40 Feira do Libro: actividades do venres 5 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o venres 5 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. "Un mundo de contos". Divertido contacontos realizado por Fátima.
- 18:30 h. Presentación do libro infantil "O espantallo", de Xosé Agrelo, publicado pola editorial Toxosoutos.
- 19:00 h. José Manuel Otero Lastres, escritor, avogado e catedrático de dereito, asinará exemplares da súa novela "El campo de Bucéfalo", publicado por Pigmalión – Sial Ediciones.
- 19:30 h. Presentación do libro "Guerra civil. Que pasou en Galicia e en España", de Federico Cocho, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto ao autor, participan Carlos G. Reigosa e Manuel Bragado.
- 20:00 h. O escritor Nonito Pereira Revuelta asinará exemplares do seu libro "Historias, histerias y andanzas musicales".
- 20:30 h. Charla coloquio arredor do libro "La melancolía de los hombres pájaro", de Juan Bolea (Premio Abogados de Novela e finalista dos Premios Hammet), publicado pola editorial Martínez Roca. Xunto co autor, participará no acto Fernando Marías.
- 21:00 h. O escritor José Luis Alvite asinará exemplares do seu libro "Humo en la recámara", publicado pola Editorial Ézaro.
- 21:15 h. Presentación do libro "El final del amor" (Premio Rivera del Duero), de Marcos Giralt Torrente, publicado pola editorial Páginas de Espuma. Xunto co autor, participará no acto o editor Juan Casamayor.
- 22:30 h. Recital no Handicap Café (Rúa Salgado Somoza, esquina Curros Enríquez) "A noite de poesía: Os fillos de Mary Shelley", coa participación de Yolanda Castaño, Luis Alberto de Cuenca, Luisa Castro, Pedro Ramos e Fernando Marías. Acto patrocinado por Ámbito Cultural de El Corte Inglés.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

40 Feira do Libro: programa do xoves 4 de agosto

Estas Federación de Libreiros de Galiciason as actividades previstas para o xoves 4 de agosto dentro da 40º edición da Feira do Libro:

- 12:00 h. Feira infantil. Un mundo diferente. Espectáculo de maxia realizado polo Mago Toño.
- 18:30 h. Presentación da obra gañadora no Premio Barriga Verde 2010, para textos dirixidos para monicreques (modalidade infantil), titulada "Fábula galénica", obra de Inacio, escritor, director e fundador da compañía de monicreques Fantoches Baj, que, ao tempo, fará unha lectura narrada da súa obra para os máis pequenos.
- 19:00 h. O escritor Carlos Vázquez Padín asinará exemplares do seu libro "Galeguismo e liberdade. Propostas para o século XXI", publicado por 2.0 Editora, na colección Supertextos.
- 19:30 h. Presentación da novela "Noah Barleywater escapa da casa", de John Boyne, publicada no selo editorial Faktoría K. Participará no acto o tradutor do libro, Carlos Acevedo, e un representante da editorial.
- 20:00 h. O escritor e xornalista Gabriel García Enríquez asinará exemplares do seu libro "Sir Francis Drake, villano en España, héroe en Inglaterra", Premio de Literatura y Ensayo Fernando Arenas Quintela 2011, editado por Publicaciones Arenas.
- 20:30 h. Editorial Galaxia presenta o libro "Cociñando ao pé da letra". Participarán no acto Yolanda Castaño, Andrea Costas, coordinadoras, Víctor F. Freixanes en representación da editorial, máis dous escritores que cociñan no libro: Xabier P. DoCampo e Lucía Aldao.
- 21:00 h. Miguel Sande asinará exemplares do seu libro "A vida fóra", publicado en Galaxia.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Hoxe, recital de Ana Romaní e Carlos Marzal no Ciclo Poetas Di(n)versos

Luns 23
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

O Ciclo Poetas Di(n)versos, baixo a dirección de Yolanda Castaño, organizado pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña interrompe a súa actividade durante os meses estivais celebrando este luns 23 de maio o último dos seus recitais poéticos, dirixido a todos aqueles que queiran achegarse a escoitar poesía galega e non galega de balde. O broche de ouro desta programación poética mensual estable poñerano dous poetas nacidos nos primeiros anos 60:

- Ana Romaní naceu en Noia en 1962. Escritora e xornalista, dende 1990 dirixe o programa "Diario Cultural" da Radio Galega, unha completa e puntual axenda cultural diaria con máis de 20 anos de traxectoria, recoñecido xa con diversos galardóns. É autora dos poemarios "Palabra de Mar" (1987), "Das últimas mareas" (1994), "Arden" (1998), "Love me tender. 24 Pezas mínimas para unha caixa de música" (2005) e o aínda recente "Estremas" (2010), co que conseguiu o Premio AELG 2011 de poesía. A súa obra está ademais recollida en diversos libros colectivos e antoloxías. Creou e participou en distintos proxectos artísticos interdisciplinares, entre eles "Son Delas" coordinado por Uxía Senlle, "O outro extremo do paraíso" e "Lob*s" (1998) con Antón Lopo, "Estalactitas" (2002) con Anxos Romeo e Lupe Gómez, "Catro poetas suicidas. Intervención poética contra a levidade" (2002) en solitario, e "A voz e o poema. Os periplos de Avilés de Taramancos" (2003) con Anxo Quintela. Todos eles supoñían novas maneiras de achegar a palabra ao público a través da música ou da escena. Realizou a "Antoloxía de Antón Avilés de Taramancos" (2003). Ademais, cooordina e promove o volume de relatos "Narradio. 56 historias no ar" (2003) do "Diario Cultural" da Radio Galega e o "Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico" organizado pola Radio Galega e o Centro Dramático Galego dende o ano 2006.

- Carlos Marzal naceu en 1961 en Valencia e licenciouse en Filoloxía Hispánica –sección de Literatura- pola universidade da mesma cidade. Ademais de poeta é narrador, ensaísta e tradutor. O seu primeiro libro de poemas foi "El último de la fiesta" (1987), logo virían "La vida de frontera" (1991) e "Los países nocturnos" (1996). A consagración chegaría da man de "Metales pesados" (2001) –Premio da Crítica Española e Premio Nacional de Poesía- seguidos máis tarde por "Fuera de mí" (2004) –galardoado co Premio Loewe de Poesía- e "Ánima mía" (2009). "El corazón perplejo" reunira a súa poesía en 2005. Do mesmo xeito, en 2002 e 2003 editáronse dúas antoloxías da súa obra poética: "Poesía a contratiempo (Poéticas y prosas)" e "Sin porqué ni a dónde". Coa súa primeira novela, "Los reinos de la casualidad" (2005) obtivo o Premio da Crítica Valenciana, o pasado ano publicou tamén un libro de relatos: "Los pobres desgraciados hijos de perra", e proximamente verá a luz un volume de aforismos, "La arquitectura del aire". Ademais, é autor de dous libros de ensaio, "El cuaderno del polizón (Apuntes sobre arte)" (2007) e "Los otros de uno mismo" (2009). Conta tamén cunha traxectoria como tradutor de autores de lingua catalá, tales como Enric Sòria, Pere Rovira, Miquel de Palol, Joan Vinyoli ou Màrius Torres, para varias editoriais de prestixio. Foi co-director da revista de literatura e touros "Quites" durante a súa primeira década de existencia, e hoxe é colaborador habitual de revistas literarias tanto como columnista ou crítico literario en diarios como ABC, Levante ou El Mundo.

Dende que botara a andar en outono de 2009, este ciclo achegou ao público coruñés e galego un total de 26 dos máis salientables poetas nas 5 literaturas da Península: castelán, catalán, éuscaro, galego e portugués. Os actos, que sempre superaron o centenar de asistentes, significaron un xeito directo de achegar a escrita contemporánea máis diversa e de calidade a un constatable público interesado na poesía. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa Poetas Di(n)versos maio 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Ana Romaní e Carlos Marzal

Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Eduard Escoffet e Estevo Creus

Luns 11
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Prosegue o Ciclo de Poetas Di(n)versos, iniciado en novembro de 2009 baixo a dirección de Yolanda Castaño, no que ten lugar un recital poético dobre entre unha voz en galego e outra en calquera das outras catro linguas da Península. Este 11 de abril teremos dous representantes da poesía máis experimental que se produce hoxe en día nos extremos do norte peninsular:

- Eduard Escoffet, nado en 1979 en Barcelona, é poeta e axitador cultural. Practicou diversas vertentes da poesía (visual, escrita, oral, instalación, performance), sempre cun espírito experimental e de investigación. As súas influencias van dende a poesía sonora dos anos cincuenta á poesía catalá medieval, pasando polo text/sound sueco, a poesía concreta e a experimentación do barroco español. Nos últimos anos tense centrado no traballo oral e sonoro. Á parte dun intenso movemento dentro da escena contracultural de Barcelona, ten presentado o seu traballo en festivais e programacións doutras cidades de España e sobre todo no estranxeiro: Italia, Francia, Bélxica, Alemaña, Portugal, Arxentina, Estados Unidos, China, Chile, República Checa, Nicaragua e República Dominicana. Por otra banda, dirixiu o festival internacional de polipoesía PROPOSTA (Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona, 2000-2004) e comisariou, xunta a Eugeni Bonet, un ciclo de cine letrista para o MACBA (Museo de Arte Contemporánea de Barcelona). Actualmente colabora, entre outros, co festival Yuxtaposiciones (Casa Encendida, Madrid) e codirixe o Festival Internacional de Poesía de Barcelona. Tamén exerceu como asesor de política cultural. Ademais, traballa na súa tese doutoral sobre literatura barroca en Barcelona. Non fai libros.

- Estevo Creus naceu en Cee en 1971, deuse a coñecer como poeta nos anos 90 no seo do "Batallón Literario da Costa da Morte" e foi membro fundador da editorial de poesía Letras de Cal e mais do grupo de teatro Talía. Como poeta debutou con "Poemas da Cidade Oculta" (1996), ao que seguiu "Areados" (1996), gañador do Premio Miguel González Garcés da Deputación da Coruña. Tres anos máis tarde sae do prelo "Teoría do Lugar", grazas ao Premio Eusebio Lorenzo Baleirón, e en 2003 un novo libro, "Decrúa", faise co Fiz Vergara Vilariño. En 2007 concibe e publica xunto a David Creus "Facer merzbau", un proxecto que acolle textos, videocreación e performance, e, máis tarde, ve a luz "Máquina ou Móbil" (2009). Por último, "O libro dos cans", que se publicara orixinalmente no ano 2000, reedítase en 2010. Tamén ten publicados os relatos "E a catro patas quilómetros", recollido na publicación dos Premios Pedrón de Ouro (1994) e "Alguén matou a Bambi", compilado en "Historia da Pusilaminidade e catro contos máis" (1996). Ademais, colaborou como músico en espectáculos de danza como: "Cos pés na terra" -do grupo de teatro D2- e diferentes propostas escénicas da compañía de danza contemporánea Traspediante.

Será unha nova oportunidade libre e gratuíta de coñecer de primeira man algúns dos mellores autores/as das literaturas peninsulares, comprobando a proximidade, a conexión e a calidade da boa poesía contemporánea. Ao termo do acto, presentado pola directora do ciclo e poeta Yolanda Castaño, Escoffet e Creus poderán asinar exemplares da súa obra. Esta iniciativa de periodicidade mensual e impulsada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, continuará de xeito estable ata ao mes de maio. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Abril 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Cinco poetas con Cunqueiro”, recital homenaxe con poesía e música

Domingo Cunqueiro10
A Taberna de Cunqueiro (Rúa da Estrela, 22)
19:00
Entrada libre até completar capacidade.

Para finalizar o ciclo "Cinco días con Cunqueiro", organizado pola Concellaría de Cultura en homenaxe ao autor mindoniense, do que este ano se cumpre o centenario do seu nacemento, terá lugar o recital "Cinco poetas con Cunqueiro", coa participación de Yolanda Castaño, Antón Reixa, Xavier Seoane, Lino Braxe e Rómulo Sanjurjo. A poesía de Cunqueiro ao carón da música, e na compaña de cinco receitas de Don Álvaro. Os versos de "Mar ao norde", "Poemas do si e non", "Cantiga nova que se chama ribeira", "Dona do corpo delgado" ou "Herba de aquí e acolá", ao son do acordeón.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Luis Muñoz e Emma Couceiro

Luns 21
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Prosegue o Ciclo de Poetas Di(n)versos, iniciado en novembro de 2009 baixo a dirección de Yolanda Castaño, no que ten lugar un recital poético dobre entre unha voz en galego e outra en calquera das outras catro linguas da Península. A cita deste luns 21 de marzo coincidirá precisamente co Día Internacional da Poesía, celebrando así de pleno a confirmación de que existe na Coruña e en Galicia un verdadeiro público para a poesía. Os participantes desta nova edición serán:
- Luis Muñoz naceu en Granada en 1966, en cuxa universidade completou as licenciaturas en Filoloxía Española e en Filoloxía Románica. Publicou os libros de poemas "Septiembre" (1991), "Manzanas amarillas" (1995), "El apetito" (1998), "Correspondencias" (2001) -polo que obtivo os premios "Generación del 27" e "Ojo Crítico"- e "Querido silencio" (2006). A súa obra poética ata 2005 está recollida no volume "Limpiar pescado. Poesía reunida 1991-2005" (2005). Ademais, en 1994 preparou o libro colectivo "El lugar de la poesía", e ten traducido, entre outros autores, a Giuseppe Ungaretti e a Eugenio Montale. Dende 1992 ata a súa desaparición en 2002 foi o director da revista de poesía "Hélice". Dirixiu tamén os cursos de verán "Neruda personal" (2004) na Universidade Complutense de Madrid en El Escorial e "Poesía española reciente" (2005) na Universidade Menéndez Pelayo en Santander. En 2008 comisariou a exposición "Gallo. Interior de una revista", sobre a publicación dirixida en 1928 por Federico García Lorca.
- Emma Couceiro naceu en Cospeito (Lugo) en 1977. En 1996 deuse a coñecer como poeta ao gañar o V Premio Espiral Maior co seu primeiro libro, "Humidosas" (1997), ao que seguirían "As entrañas horas" (1998, X Premio Eusebio Lorenzo Baleirón) e, xa no 2003, "(Cito)". A súa obra está recollida en antoloxías publicadas en Galicia como "Río de Son e vento" (1999), "dEfecto 2000" (1999), "A tribo das baleas" (2001), "25 Anos de poesía galega 1975-2000 III" (2002), e fóra de Galicia como "Mulher a fazer vento" (1998), "Mujeres de carne y verso" (2002), "Galeusca. Antoloxía poética (1990-2003)" (2004) ou "Das Sonorosas Cordas (15 poetas desde Galicia)" (2005), así como nos libros colectivos "Novas voces da poesía galega. Recital" (2000), "O trazo aberto. Poesías e debuxos" (2002), "O libro dos abanos" (2002), "Palabra de autor, Palabra de autora" (2005), "Os gozos e as Sombras" (2005) ou "Poética da Casa" (2006), entre outros. Paralelamente, ten colaborado en publicacións como Dorna, Xistral, Festa da Palabra Silenciada, A Xanela, Entellunu, Akadeemia, Zurgai, Piedra del Molino ou La Bella Varsovia.

Será unha nova oportunidade libre e gratuíta de coñecer de primeira man algúns dos mellores autores/as das literaturas peninsulares, comprobando a proximidade, a conexión e a calidade da boa poesía contemporánea. Ao termo do acto, presentado pola directora do ciclo e poeta Yolanda Castaño, Couceiro e Muñoz poderán asinar exemplares dos seus libros, postos á venta nesta ocasión pola libraría Nova Colón. Esta iniciativa de periodicidade mensual e impulsada pola Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, continuará de xeito estable ata ao mes de maio. Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Marzo 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas Di(n)versos: recital de Miren Agur Meabe e Claudio Rodríguez Fer

Luns 21
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

O novo encontro de Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, reunirá aos amantes da poesía e mesmo a aqueles/as menos versados/as, que atoparán unha boa oportunidade para familiarizarse con este xénero considerado minoritario pero que está a conformar un nutrido público en Galicia. Os participantes desta edición son:
- Miren Agur Meabe. Nada en Lekeitio (Biscaia) en 1962, mestra e filóloga vasca, traballou no ensino e na elaboración de libros escolares en éuscaro. O seu primeiro libro editouse en 1986 e reunía contos baixo o título "Uneka… gaba" ("Por momentos… a noite"). Ata o pasado ano habería que agardar por unha nova entrega narrativa: "Zazpi orduak". Meabe é, ademais, autora dunha extensa e premiada obra de literatura infantil e xuvenil pola que é moi coñecida en Euskadi, e que adoita acadar tamén edicións en castelán e outras linguas do Estado ["Bisita" (2001), "Itsaslabarreko etxea (A casa do cantil)" (2001) e "Urtebete tsasargian (Un ano no faro)" (2007)]. Como poeta debutou en 1999 con "Oi, hondarrezko emakaitz", ao que seguiu, no 2000, o exitoso "Azalaren kodea (O código da pel)", Premio da Crítica Española 2001. O seu novo e esperado poemario saiu hai poucos meses, en 2010, co título "Bitsa eskuetan (Escuma nas mans)". Galardoada en 2007 co Premio Lauaxeta pola súa traxectoria literaria e profesional, ten participado en múltiples Encontros Literarios Internacionais, e textos seus teñen visto a luz en múltiples antoloxías e libros colectivos, ou foron traducidos a varias linguas europeas.
- Claudio Rodríguez Fer (Lugo, 1956), é, ademais de poeta, ensaísta, narrador, autor de teatro e de poesía visual. Foi catedrático de Literatura en Galicia, así como profesor en universidades de Nova York, Bretaña e Santiago de Compostela, onde actualmente dirixe a revista literaria Moenia e a Cátedra Valente de Poesía e Estética. Coordina a revista Unión Libre. Cadernos de vida e culturas. Publicou, disertou e recitou en numerosos lugares de Europa, América e África. Dirixiu diversos congresos e encontros e participou en decenas de actas, enciclopedias e revistas europeas e americanas. Como estudoso é autor de obras críticas, ensaios e edicións realizadas en torno a autores galegos e universais. Como poeta, traducido a unha decena de idiomas, publicou os poemarios eróticos "Poemas de amor sen morte" (1979), "Tigres de ternura" (1981), "Historia da lúa" (1984), "A boca violeta" (1987) e "Cebra" (1988), libros reunidos en "Vulva" (1990) e antologados en "A muller núa" (1992); así como "Cinepoemas" (1983), "Extrema Europa" (1996), "A unha muller descoñecida" (1997), "Moito máis que mil anos" (2000), "Viaxes a ti" (2006) e "Unha tempada no paraíso" (2010). "Lugo blues" (1987), "A loita continúa" (2004) e "Ámote vermella" (2009) compoñen a súa triloxía poética da memoria histórica.
Neste arquivo en .pdf pódese descargar máis información: Programa DinVersos Febreiro 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez na Biblioteca de Estudos Locais

Xoves perfecto17
Biblioteca de Estudos Locais (Rúa Durán Loriga, 10)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Recital poético en homenaxe a Perfecto Estévez, organizado pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega en colaboración coa Concellaría de Cultura, mostrando así o agradecemento a Perfecto Estévez, deseñador referencial do noso país, e que ten colaborado coa AELG en tempos difíciles. O acto, presentado por Dores Tembrás, contará coa presenza de: Lois Diéguez, Francisco X. Fernández Naval, Yolanda Castaño, Xulio L. Valcárcel, Marica Campo, Diana Varela e Cesáreo Sánchez. Haberá unha actuación musical de César Morán e Xosé Taboada. Lembramos que segue aberta, na Casa da Cultura Salvador de Madariaga, tamén en Durán Loriga, 10, "Exposición homenaxe a Perfecto Estévez".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: Recital multimedia de Yolanda Castaño, dentro de “En feminino”

Martes 15
Biblioteca do Fórum Metropolitano
19:30
Entrada libre até completar capacidade.

Recital multimedia a cargo de Yolanda Castaño, dentro de "En feminino", que forma parte das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta". Proxección de videopoesía dunha das poetas máis recoñecidas da literatura galega.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Fórum Metropolitano: presentación da campaña 1 de 200, de Implicadas no Desenvolvemento

Sábado 12
Fórum Metropolitano
12:30
Entrada libre até completar capacidade.

Organizada por Implicadas no Desenvolvemento, presentación da campaña "1 de 200" e proxección de "Quererás ser" e outras pezas audiovisuais, coa intervención de María Reimóndez, Yolanda Castaño e Antón Reixa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho”, no Pazo Municipal

Xoves 2011-02-10 convite dixital Caruncho10
Sala de Exposicións do Pazo Municipal
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Como complemento á exposición "Sete momentos", terá lugar esta "Homenaxe dos poetas a Luís Caruncho", un recital onde participarán: Lino Braxe, Yolanda Castaño, X. H. Rivadulla Corcón, Miguel Anxo Fernán-Vello, Olga Patiño, Emma Pedreira, Ánxeles Penas, Henrique Rabunhal, Manuel Rivas, Cesáreo Sánchez Iglesias, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Xulio Valcárcel, Eva Veiga e Fidel Vidal.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Biblioteca do Fórum: ciclo “En feminino”, todos os martes de febreiro e o 1 de marzo ás 19:30 h.

Todos Forum para blogos martes do mes de febreiro, con motivo da reinauguración da Biblioteca do Fórum, e dentro das actividades de "Biblioteca do Fórum: estamos de volta", desenvólvese o ciclo "En feminino", todas elas dirixidas a público de máis de 14 anos e con entrada libre até completar capacidade:

- Martes 8. 19:30 h. "Moita poesía, pouca diversión", con Lucía Aldao e María Lado. Peza híbrida e pouco convencional na que mesturan poesía desenfada, música e performance, que pretende chamar a atención daqueles que miran a poesía de reollo. Para iso sérvense da provocación, que só encerra unha verdade: para elas a lectura de poesía non pode ser algo que adormeza ao espectador. Partindo deste presuposto Aldao e Lado presentan un recital de poesía ameno, dotado de ritmo e comunicación aberta co espectador, no que este adquire ademais un papel activo.
- Martes 15. 19:30 h.: "Recital multimedia", con Yolanda Castaño. As novas tecnoloxías ao servizo da poesía desta recoñecida autora.
- Martes 22. 19:30 h.: "O porto da Coruña e a emigración de mulleres. Intertítulos para tres historias", por Dores Tembrás, no que se xunta historia e narración para acceder á verdade.
- Martes 1 de marzo. 19:30 h.: "Entre o universo e a tinta", por Estíbaliz Espinosa, coa rigorosa profundidade desta poeta na súa abordaxe da relación entre literatura e realidade.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

V Encontros Milpedras: recital conxunto de poesía, música e fotografía

Venres Milpedras4
21:00
Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo)
Entrada libre até completar capacidade.

No Taller de Litografía Milpedras desenvólvese a quinta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e fotografía. Actuarán recitando poemas Berta Dávila, Emma Couceiro, Emma Pedreira e Yolanda Castaño en paralelo á música de Álvaro Muras e a intervención fotográfica de Begoña Pastoriza.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación de “Pequenos encontros, as marcas deixadas. Obra poética reunida (1967-1995)”, de Farruco Sesto Novás, na Real Academia Galega

Xoves 20
Real Academia Galega (Rúa Tabernas, 11)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da obra "Pequenos encontros, as marcas deixadas. Obra poética reunida (1967-1995)", de Farruco Sesto Novás, publicada en Espiral Maior, e que compendia os nove poemarios individuais escritos en galego até o de agora polo autor galego. No acto intervirán, ademáis do propio autor chegado expresamente de Venezuela, o Presidente da Real Academia Galega e prologuista do libro, Xosé Luís Méndez Ferrín, o editor Miguel Anxo Fernán Vello, Yolanda Castaño como responsable da edición e César Portela, colega de profesión do arquitecto e escritor.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google