Fundación Luís Seoane: exposición “Quen corta os fíos do soño?”, sobre Lois Pereiro

Dodestacado47 mércores 20 de xullo ao domingo 25 de setembro
Fundación Luís Seoane (Rúa San Francisco, s/n.)
Martes a sábado de 11:00 a 14:00 h. e de 17:00 a 20:00 h.
Domingos de 11:00 a 14:00 h. Luns pechado.
Entrada libre.

Coincidindo coa concesión do Día das Letras Galegas 2011 ao poeta Lois Pereiro (Monforte 1958-A Coruña 1996), a Fundación Luís Seoane dedica esta exposición á figura e obra dun autor chave para comprender gran parte da escea cultural galega durante a segunda metade do século XX. Comisariada polo pintor e escritor Antón Patiño, "Quen corta os fíos do soño? Lois Pereiro" céntrase na intensidade da escritura do poeta monfortino, visualizando os seus poemas a través de recursos tipográficos. Lois Pereiro xerou ademais unha iconografía de seu a través dos retratos fotográficos que lle fixeron moitos compañeiros de xeración, como Xosé Abad, Vari Caramés, Xurxo Lobato, Víctor Echave, Andrés Panaro e Manuel Vilariño. Unha escolla destas imaxes formará parte asimesmo deste proxecto expositivo, así como un impactante retrato expresionista do poeta realizado por Reimundo Patiño e un debuxo do propio Antón Patiño. A mostra conta coa colaboración de Xosé Manuel Pereiro e a familia do poeta. O libro-catálogo da exposición incluirá textos de Manuel Rivas, Xosé Luís Méndez Ferrín, Xosé Manuel Pereiro, Alberto Ruíz de Samaniego e Antón Patiño. A inauguración terá lugar o mércores 20 de xullo ás 20:00 horas.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”: actividades do sábado 11 de xuño

Finalizan Xornadas Cárcereas "Xornadas do Cárcere" na Antiga Prisión Provincial, promovidas polo Proxecto Cárcere, coas seguintes actividades para o sábado 11:

- 11:30 h. Concentración da Comisión da Recuperación da Memoria Histórica coa presenza de persoas que por motivos políticos pasaron por esta prisión. Lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación dunha placa conmemorativa lembrando a prisión como lugar de represión franquista, e como homenaxe a todas as persoas que loitaron pola liberdade e democracia.
- 17:30 h. Palestra "Represión Franquista e as vivencias na cadea". Charla a cargo da Comisión da Recuperación da Memoria Histórica coa participación de ex-presos políticos que estiveron no cárcere da Coruña.
- 18:30 h. Proxección de "O segredo da Frouxeira", coa presenza do seu director Xosé Abad, que tamén estivo no cárcere da Coruña.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Xornadas do Cárcere”, do 8 ao 11 de xuño

A Plataforma Proxecto Cárcere convida Xornadas Cárcerea participar das Xornadas de Portas Abertas no Antigo Cárcere Provincial da Coruña que terán lugar do mércores 8 ao sábado 11 de xuño. A inauguración das xornadas está prevista para o mércores 8 de xuño ás 18:30 horas.
Durante as xornadas realizaranse actividades sociais, culturais e da memoria organizadas por diversas persoas e colectivos da nosa cidade co fin de mostrar o grande potencial que ten este edificio, noutroras símbolo da represión, como espazo de encontro e liberdade dende onde a cidadanía podamos participar activamente na construción da nosa comunidade.
As xornadas son un paso máis nun proceso que comezou a finais do 2010 cando un grupo de aproximadamente 40 persoas e colectivos decidiu constituir a Plataforma Proxecto Cárcere e traballar conxuntamente cara á recuperación do antigo cárcere como centro sociocultural e da memoria. Por iso, alén de visibilizar in situ esta iniciativa enchendo o cárcere de actividades e persoas, e de promover o apoio e participación da sociedade coruñesa, pensan as xornadas como unha oportunidade de debater e reflexionar sobre a construción do proxecto xa cara a presentación futura dunha proposta firme e consensuada desde a participación e xestión cidadá. Con este fin haberá debates abertos á participación de todas as persoas e colectivos interesados en temas como: modelos de xestión e financiamento, titularidade do espazo, participación cidadá, construción de comunidade, creación e producción artistica, tecido asociativo da cidade, etc.
Alén da programación de actividades tamén se poderá visitar no mesmo cárcere de forma aberta durante os 4 días de xornadas a exposición LIBERDAD.É. Esta exposición é o resultado dun chamamento aberto para producir obras que explorasen o concepto de Liberdade como símbolo de ruptura co espazo que o cárcere ten representado historicamente no noso imaxinario. Nesta exposición participan por volta de 20 artistas con esculturas, videoarte, fotografía, pintura, instalacións, etc. A inauguración de LIBERDAD.É terá lugar o mércores 8 de xuño ás 19:15 h. despois da leitura do manifesto da "Plataforma Proxecto Cárcere".

PROGRAMA

Mércores 8:
19:00.- Inauguración das Xornadas: Lectura do manifesto Plataforma Proxecto Cárcere, acompañados do saxofonista Marcos Casás.
19:15.- Inauguración da exposición "Liberdad.é".
20:00.- Debate aberto: "Producción e xestión cultural".
21:30.- Obradoiro a cargo de Fredi Muíños do colectivo Manicómicos.
22:00.- Concerto de Manu Clavijo.
Actividade continua:
- Demostración e degustación: "Cociña solar e consumo responsábel". Juan Bello e Cooperativa Zocamiñoca.
- Mural participativo: "Cultura-Sociedade-Memoria". Plataforma Proxecto Cárcere.

Xoves 9:
19:00.- Debate aberto: "O movemento cidadán 15-M".
21:30.- Concerto de Álvaro Muras.
22:30.- "Cabaret As3": Carmen Cotelo, Noemí Miranda, Alba Fernández.

Venres 10:
16:50.- Feira de troco de obxectos. Rede Troco Coruña e Cooperativa Zocamiñoca.
17:00.- Charla-obradoiro: "Embarazo, maternidade e porteo respetuoso". Ser Doulas.
18:00.- Coloquio sobre feminismo e a lei da familia. Cafés Feministas.
19:00.- Debate aberto: "O futuro do cárcere. E ti que vas facer aquí?".
20:30.- Presentación mundial do Grupo Surrealista Galego.
20:30.- Performance: "Xénero Escea. Área de descanso". Compañía Gayo Pinheiro.
21:30.- Música: "Fados de Lisboa". Gonçalo Guerreiro.
22:00.- Danza: "Bótoche unha man?". Compañía Catro no metro.
Actividades continuas:
- "Da horta á mesa! Consumo consciente e responsabel". Cooperativa de Consumo Responsábel Zocamiñoca.
- Actividade participativa: Mural feminista. Colectivo Nomepisesofreghao.

Sábado 11:
11:30.- Concentración da Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña coa presenza de persoas que estiveron no cárcere por motivos políticos, lectura do manifesto "Nós tamén estamos indignados" e colocación de panel conmemorativo.
17:30.- Palestra: "Represión franquista e vivencias na cadea". Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
18:30.- Proxección do documental "O segredo da Frouxeira", coa presenza de Xosé Abad.

ACTIVIDADES PERMANENTES

- Recepción: Punto de información con dípticos, camisetas, chapas.
- Ordenador con web cam para "fichar ao público e participantes" (foto de frente e perfil).
- Paneis temáticos participativos onde a xente poda participar activamente no proceso.
- Espazo de proxeccións: Lugar onde se proxecten en bucle vídeos.
- Bar: Estará aberto durante todas as xornadas. Serviremos cañas, auga, refrescos e algún pincho.
- Radio: Cuac FM.
- Cobertura fotográfica: Ollo de vidro / Lomo colectivo.

CCCP from MrEIDANPELIS on Vimeo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do documental “O segredo da Frouxeira”, no FNAC

mércores, 19 xaneiro 2011, 12:53 | Category : audiovisual, presentacións
Tags : , ,

Xoves 20
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda. Praza de Lugo, s/n.)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do documental "O segredo da Frouxeira", de Xosé Abad, no que colabora, entre outras entidades, a Concellaría de Cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do documental “O segredo da Frouxeira”, no FNAC

Venres 10
FNAC (Mercado Eusebio da Guarda. Praza de Lugo, s/n.)
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación do documental "O segredo da Frouxeira", de Xosé Abad, no que colabora, entre outras entidades, a Concellaría de Cultura. No acto participan, ademais do seu autor, Xurxo Souto, Manuel Rivas e Enrique Barrera.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Emisión de “O segredo da Frouxeira” na 2ª canle da TVG

martes, 30 novembro 2010, 11:51 | Category : audiovisual
Tags : , , ,

Este O segredo da Frouxeiramércores, 1 de decembro, ás 22:45 h., emítese na 2ª canle da TVG "O segredo da Frouxeira", de Xosé Abad, documental que presenta un novo punto de vista da Guerra Civil Española e as súas consecuencias aínda hoxe, e no que colabora, entre outras entidades, a Concellaría de Cultura.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Outono Fotográfico: “Novas conversas con Atlante”, no Aquarium Finisterrae

Do Novas conversas con Atlantemartes 23 de novembro ao luns 17 de xaneiro
Aquarium Finisterrae
Horario: de 10:00 a 19:00 todos os días (até as 20:00 h. os sábados, domingos e festivos. O acceso péchase unha hora antes do peche do Aquarium).
Entradas: 4 euros para todo o público (até finais de novembro, debido ás actuais obras). A partir desa data: 10 euros para o público xeral, e 4 euros só para menores de 14, maiores de 65 e con carné Xove.

Dentro das actividades do Outono Fotográfico 2010, a exposición colectiva "Novas conversas con Atlante", con obra de: Xosé Abad, Miguel Harguindey, Xacobe Meléndrez Fassbender, Sandra G. Rey, Paco Rocha e Xosé Teiga, comisariada por Xacobe Meléndrez, supón unha reflexión sobre o estado actual do movemento social e ambientalista xerado polo afundimento do Prestige hai 8 anos. Está composta por 58 fotografias de 40 x 60. A inauguración será o martes 23 de novembro ás 19:00 h. Deixamos aquí as palabras do seu comisario, Xacobe Mélendrez:
"O Océano Atlántico, ese ollo no que o Sol se deita a descansar, falou dende sempre coa sociedade galega, manténdoa e axudándoa a medrar. Seis fotógrafxs galegxs tentan recoller con esta exposición os cambios sufridos nesta relación anos despois da traxedia do afundimento do petroleiro Prestige.
O 19 de novembro de 2002 o Prestige parte en dous e afúndese derramando miles de toneladas de fueloil, o que provoca a última das mareas negras que sufriu Galicia. Unha terra caracterizada xeograficamente polas súas Rías -que lle confiren unha moi alta proporción de costa- e socialmente pola súa relación co mar.
Naquel contexto de crise económica e social, diante do engano e o vacío institucional xurdiron cunha forza dramática dous sentimentos: o da reconciliación co medio natural e o de comunidade; a resposta plasmouse nun movemento social sen precedentes que se autoorganizou en grupos de voluntarios ou mesmo de espontáneos que retiraban o piche cos útiles dos que dispuñan, incluso coas mans.
Dende o mundo da cultura artelláronse medios de resposta, así os artistas participaron na denuncia e nas mobilizacións con happenings, publicacións, exposicións... Entre estas iniciativas a fotografía foi un dos axentes máis activos.
Foi aquel un punto de inflexión onde parecía estar a se crear un novo modelo de relacións sociais e entre a sociedade e o medio, unha nova visión máis harmónica e respectuosa do mar. Mesmo chegamos a cuestionar a nosa visión antropocentrista deste océano Atlántico que foi o noso principal motor económico no século pasado, e do que aínda hoxe dependen directa ou indirectamente 250.000 familias en Galicia. Foi un tempo de procura... atopamos respostas?
No 2009, pasados 7 anos, algúns fotógrafxs rastrexamos sobre a realidade galega as pegadas daquela mudanza de hábitos. Ata que ponto se produciu esa nova relación e en que consistiu o cambio? Cal é a nova relación entre a sociedade e o mar galego?
Novas palabras, novas imaxes para vellos actores dun fermoso escenario clásico, retratadas a través dun feixe de ollos escrutadores para reintroducir de novo a reflexión, nun xogo de espellos, de imaxes e identidades tan fondamente ligado á linguaxe fotográfica."

Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Novas conversas con Atlante 2010.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Estrea do documental O segredo da Frouxeira

mércores, 20 xaneiro 2010, 11:00 | Category : audiovisual, historia
Tags : ,

Hoxe mércores 20 de xaneiro ás 20:00 o Teatro Rosalía Castro estrea O Segredo da Frouxeira, documental de Xosé Abad. En palabras do director, o documental "aborda un tema nunca suficientemente contado, pero desde unha perspectiva diferente, a dos conflitos e equívocos vividos polos familiares das vítimas. A perda, o saqueo, o silencio, a ameaza, a difamación, todo o que vai sucedendo despois de que os seus familiares fosen fusilados. A carga emocional non impide ás familias, tamén vítimas da represión, reencontrarse e reclamar o recoñecemento da verdade, sen ningún ánimo de vinganza e construíndo unha historia de enorme dignidade”. A entrada á proxección é libre e gratuíta.

frouxeira
Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google