Estrea do documental 36/75, hoxe no CGAI

martes, 29 setembro 2009, 11:30 | Category : audiovisual, cinema
Tags : ,

Hoxe martes 29 ás 20:30 no CGAI, presentación do documental 36/75 coa presenza do seu autor Xurxo González. A entrada é gratuíta.

36/75 (Galicia, 2009). Dirección, guión e produción: Xurxo González. Duración: 40 minutos. Sinopse: A Guarda. Febreiro 2009. Eleccións Galegas. O sentimento democrático ilumina friamente lugares anónimos onde se esvaeceron os sinais do paso do “demo”. Reflexión sobre a dificultade de lembrar, dos problemas da Historia, do paso do tempo, da significación dos espazos, da fraxilidade da memoria, da natureza documental e da vontade de esquecer dunha parte da sociedade que convive, sen querer darse de conta, en escenarios que testemuñan a barbarie

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

O filme Soylent green, hoxe na Domus no ciclo "Os luns con ciencia"

luns, 25 maio 2009, 10:00 | Category : ciencia, cinema
Tags : , ,

Hoxe luns 25 de maio ás 20 horas haberá unha proxección de cinema na Domus dentro do ciclo Os luns con ciencia. Trátase do filme Soylent Green, unha película de ciencia ficción sobre o esgotamento dos recursos naturais dirixida por Richard Fleisher.

A presentación do filme correrá a cargo de Xurxo González, doutor en Historia da Arte, autor de artigos e críticas en revistas coma Tempos Novos ou Cahiers du Cinéma-España, asesor e analista audiovisual, documentalista e coordinador dos libros Manoel de Oliveira (CGAI) e Documentación da videocreación en Galicia nos anos 80 (CGAC). Xurxo González foi ademais creador de contidos da Axencia Audiovisual Galega, coordinador das plataformas na rede Teutubo e Flocos.tv e programador galego do Filminho, ademais de guionista e realizador amadorista (Argazo, 2005, Os señores do vento, 2008 e 36/75, 2009).

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google