Ciclo Poetas di(n)versos: recital de Xavier Seoane e Rosa Alice Branco

Luns Poetas di(n)versos xaneiro17
Casa da Cultura Salvador de Madariaga (Rúa Durán Loriga, 10, baixo)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

O ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño e organizado pola Concellaría de Cultura, retoma as súas actividades, co obxectivo de centrarse en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico, constituindo o único ciclo estable de lecturas poéticas públicas contando con autores/as de dentro e fóra de Galicia, unha oportunidade única de degustar a poesía producida hoxe en castelán, catalán, éuscaro ou portugués na voz dos propios creadores/as. Os protagonistas do recital deste día son:
- Xavier Seoane (A Coruña, 1954). Dende 1975 ven desenvolvendo a súa actividade nos terreos da creación literaria, da arte e na animación cultural. Así, organiza conferencias e debates, coordina premios ou participa en cursos literarios. Impulsor de innúmeros proxectos de dinamización cultural no noso país, ten comisariado dende exposicións ata libros colectivos, e desenvolveu tanto proxectos videográficos ou mostras de poesía visual como colaboracións escritas en multitude de publicacións periódicas, catálogos de arte, obras colectivas e antoloxías dentro e fóra de Galicia. Poeta con obra traducida a varios idiomas e tamén conferenciante, ten publicado igualmente libros de aforismos, de ensaio, compilacións de textos, novelas, estudos sobre multitude de artistas galegos, reflexións teórico-críticas sobre arte ou escrita, ou obras dirixidas a público infanto-xuvenil.
- Rosa Alice Branco (Aveiro, 1950). Doutora en Filosofía Contemporánea -nas áreas de Filosofía e Psicoloxía da Percepción- pola Universidade Nova de Lisboa. Actualmente ensina Teoría da Percepción na Escola Superior de Artes e Design do Porto (en Matosinhos), mentres dirixe a revista "logovemos" (on line) e fai parte da Unidade de investigación en Design, Media e Cultura (ID+). Ademais diso, ten xestionado publicacións, coloquios e Encontros Internacionais de Poesía. Autora tamén de libros de ensaio, artigos en revistas especializadas e textos traducidos a outras linguas, Rosa Alice Branco participou en encontros e festivais de poesía de todo o mundo e ten libros de poemas publicados no Brasil, Suíza, Luxemburgo, Canadá, Tunicia, Venezuela ou Córcega.

Pódese descargar máis información neste ficheiro en .pdf: Programa Ciclo DinVersos xaneiro 2011.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital poético-musical na Biblioteca González Garcés

Venres 10
Biblioteca Miguel González Garcés (Rúa Miguel Glez. Garcés, s/n.)
20:00
Entrada libre até completar capacidade.

Con motivo do Día dos Dereitos Humanos, Amnistía Internacional organiza un acto coa participación Yolanda Castaño, Xulio López Valcarcel, Pedro Ramos, Xosé Taboada, Xurxo Mares, Silvia Penide, Paco Campos, Francisco Pillado e Xulio Correa.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Cancelado o recital do domingo 14 de novembro do ciclo Poetas Di(n)versos

Por CartonPostalPoetas_novembro_10-1 causas completamente alleas á organización e produción do ciclo de recitais Poetas Di(n)versos, a poeta Gioconda Belli, convidada para o primeiro recital o domingo 14 de novembro ás 20:00 h., compartido con Claudio Rodríguez Fer, vén de comunicar a cancelación da súa visita á Coruña por motivos persoais. Tanto a directora do ciclo, Yolanda Castaño, como o equipo da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, lamentan a cancelación de última hora e descúlpanse con todo o público interesado polas molestias ocasionadas. A cita de decembro permanecerá inalterada: o luns 20 ás 20:30 teremos na Casa da Cultura Salvador de Madariaga a Andrés Neuman e Olga Novo e as citas mensuais continuarán de xeito aberto cada terceiro luns de mes.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Ciclo Poetas di(n)versos: recitais do último trimestre

O CartonPostalPoetas_novembro_10-1ciclo Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño, do último trimestre do ano comezará o vindeiro luns 20 de decembro coa participación de Andrés Neuman e Olga Novo, retomando as actividades coas que arrancara o ano pasado, e que contaron cun gran éxito de público. O obxectivo desta iniciativa céntrase en achegar a poesía ao público en xeral amosando outra forma de disfrutar a poesía dun xeito case escénico a través do que se busca animar a todo o mundo a achegarse a ela. O recital previsto para o domingo 14 de novembro con Gioconda Belli e Claudio Rodríguez Fer cancélase tras comunicar a poeta nicaraguana a anulación da súa visita á Coruña por motivos persoais.

- 20 de decembro:
- Andrés Neuman. O último Premio Alfaguara de Novela foi e será sempre, ademais, un lúcido poeta que se prodiga en múltiples formas dende o haiku ata o aforismo. Este arxentino-granadino, tamén autor de contos e microensaios, xa foi sinalado como un dos nomes clave da literatura do s. XXI por mestres como Bolaño.
- Olga Novo. Autora de culto das últimas xeracións galegas e unha das poéticas máis desacougantes do panorama contemporáneo, o seu traballo como profesora na Universidade da Bretaña Sur fainos escasas as ocasións de escoitar a forza vivencial e o erotismo.

- 17 de xaneiro:
- Rosa Alice Branco. Unha das poetas portuguesas máis importantes de hoxe, a súa obra ten participado en multitude de antoloxías e festivais poéticos de todo o mundo. Profesora de Estética e Teoría da percepción, a súa radical sensibilidade ponse de manifesto nos seus 8 poemarios entre os que consta o Premio Espiral Maior do pasado ano.
- Xavier Seoane. Nado e residente na nosa cidade, o dono dunha das poéticas máis rigorosas e fondas da Xeración dos 80 é tamén un fino e sagaz crítico literario e de arte. Profesor de Lingua e Literatura, ten tamén unha traxectoria como fndamentado xestor e dinamizador cultural.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital e presentación da antoloxía de poesía erótica “Erato bajo la piel del deseo”

Xoves 9
Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25)
20:30
Entrada libre até completar capacidade.

Presentación da antoloxía de poesía erótica Erato bajo la piel del deseo, publicado por Sial Ediciones. No acto participan Xosé María Paz Gago, catedrático da Universidade da Coruña e poeta, Pura Salceda, antóloga e poeta, e o editor Basilio Rodríguez Cañada. Tamén haberá un recital coa presenza de varios dos autores antologados: Luz Pozo Garza, Yolanda Castaño, Estíbaliz Espinosa, Estevo Creus, Lucía Novas, Emma Pedreira, Branca Vilela, Cesáreo Sánchez Iglesias, e Montserrat Doucet.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Terra Berger: homenaxe poético-musical a John Berger

Mércores 302010-06-30 Terra Berger
20:30
Antigo Cárcere Provincial da Coruña
Aforo limitado. Entrada con convite (repártense desde o luns 28, no recinto do Cárcere. Horario: de 12:00 a 14:00, e de 18:00 a 21:00)

Recital poético-musical coa actuación en directo de Berrogüetto. Participan: Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

“Páxinas que compartir”, o “Café literario” de Yolanda Castaño

xoves, 29 abril 2010, 10:56 | Category : 1
Tags : ,

Xoves 29
20:00
Café Macondo (San Andrés 106)
Entrada: libre até completar capacidade

O encontro con Yolanda Castaño dentro da actividade CAFÉS LITERARIOS, que ofrece tertulias arredor dun café con escritoras e escritores da cidade, ten por título "PÁXINAS QUE COMPARTIR".

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación do libro de Yolanda Castaño Mariña surrealista

mércores, 28 abril 2010, 11:38 | Category : infantil, narrativa, presentacións
Tags : ,

Mércores 28;
20:00;
Museo de Belas Artes da Coruña;
Entrada libre até completar aforo.

Presentación do libro de Yolanda Castaño Mariña surrealista, conto infantil ilustrado por Xosé Cobas. O evento contará coa colaboración de Pedro A. Ramos García.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Recital de poeta venezolana Estrella Gomes

luns, 4 xaneiro 2010, 15:00 | Category : poesía, recitais
Tags : , ,

Hoxe luns 4 de xaneiro ás 20 horas na Galería Sargadelos da Coruña terá lugar un recital presentación da poeta venezolana Estrella Gomes (Miranda, 1990). Acompáñaa no acto a escritora galega Yolanda Castaño. A entrada é libr

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Presentación da novela Pirata de María Reimóndez

mércores, 30 setembro 2009, 17:00 | Category : Libro e lectura, presentacións
Tags : , , ,

A novela Pirata de María Reimóndez será presentada mañá xoves 1 de outubro na Sala Maremágnum do Aquarium Finisterrae da Coruña. No acto participarán ademais da autora o editor Manuel Bragado, a escritora Yolanda Castaño e o músico Xabier Díaz.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google

Feira do Libro da Coruña: Yolanda Castaño presenta "Erofanía" (vídeo)

domingo, 2 agosto 2009, 21:15 | Category : Libro e lectura, feiras, poesía, presentacións, vídeo
Tags : ,

A escritora galega Yolanda Castaño presenta na XXXVIII Feira do Libro da Coruña Erofanía, volume que recolle os seus tres primeiros poemarios publicados. Vídeo gravado o sábado 1 de agosto de 2009, na carpa da Feira nos Xardíns de Méndez Núñez.

Chuzame! A Facebook A del.icio.us A Technorati A Fresqui A Menéame A Digg A Reddit A Twitter A MySpace A Barrapunto A Google