A. C. Alexandre Bóveda: exposición “Formas de ver a Bóveda”

Do xoves 7 de xullo ao mércores 31 de agosto
Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º)
Entre 16:30 e 19:30 horas de luns a xoves.
Entrada libre até completar capacidade.

A exposición multidisciplinar "Formas de ver a Bóveda" está composta por obra gráfica, pintura, escultura e manuscritos de artistas, escritores e escritoras de todo o país (estes últimos en colaboración coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) que acudiron á chamada da Asociación Cultural para expresar como ven eles, 75 anos despois do seu asasinato, a figura de Alexandre Bóveda. Os artistas participantes son: Ánxeles Penas, Sonia Esturao, Magaly, Deli Sánchez, Jose Luis Busto, Berta Ares, Ana Martínez, Sara Garrote (Chuca), Sabela Baña, Alfredo Constela, Nito Davila, Óscar Carballo, Maria Braxe, Nando Pereiro, Maribel dos Anxos, Iglesias Diz e Nolo Suárez. A listaxe dos autores dos manuscritos está conformada por: Xavier Queipo, Francisco Castro, Olga Patiño, Ana Arias Saavedra, Alberto Suárez Figueiras, Xosé Vázquez Pintor, Xosé María Álvarez Cáccamo, Vicente Piñeiro González, Xosé Neira Vilas, Rafael Lema, Afonso Álvarez Cáccamo, Fina Casalderrey, Concha Blanco Blanco, Felipe Senén, Xoán Carlos Domínguez Alberte, Salvador García-Bodaño, Xoán Xosé Fernández Abella, Lucía Novas e Adolfo Caamaño Vázquez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación e recital de poesía no FNAC

Venres 3
FNAC (Praza de Lugo)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo da presentación da antoloxía bilingüe alemán-galego: Ein Rosenfeure, das uns Verstört: 4 Dichter aus Galicien, 4 poetas galegos, publicado polo Centro de Estudos Galegos de Kiel (Alemaña), desenvolverase un recital dos seus autores: Miguel Anxo Fernán-Vello, Manuel Rivas, Xulio L. Valcárcel e Xosé María Álvarez Cáccamo.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro “Feijóo, o galego e nós”, de Xosé María Álvarez Cáccamo (coord.))

Venres 11
20:00
Librería Couceiro (Praza do Libro)
Entrada: libre até completar capacidade

Participarán Mª Pilar García Negro, Xabier P. DoCampo, Xulio L. Valcárcel e Francisco Pillado.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Joan Margarit e Xosé María Álvarez Cáccamo en xaneiro no Poetas Di(n)versos

luns, 12 abril 2010, 10:28 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Así foi o recital que o Ciclo ofreceu o 19 de xaneiro.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de Joan Margarit e Pepe Cáccamo, hoxe na Coruña

martes, 19 xaneiro 2010, 11:30 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Lembrámosvos que hoxe martes 19 de xaneiro terá lugar a terceira sesión do ciclo Poetas Di(n)versos, desta volta coa participación do catalán Joan Margarit, Premio Nacional de Poesía 2008, e o galego Xosé María Álvarez Cáccamo. Será ás 20:30 na Casa de Cultura Salvador de Madariaga (Durán Loriga, 10, A Coruña), con entrada libre.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Conferencia de Xosé María Álvarez Cáccamo

venres, 11 decembro 2009, 14:00 | Category : conferencias
Tags :

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Alfredo Ferreiro presenta o seu poemario Metal central

Hoxe venres 5 de xuño na Galería Sargadelos da Coruña (Real, 56), ás 20:00, terá lugar a presentación do poemario Metal central (Espiral Maior), de Alfredo Ferreiro. O autor contará coa presenza de Xosé María Álvarez Cáccamo (autor do prólogo) e Miguel Anxo Fernán Vello (editor).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google