Teatro Rosalía: “E. R. Algún día traballaremos xuntas”, de Josep M. Benet i Jornet

Venres 4, sábado 5 e domingo 6
Teatro Rosalía de Castro
20:30
Entradas: 6, 7, 9 e 13 euros (carné xove, maiores de 65 anos e desempregados, desconto dun 20%).

Dentro do Ciclo Principal, representación de '"E. R." Algún día traballaremos xuntas', de Josep M. Benet i Jornet, pola Compañía Teatro do Atlántico. Na busca de información sobre un personaxe que deberá interpretar e que ten que ver coa biografía de Encarna Ribera, grandísima actriz e profesora xa desaparecida, unha estudante de Arte Dramática visita a tres veteranas profesionais que na súa mocidade foran discípulas daquela. As veteranas actrices, tres mulleres maduras, posúen cada unha a súa verdade sobre E. R. e o sucedido arredor dela. E complementando esas as súas tres verdades, a envexa e o rancor transitan xunto coa tenrura e o afecto tinguindo de matices unha paleta emocional complexa e conmovedora. Con Manuela Varela, María Barcala, Luísa Merelas e Susana Dans, baixo a dirección de Xulio Lago.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Teatro Rosalía: “Memoria de Helena e María”, pola Compañía Teatro do Atlántico

Venres 19 ás 20:30 h.
Sábado 20 ás 20:30 h.
Domingo 21 ás 19:00 h.
Teatro Rosalía de Castro
Entradas: 6, 7, 9, 13 € (carné xove, maiores de 65 anos ou desempregados/as, desconto dun 20%).

A obra "Memoria de Helena e María", de Roberto Salgueiro, a cargo da compañía Teatro do Atlántico, baixo a dirección de Xúlio Lago, e coa interpretación de Lucía Regueiro e María Barcala, recolle o texto que foi premiado en 2006 co Premio Abrente de Teatro, enmarcada nos meses previos á guerra civil, nunha vila de Galicia, prodúcese o primeiro encontro entre Helena e Manuel. Un encontro que desembocaría nun amor inmenso. O comezo da guerra de 1936 levaría a Manuel á fronte republicana, e a perder a súa vida en Albacete un ano despois. Á morte de Manuel, Helena, á súa viúva, queda na vila, coa súa filla pequena, María, froito daquel amor, e con outra herdanza, deixada tamén polo seu home, que lle trae dramáticas consecuencias. Sesenta anos despois, por boca da súa filla, imos coñecer as características da tal herdanza e as consecuencias da súa conservación. Palabras e atmosferas que van conformando a paisaxe na que se desenvolve esta conmovedora obra.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

As actas escuras de Vidal Bolaño, esta fin de semana no Rosalía

xoves, 18 marzo 2010, 10:00 | Category : teatro
Tags : , ,

As actas escuras de Roberto Vidal Bolaño chega ao Teatro Rosalía de Castro da man do Centro Dramático Galego. A obra, que se presentará o venres 19 e o sábado 20 ás 20:30 horas no Teatro Rosalía, recuperouse 18 anos despois de ser escrita da man do director Xúlio Lago e dun elenco integrado por 14 recoñecidos actores e actrices

Esta primeira posta en escena do texto gañador do Premio Xacobeo de Textos Teatrais en 1992 supón todo un fito no actual panorama escénico galego, achegando finalmente aos espectadores un gran drama sobre a ocultación da verdade e o sentido da ética no que se reflicten tanto a forza simbólica como o espírito crítico característicos de Vidal Bolaño, un dos grandes nomes do teatro galego contemporáneo. Xúlio Lago asumiu a dirección escénica desta produción desde a fidelidade á obra orixinal e á visión do teatro que tiña o propio autor, falecido en 2002. O espectáculo resultante obtivo un gran éxito de público durante a súa exhibición en Santiago, e agora desenvolve unha xira que se estenderá ata primeiros de abril na que visitará un total de sete localidades galegas.

Xosé Manuel Olveira "Pico" e Ricardo de Barreiro encabezan o elenco, do que tamén forman parte César Cambeiro, Ursia Gago, Jouse García, Mónica García, Teté García, César Goldi, Xoán Carlos Mejuto, Fernando Morán, Rodrigo Roel, Pepe Soto, Agustín Vega e Marcos Viéitez. Estes 14 intérpretes, moitos dos cales tiveron a oportunidade de traballar baixo as ordes de Vidal Bolaño en diferentes espectáculos, encarnan os trinta personaxes ideados polo autor para desenvolver esta trama, centrada nunha investigación sobre o redescubrimento dos restos do Apóstolo na Compostela da segunda metade do século XIX.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google