que está dedicado. Presentación a cargo dos seus autores.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación e recital de “As nosas sombras no Xardín de Serralves”, de Xoán Abeleira

Venres As nosas sombras10
Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación e recital do libro "As nosas sombras no xardín de Serralves", de Xoán Abeleira. No acto estará acompañado por Francisco Fernández Naval.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Encontros en Milpedras”: recital de poesía, música e pintura en directo

Venres2010-06-24 Milpedras 1 23
20:30
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

Este venres 23 de xullo, ás 20:30 h., desenvolverase no Taller de Litografía Milpedras, na rúa Brasil, nº 3, baixo, da Coruña, a primeira edición de Encontros en Milpedras, unha proposta para unir en diálogo libre, ao vivo, poesía, música e artes plásticas. Actuarán recitando poemas Xoán Abeleira, Pedro Casteleiro, François Davó e Ramiro Torres, co músico Dúbi Baamonde e o artista plástico sirio Ali Ali.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Terra Berger: homenaxe poético-musical a John Berger

Mércores 302010-06-30 Terra Berger
20:30
Antigo Cárcere Provincial da Coruña
Aforo limitado. Entrada con convite (repártense desde o luns 28, no recinto do Cárcere. Horario: de 12:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00)

Recital poético-musical coa actuación en directo de Berrogüetto. Participan: Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Festival Artístico Paralelo 43º 21’ 45” (ARTES LITERARIAS)

ParaleloSábado 15

Mercado das Conchiñas:
11:30.- “O MERCADO DA POESÍA” (recital poético): Celso Álvarez Cáccamo, Dores Tembrás, Enma Pedreira, Eva Veiga, Francisco F. Naval, Françoise Davós, Luís Maças, Xosé Luís Otero Cebral, María Lado, Maruxa Martínez Baleirón, Natalia Margalejo, Pedro Casteleiro, Ramiro Torres, Xavier Seoane, Xoán Abeleira, Eduardo Estévez. Acompañados da música de César Morán e Dúbi Baamonde.

Rúa Barcelona (entre o 113 e o 117):
20.00.- “SLAM PROPÓLIS”: Aurora Abelaidas Vilariño, Ramón Chrarliú Osores, papis Diao e Nico. Acompaña Danza Duende de Cristina Morán.

Patrocina: Concellaría de Igualdade e Participación. Colaboran: Concellaría de Cultura e Concellaría de Mocidade, Solidariedade e Normalización Lingüística.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Continúa o ciclo "Poetas coruñeses" na Alexandre Bóveda

martes, 22 setembro 2009, 14:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , , ,

Hoxe martes 22 ás 20.00 horas continúa o ciclo de poetas coruñeses organizado por Miguel Mato para a Asociación Cultural Alexandre Bóveda. Esta vez intervirán os poetas e tradutores Suso Pensado e Xoán Abeleira presentados polo poeta e narrador Xulio López Valcárcel. A entrada é libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Música para un ouveo, hoxe no Rosalía

xoves, 3 setembro 2009, 4:15 | Category : música, poesía
Tags : , , ,

Espectáculo con música de Borja Costa sobre o texto Howl de Allen Ginsberg, traducido ao galego por Xoán Abeleira. Estrea absoluta coa participación de Manuel Rivas como escritor invitado o xoves 3 de setembro na Coruña ás 21.00 horas no Teatro Rosalía de Castro. Máis información na páxina web do proxecto.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google